xoves, 22 de setembro de 2011

De sabi@s é rectificar...MAÑÁ SI



Tal e como ben nos fixeron ver os compañeiros profes novos de Secundaria (veñen pisando forte) o outono comeza mañá. Podemos dicir entón que aquí en Trazo disfrutamos dun pequeno milagre, conseguindo que o outono se "retrasara" tres días.
Logo entón...disfrutade da derradeira noite deste verán. Mañá as 11.05 entramos no tempo das castañas e os magostos, que tampouco está nada mal...

Vídeo visto en http://www.youtube.com/

2 comentarios:

  1. Cain as follas.
    Sinto unha cousa
    que se apousa en min e non me toca.
    E chove pra que soñe,
    pra que eu soñe.
    Fala a tarde baixiño.
    Cain as follas.
    i é unha cousa
    que se apousa en min e non me toca.
    E chove pra que soñe,
    pra que eu soñe.
    Fala a tarde baixiño.
    Uxío Novoneira
    Velaquí o fermoso e breve poema de Uxío Novoneira musicado por Emilio Cao.
    http://www.youtube.com/watch?v=vOPjzx6jotY&feature=player_embedded
    Saúdos,

    ResponderEliminar
  2. ."Chove pra que eu soñe", que verso máis fermoso!!
    Grazas por lembrárnolo,Anónimo

    ResponderEliminar