Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 28 de abril de 2021

Book tráiler (LV): Gárgola, de Carlos Vila Sexto. Realizado por Lucía Grela Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Gárgola, de Carlos Vila Sexto (col. Costas Oeste. Galaxia, 2016). Realización youtubeira: Lucía Grela Seoane, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



martes, 27 de abril de 2021

Book tráiler (LIV): Gárgola, de Carlos Vila Sexto. Realizado por Lúa Edreira Martínez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Gárgola, de Carlos Vila Sexto (col. Costa Oeste. Galaxia, 2016). Realización youtubeira: Lúa Edreira Martínez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (LIII): A casa do medo, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Irene Iglesias Domínguez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A casa do medo, de Agustín Fernández Paz (col. Periscopio, Editorial Rodeira, 2016). Realización youtubeira: Irene Iglesias Domínguez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

venres, 23 de abril de 2021

Book tráiler (LII): Reo, de Xesús Fraga. Realizado por Raquel Dafonte Rodríguez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Reo, de Xesús Fraga (col. Costa Oeste. Galaxia, 2015). Realización youtubeira: Raquel Dafonte Rodríguez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



mércores, 21 de abril de 2021

Book tráiler (LI): Gárgola, de Carlos Vila Sexto. Realizado por Alfredo Martínez Costa

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Gárgola, de Carlos Vila Sexto (col. Costas Oeste. Galaxia, 2016). Realización youtubeira: Alfredo Martínez Costa, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (L): Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Marcos Miramontes Otero

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, con ilustracións de Miguelanxo Prado (col. Fóra de Xogo. Xerais, Premio Rañolas ó Libro Infantil e Xuvenil do Ano, 1995). Realización youtubeira: Marcos Miramontes Otero, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XLIX): A negrura do mar, de Ramón Caride. Realizado por Jorge Lavandeira Vilares

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A negrura do mar, de Ramón Caride, con ilustracións de Miguelanxo Prado (col. Merlín. Xerais, 2006). Realización youtubeira: Jorge Lavandeira Vilares, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

martes, 20 de abril de 2021

“Adios ríos, adios fontes” na voz de Ana Señarís Veiras (3º ESO), coa colaboración da súa nai Marisol Veiras

 

“Adios ríos, adios fontes” na voz de Ana Señarís Veiras (3º ESO), coa colaboración da súa nai Marisol Veiras. CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día do Libro 2021 

Adios ríos, adios fontes 

 

Adios rios, adios fontes, 

Adios regatos pequenos, 

Adios vista dos meus ollos 

Non sei cando nos veremos.      

 

Miña terra, miña terra, 

Terra donde m' eu criey, 

Ortiña que quero tanto, 

Figueiriñas que prantey.      

 

Prados, rios, arboredas, 

Pinares que move ó vento, 

Paxariños piadores, 

Casiña dó meu contento.      

 

Muhiño d' os castañares, 

Noites craras de luar, 

Campaniñas trimbadoras 

Dá igrexiña dó lugar.      

 

Amoriñas d' ás silveiras 

Qu' eu lle dab' ó meu amor, 

Camiñiños antr' ó millo, 

Adios para sempr' adios!      

 

Adios groria! adios contento! 

Deixo á casa onde nacin, 

Deixo á aldea que conoço, 

Por un mundo que non vin!      

 

Deixo amigos por estraños, 

Deixo á veiga pó lo mar, 

Deixo, en fin, canto ben quero... 

¡Que pudera non deixar!... 

 . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .      

Mais son prob' e mal pecado, 

A miña terra n' é miña, 

Qu' hastra lle dán de prestado 

A veira por que camiña 

O que naceu desdichado.      

 

Téñovos pois que deixar, 

Hortiña que tanto amei, 

Fogueiriña dó meu lár, 

Arboriños que prantei, 

Fontiña do cabañar.      

 

Adios, adios que me vou, 

Herbiñas do camposanto, 

Donde meu pay s' enterrou, 

Herbiñas que biquey tanto, 

Terriña que vos criou.      

 

Adios tamén, queridiña... 

Adios por sempre quizais!... 

Dígoch' este adios chorando 

Desd' á veiriña do mar. 

Non m' olvides, queridiña, 

Si morro de soidás... 

Tantas legoas mar adentro... 

¡Miña casiña! meu lar!

Fragmento de “Castellanos de Castilla” na voz de Lucía González Castro

 

Fragmento de “Castellanos de Castilla” na voz de Lucía González Castro (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día do Libro 2021 

Castellanos de Castilla 

 

Castellanos de Castilla, 

Tratade ben ós gallegos; 

Cando van, van como rosas, 

Cando vên, vên como negros

 

Cando foi, iba sorrindo; 

Cando veu, viña morrendo; 

A luciña d’os meus ollos, 

O amantiño do meu peito. 

 

Aquel máis que neve branco, 

Aquel de doçuras cheyo, 

Aquel por quen eu vivia 

E sin quen vivir non quero. 

 

Foi à Castilla por pan, 

E saramagos lle deron, 

Déronlle fel, por bebida, 

Peniñas por alimento. 

 

Déronlle en fin, canto amargo 

Tén a vida no seu seo.... 

¡Castellanos, Castellanos! 

Tendes corazón de ferro. 

 

Ay! No meu corazonciño, 

Xa non pode haber contento, 

Qu’está de dolor ferido, 

Qu’está de loito cuberto. 

 

Morreu aquel qu’eu quería, 

E, para min, n’hai consuelo, 

Sólo hai para min, Castilla, 

A mala lei que che teño. 

 

Premita Dios, castellanos, 

Castellanos que aborreso, 

Que antes os gallegos morran, 

Que ir a pedirvos sustento. (...)

Primeira parte de “Campanas de Bastabales” na voz de Lucía Parente Miramontes, nai de Raúl Ferreira Parente

 

Primeira parte de “Campanas de Bastabales” na voz de Lucía Parente Miramontes, nai de Raúl Ferreira Parente (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día do Libro 2021. 

Campanas de Bastabales 

Campanas de Bastabales, 

cando vos oio tocar, 

mórrome de soidades

Cando vos oio tocar, 

campaniñas, campaniñas, 

sin querer torno a chorar. 

 

Cando de lonxe vos oio, 

penso que por min chamades, 

e das entrañas me doio. 

 

Dóiome de dor ferida, 

que antes tiña vida enteira 

i hoxe teño media vida. 

 

Sólo media me deixaron 

os que de aló me trouxeron, 

os que de aló me roubaron. 

 

Non me roubaron, traidores, 

¡ai!, uns amores toliños, 

¡ai!, uns toliños amores. 

 

Que os amores xa fuxiron, 

as soidades viñeron... 

De pena me consumiron.