martes, 25 de setembro de 2012

Chove pra que eu soñe...



Caen as follas...
sinto unha cousa
que se apousa en min e non me toca.

E chove pra que eu soñe, pra que eu soñe,
fala a tarde baixiño.
 
(Uxío Novoneyra)
 

Vídeo de «Carapuchiña e o Pobo Feroz», curtametraxe baseada nun relato de Males de cabeza, de Fran Alonso


Males de cabeza é un libro de relatos de Fran Alonso que se atopa na listaxe de lecturas para o noso alumnado de 4º da ESO na materia de Lingua e Literatura Galega. Na bitácora de Xerais, editora do volume, infórmanos que xa se pode visionar unha curtametraxe baseada nun dos relatos que fan parte do libro.
Velaquí a anotación que realizan no blogue de Xerais:
«Xa se pode ver na rede o vídeo de Carapuchiña e o pobo feroz, curtametraxe producida por Que conto producións baseada nun relato co mesmo título de Males de cabeza, de Fran Alonso. A película, que logrou o Sacho de Ouro á mellor curta no Festival Curtello 2011, está dirixida por José Araújo e protagonizada por Toni Salgado (lobo) e María Roja (Carapuchiña), Gloria Sampedro (avoa), Nani Matos (pai), Graciela Riobó (bruxa), Antonio Barreiro e Alberto Ardid. Na páxina de Que conto producións en Vimeo poden verse tamén as versión dobradas ao italiano, ao inglés, ao francés e ao castelán».
E aquí o resumo que aparece en Vimeo:
«O Lobo vive só nos bosques. Hai tempo que non ten unha manada coa que estar, e considera que xa é o momento de compartir a súa vida con alguén. Un día coñece a Carapuchiña, unha fermosa rapaza filla dun rico terratenente. Fan moi boas migas, e empezan a pasar moito tempo xuntos.
O que parecía unha relación soñada, vaise converter para o Lobo nun pesadelo cunhas consecuencias fatais
».

martes, 18 de setembro de 2012

sábado, 15 de setembro de 2012

TIC, TAC, TIC, TAC.....

 
 
Pois hoxe sábado facemos un 2x1 de entradas no blog e entramos con alegría e ánimo na conta atrás...tic, tac, tic, tac....
 
Pouco a pouco, imos reactivando este blog, que retoma a súa habitual actividade convosco como protagonistas e destinatari@s de todo o q aquí colgamos. 
 
Imos tamén reactivando o noso foro sobre Igualdade de xénero (en dereitos e oportunidades). Estes días temos escoitado unha interesante reflexión. O contrario da igualdade é a desigualdade, non a diferencia. É evidente que homes e mulleres somos diversos e/ou diferentes, pero entendemos que non deberiamos selo en dereitos e/ou oportunidades. Aí vola deixo para pensar....
 
 
 
 
E se vos interesan estes temas, e debatir, compartir opinións, escoitar que pensan @s compañeir@s e @s profes... están recén abertas dúas novas seccións que esperamos que vos gusten e vos animen a comentar e compartir:
 
- Sección 3: É amor ou non é amor?
 
   Tentaremos ir debullando eses comportamentos, símbolos, actuacións, frases que se din....para profundizar neles á procura de descubrir se son mostras de amor verdadeiro ou agochan trampas.
 
- Sección 4: Un pasiño cara adiante e un pasiño cara atrás
 
Comentamos aquí novas, vídeos, imaxes...que nos permiten ver como estamos a dar pasiños cara ao "igualismo", pero tamén se dan pasiños cara á inxustiza da desigualdade de dereitos e oportunidades.
 
Todo isto e máis, aquí:
 

sábado, 8 de setembro de 2012

Reunión de lector@s

O curso pasado participamos nun encontro de participantes de clubes de lectura, tanto profesorado como alumnado. Como a invitación foi imprevista, non demos animado ao alumnado a participar. Agardamos que este ano sexa todo máis doado. Aquí vos deixamos un artigo do poeta Carlos Negro, que participou tamén neste encontro, e fai unha crónica do alí se viviu.

http://www.sermosgaliza.com//opinion/carlos-negro/o-pais-dos-papalibros-sobre-os-v-encontros-de-clubs-de-lectura/20120614221421002323.html