sábado, 31 de decembro de 2011

O libro da túa vida cada fin de ano

Hoxe pechas un volumen máis da túa vida. Cando comenzaches este libro; todo era teu. Podías facer del o que quixeras: un poema, un pesadelo, un escándalo... Podías, pero hoxe xa non podes. Xa non podes corrixilo. Está feito.



Pensa uns momentos nesta derradeira noite do ano. Toma o teu vello libro e bótalle un ollo, paseniñamente, deixa pasar as súas páxinas polas túas mans e pola túa conciencia. Ten o pracer de verte a ti mesmo. Le todo. Repite aquelas páxinas da túa vida nas que puxeches o teu mellor estilo. Le tamén aquelas páxinas que quixeras non ter escrito nunca, e non tentes arrancalas. É inútil. Ten valor para lelas, son todas túas, non podes arrancalas, pero podes anulalas cando escribas o teu seguinte volumen, o 2012. A por el.


Feliz ano novo!!



Adaptación dun artigo visto en http://rakukeireiki.ning.com/

5 comentarios:

  1. :o
    esta felicitación e preciosa e tes moita razon as paxinas ke nos arrepentimos de escribilas non vale de nada arrancalas porque xa está feito e non se pode volver atrás para cambialo.
    Feliz ano 2012 a tod@s!!!

    ResponderEliminar
  2. Grazas, Laura.
    Arrancalas non, pero si aproveitar para aprender delas. É o mellor xeito de q teñan servido para algo.
    Feliz despedida e entrada de ano!!

    ResponderEliminar
  3. Noelia Casas García1/02/2012 01:02:00 p.m.

    Feliz 2012! Espero que tiverades unha feliz noite vella e unha entrada de ano estupenda! Ata a volta de vacacións ¡Bicos!

    ResponderEliminar
  4. Feliz ano!! Bastante atradado pero bueno... :)

    ResponderEliminar
  5. Feliz ano!! Tamén un pouco (bastante) retrasado pero bueno.

    ResponderEliminar