Brétemas, o blogue de
Manuel Bragado, director de
Edicións Xerais, fainos a descuberta dunha fermosa curtametraxe (de tan só 85 segundos) das moitas que se están a facer para incentivar o interese pola lectura. Nesta curta, ou booktrailer, a rapaza protagonista sucumbe ao mundo da fantasía e do misterio que se atopa en cada libro. Paga a pena perder ese escaso minuto e medio en ollarmos esta peza.