Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 26 de maio de 2021

Book tráiler (LXXIV): Animaliños, de Roberto Vidal Bolaño. Realizado por David Rodríguez Blanco

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da obra de teatro Animaliños, de Roberto Vidal Bolaño (2003, nas Obras Completas. Edicións Positivas, 2013). Realización youtubeira: David Rodríguez Blanco, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

martes, 25 de maio de 2021

Balda de Libros (XVIII). Os nenos da varíola, de María Solar


 

Os nenos da varíola. María Solar. Galaxia 

A min este libro gustoume moito porque ao falar dunha historia baseada en feitos reais paréceme aínda moito máis interesante e entretido. 

A miña parte favorita é cando Ezequiel pon en perigo a súa vida para salvar a doutra persoa, neste caso a de Tomás, xa que se comportara bastante mal co seu mellor amigo Clemente e coas traballadoras do hospicio. Con este acto Ezequiel demostra que é xeneroso e non garda rancor. Gustaríame que Ezequiel fora a América porque a súa personalidade e forma de ser encantáronme, ademais merecía ir. 

Gustoume moito que o libro falase de Isabel Zendal xa que se di que era de Ordes, un concello moi preto de Trazo. 

O final non está mal pero eu continuaría escribindo como foi a chegada a América e que fixeron cos nenos. 

O vocabulario non é moi sinxelo pero tampouco é moi difícil, é dicir o libro enténdese ben. Gústame que teña algunhas palabras que non sexan doadas de entender porque así aprendo novo vocabulario. 

Ana Señarís Veiras (3º ESO)

Os nenos da varíola recrea a historia da expedición ás Américas coa vacina da varíola a través dos nenos, conta moi ben o ocorrido e paréceme un libro moi interesante para ler, non só porque sexa bo senón tamén porque coñeces como foi a expansión da vacina naqueles tempos.

Para min o momento máis importante do libro é cando reciben a carta do médico Balmis informando da súa chegada, xa que a partir de aí comeza o proceso da expedición. Este libro gustoume moito porque é moi interesante e entretido, ademais da expedición inclúen outros temas que completan a historia e fana máis emocionante.

Ten unha linguaxe moi fácil e sen dificultades, pódese entender ben. Gústame moito que no final cambie a historia por completo porque non esperas que pasará e iso fai que sexa máis amena a lectura. Recomendo ler este libro, a min foi un dos que máis me gustou entre todos os que lin.

Lucía González Castro (3º ESO)

A min este libro gustoume moito porque foi un gran acontecemento que ocorreu neste país e que conseguiu salvar a moita xente por todo o mundo.

Este libro tamén me gusta moito porque conta unha historia moi interesante e entretida xa que narra a vida duns nenos antes de embarcar cara a América para conseguir levar a vacina da varíola e así conseguir salvar moitas vidas.

O meu personaxe favorito foi Ezequiel porque intenta sempre axudar os demais.

O único que non me gusta deste libro é que non mostra a vida dos rapaces e rapazas en América despois de un tempo, polo demais gustoume moito.

O vocabulario era moi doado de comprender, non só me pareceu unha historia ben contada senón que fala de feitos históricos que falan dunha misión impactante que tiveron eses rapaces. Por iso eu recoméndollo a todas as persoas que lles guste ler porque é un tema demasiado interesante.

Darío Sánchez Liste (3º ESO)

Os nenos da varíola é un libro que nos achega a ler unha historia que pasou na realidade, fai anos foi un gran choque para todo o mundo, o cal acabou coa vida de mais de 500 millóns de persoas.

A autora dedícalle este libro aos 22 nenos de entre 3 e 9 anos que no 1803 foron seleccionados para inxectar a vacina da varíola no seu corpo e así poder levala a América, tamén explica a realidade de como chegou a todo o mundo.

A lingua é moi doada, sinxela e sen palabras moi complexas. O libro é moi interesante,curto e fácil de ler, no cal podes saber o que pasou na época que apareceu a varíola nas vidas das persoas de todo o mundo e como lles afectou na súa vida.

A historia engancha moito e é moi recomendable tanto para mozos como para adultos. En resumo o libro está moi ben para empaparse un pouco da historia sobre o que aconteceu coa varíola.

Valeria Vásquez Fernández (3º ESO)

 

Book tráiler (LXXIII): Mentira, de Care Santos. Realizado por Ana Señarís Veiras

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Mentira, de Care Santos (col. Periscopio. Edebé, 2015). Realización youtubeira: Ana Señarís Veiras, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXXII): Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias. Realizado por Brais Montaos Dubra

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias, con ilustracións de Marcos Viso (col. Merlín, Xerais, 2016). Realización youtubeira: Brais Montaos Dubra, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXXI): Noite de temporal, de Manuel Núñez Singala. Realizado por Íker Señarís Suárez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Noite de temporal, de Manuel Núñez Singala (Oqueleo, 2017). Realización youtubeira: Íker Señarís Suárez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXX): Noite de temporal, de Manuel Núñez Singala. Realizado por Sergio Señarís Suárez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Noite de temporal, de Manuel Núñez Singala (Oqueleo, 2017). Realización youtubeira: Sergio Señarís Suárez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

mércores, 19 de maio de 2021

Book tráiler (LXIX): Palabra de bruxa, de Andrea Barreira Freije. Realizado por Jorge Lavandeira Vilares

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Palabra de bruxa, de Andrea Barreira Freije (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Jorge Lavandeira Vilares, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXVIII): Corredora, de María Reimóndez. Realizado por Lucía Grela Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Lucía Grela Seoane, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

martes, 18 de maio de 2021

Book tráiler (LXVII): Be Water, de Antía Yáñez. Realizado por Laura Noya Sánchez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Be Water, de Antía Yáñez (Cuarto de inverno, 2019). Realización youtubeira: Laura Noya Sánchez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)

 


Balda de Libros (XVII): Iridium, de Francisco Castro

Iridium. Francisco Castro. Galaxia 

Este libro gustoume moito, xa que fala dunha rapaza chamada Iris que sufriu un tráxico accidente, o que lle causou un dano cerebral e quedou en coma durante sete meses, sete meses nos cales os seus familiares máis achegados pensaban que morría, e decidiron empezar a refacer a súa vida. 

Mais, pouco despois, Iris espertou do coma e tívose que enfrontar coa súa nova vida, a súa superación diaria, e as discriminacións por parte dos seus compañeiros da escola. A rapaza refúxiase nunha conta de Instagram co nome de Iridium e comeza a seguila moita xente. O nome da conta débese ás cores dos seus ollos a causa dunha condición xenética chamada heterocromía iridium. 

Paréceme un libro que fala de cousas de hoxe en día, como son as redes sociais, neste caso o Instagram. Pero que detrás dunha conta de Instagram que teña moitos seguidores, ou ben teña moitas visualizacións e “gústames” nas súas publicacións, tamén hai unha persoa que ten problemas como o resto das persoas. Isto fainos entender que non todo o que nos pintan nas redes sociais é verdade. 

A miña personaxe preferida é Iris, xa que loita por volver a valerse por si soa e porque todos a volvan tratar como de costume. 

O libro é curto e moi sinxelo de ler e non ten problemas na comprensión da escrita. 

Sara González Castro (3º ESO)

mércores, 12 de maio de 2021

Book tráiler (LXVI): Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas. Realizado por Sara Gómez García

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2014). Realización youtubeira: Sara Gómez García, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (LXV): A vaca caníbal, de Marilar Aleixandre. Realizado por Nerea Sánchez Castro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A vaca caníbal, de Marilar Aleixandre (col. Árbore. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Nerea Sánchez Castro, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (LXIV): Soños de fútbol en Bangui, de Yves Pinguilly. Realizado por Íker García Brea

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Soños de fútbol en Bangui, de Yves Pinguilly (col. Árbore. Galaxia, 2013). Realización youtubeira: Íker García Brea, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo), coa colaboración da ex-alumna Alba Rey Brea.



Book tráiler (LXIII): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Sonia Muíño Riomayor

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Sonia Muíño Riomayor, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



martes, 11 de maio de 2021

Book tráiler (LXII): Mamá, quero ser Ziggy Stardust, de Iria Misa. Realizado por Laura Noya Sánchez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Mamá, quero ser Ziggy Stardust, de Iria Misa, con ilustracións de Alba Barreiro (col. Sopa de Libros. Xerais, 2018). Realización youtubeira: Laura Noya Sánchez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXI): Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure. Realizado por Aitana Noya Santos

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure, con ilustracións de Fernando Martín Godoy. Tradución de Ignacio Chao. (col. Sopa de Libros. Xerais, 2003). Realización youtubeira: Aitana Noya Santos, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LX): Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro (escrita por un bolígrafo), de Marcos López Concepción. Realizado por Carla Lema Domínguez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro (escrita por un bolígrafo), de Marcos López Concepción (col. Árbore. Galaxia, 2016). Realización youtubeira: Carla Lema Domínguez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LIX): Soños de fútbol en Bangui, de Yves Pinguilly. Realizado por Samuel Grela Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Soños de fútbol en Bangui, de Yves Pinguilly (col. Árbore. Galaxia, 2013). Realización youtubeira: Samuel Grela Seoane, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (LVIII): Os dous de sempre, de Castelao. Realizado por David Rodríguez Blanco

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Os dous de sempre, de Castelao (col. Biblioteca Castelao. Galaxia, 2015). Realización youtubeira: David Rodríguez Blanco, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

martes, 4 de maio de 2021

Book tráiler (LVII): 48 horas, de Cándido Paniagua Pousa. Realizado por Sonia Muíño Riomayor

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela 48 horas, de Cándido Paniagua Pousa (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2020). Realización youtubeira: Sonia Muíño Riomayor, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (LVI): Dragal II. A metamorfose do dragón, de Elena Gallego Abad. Realizado por Alicia Martínez Rodríguez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Dragal II. A metamorfose do dragón, de Elena Gallego Abad (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2011). Realización youtubeira: Alicia Martínez Rodríguez, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)