Moitas teñen sido as mulleres, e moitos tamén os homes, que teñen traballado ao longo da historia por espertar conciencias na sociedade, por facer ver que non só a metade das obligacións, senón tamén a metade dos dereitos, lles corresponden.
Nestas datas finais de Xaneiro nas que todos os centros escolares estamos a desenvolver actividades sobre a Paz, pola celebración do Día Mundial da Non Violencia cada 31 de Xaneiro, o Equipo da Biblioteca quérevos convidar a coñecer, contra vento e marea, e arriscando, e perdendo nalgúns casos, a súa propia vida, os esforzos levados a cabo por estas mulleres en diferentes épocas. Elas, máis alá de diferenzas étnicas, lingüísticas, económicas, culturales e políticas viviron, ou viven, co obxectivo de alcanzar a igualdade, a paz, a xustiza e o desenvolvemento nos cinco continentes.
Que vivan as mulleres!!
NOTA IMPORTANTE: A Exposición "Mulleres na historia" pódese visitar no Edificio de Secundaria durante os vindeiros 15 días.
Xa é hora que as mulleres da historia se fagan coñecer, porque sempre son os homes os que destacan na historia como Galileo,Copérnico,etc... E hai veces que as mulleres tamen teño o dereito a que a xente sepa o que fixeron na historia.
ResponderEliminarAsi que VIVAN AS MULLERES !!!!!
Compartimos a túa euforia, Laura. Que vivan!!
ResponderEliminarEu tqmén penso q xa é hora de que as mulleres se coñezan. Ou a caso non son tan importante coma os homes? eu creo que son tan importantes ou incluso máis.
ResponderEliminarA exposición do pasillo, do melloriño que hai.
Olé que vivan as mulleres!!
Eu tamén estou dacordo con vós. A exposición está moi ben, pois sempre se está a falar dos homes e eles sempre están destacando. Non digo que sexan peores que as mulleres,pero as mulleres son tan importantes coma eles, e para moita xente aínda son inferiores, e iso debe cambiar. Que vivan as mulleres!
ResponderEliminarQue vivan as mulleres!
ResponderEliminar