venres, 11 de maio de 2012

Pintamos o noso arredor de cor violeta

O pasado 30 de Abril Uxía, Tamara, Nuria e Sonia participaron no programa "Sumando todas" de Radio Ordes, un programa que pretende poñer un gran de area na loita contra a desigualdade entre mulleres e homes.
É este un tema ante o cal non admitimos desculpas. Ou eres cómplice da desigualdade ou loitas pola xustiza. 
Xunto cun grupo de alumnas do IES Maruxa Mallo de Ordes, entrevistamos a Gemma Lienas, autora de O diario violeta de Carlota, libro interesantísimo que deunos moito que falar este ano no Club de Lectura, e levounos a crear un foro na Aula Virtual do noso centro, onde imos comentando todo o que nos chama a atención dende a nosa mirada violeta. Queremos agradecer especialmente a participación masculina neste foro.(Sabede que gañades puntos entre o sector feminino, un home que desenvolve e amosa sen vergoña a súa sensibilidade vale por dous!!) Queremos escoitar o que pensades e sentides. A igualdade é un traballo en equipo que queremos construir entre tod@s.

Aquí vos recordamos o link do foro

Aquí vos deixamos o link do programa de radio (saimos a partir do minuto 8)

Escoitade que interesante conversa tivemos con Gemma que sabe tanto sobre as relacións de parella e non deixedes de compartir as vosas reflexións e comentarios.

Por certo...alguén sabe o porque desta cor violeta???

11 comentarios:

  1. Eu non sei por que poñen cor violeta pero xo averiguarei.

    ResponderEliminar
  2. Que guayy=) Ímosnos facer famos@s!!

    ResponderEliminar
  3. Creo q o da cor violeta xa o explicamos aquí e tamén na exposición sobre As mulleres na historia. Alguén se lembra?

    ResponderEliminar
  4. Noelia Casas García5/11/2012 11:13:00 a.m.

    Sí, eu sí. Era polo de que as mulleres que morreron estaban cunha tea viioleta cando sucedeu a sua morte.

    ResponderEliminar
  5. Exactamente,Noelia. Aquí vos deixo máis información (Copia e pega o enlace na barra de direccións, se fas click e non vai)http://blog.enfemenino.com/blog/seeone_483726_8849037/Dolor-de-mujer/LA-SUPUESTA-VERDAD-SOBRE-EL-LAZO-VIOLETA

    ResponderEliminar
  6. Noelia Casas García5/12/2012 09:22:00 a.m.

    Sí, xa o vin :)

    ResponderEliminar
  7. puff, a este ritmo imonos facer famo@s @s de trazo!!!

    ResponderEliminar
  8. Claro pola tea que estaban tecendo, e que non sei que me estaba pasando pola cabeza, se estou chea de escoitalo.

    ResponderEliminar
  9. Bonita incursión das rapazas de Trazo nas ondas!

    ResponderEliminar
  10. Noelia Casas García5/14/2012 09:27:00 a.m.

    Sí, bonitísima;)

    ResponderEliminar
  11. Trazo tiña que ser oxala que a xente fale do noso colexio e veña mais xente

    ResponderEliminar