mércores, 23 de maio de 2012

Trae os teus poemas e participa !!!



Dende o IES María Soliño de Cangas nos invitan a participar no seu tradicional Concurso de Poemas. Sabemos que agochades tesouros escritos en momentos de intimidade.

 Traédeos á biblio e organizamos a vosa participación!!!

BASES DA CONVOCATORIA:

1-Haberá dúas categorías:

A-Para alumnado de primeiro e segundo ciclo do E.S.O.



B-Para alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e Ciclos de grao medio.



2-Concederanse tres premios en cada categoría
-Primeiro premio-150 euros.



-Segundo premio- 75 euros.

-Terceiro premio- 50 euros.



3-Os poemas deberán estar escritos en lingua galega.

4-Cada participante presentará un mínimo de tres poemas, e un máximo de

cinco.





5-Presentaranse tres copias, mecanografadas, dos poemas.

6-Remitiranse ó I.E.S. María Soliño


(Monte Carrasco, nº 3 / 36940 CANGAS) nun



sobre no que constará unicamente un seudónimo e a categoría á que pertence. Dentro

dese sobre introduciranse os poemas e unha plica cos seguintes datos

: nome,



enderezo, enderezo electrónico, teléfono, centro no que cursa estudos e

certificado de estar matriculado no centro.

7-Realizarase unha publicación cos poemas gañadores, da que a organización se

reserva todos os dereitos.

8-O prazo de entrega rematará o día 12 de Xuño.

9-O fallo do xurado farase público no acto da entrega de premios, que terá

lugar o 22 de Xuño no IES María Soliño, acto ao que se comprometen a asistir

@s premiad@s.

6 comentarios:

  1. Noelia Casas García5/23/2012 12:10:00 p.m.

    Presentareime :) A ver se gaño algo e se non da igual, o importante é participar ;D

    ResponderEliminar
  2. Ao mellor o fago se teño tempo porque neste dias hai que estudiar a tope

    ResponderEliminar
  3. Noelia Casas García6/12/2012 09:44:00 a.m.

    Pois nada, que ó final animeime a participar e todo =P.
    Paseino un anaquiño ben,a ver se hay sorte e gaño algo...jejeje.Pero se non non pasa nada;).

    ResponderEliminar
  4. Hoxe enviamos a túa participación, Noelia. A ver se hai sorte...

    ResponderEliminar
  5. Noelia Casas García6/20/2012 08:43:00 a.m.

    Asun! Que me acaban de chamar agora unha chica do instituto que gañei o terceiro premio da miña categoría! :) Estou moi contenta :D Pero non sei se poderei ir a entrega de premios...é o venres as doce ou doce e cuarto no María Soliño de Cangas:$ E as doce aínda estamos no colexio :$

    ResponderEliminar
  6. Felicidades Noe, a boas horas cho digo!:)

    ResponderEliminar