martes, 8 de xaneiro de 2013

3,2,1,0.....2013 !!!!!

Pois aquí estamos de novo arrincando un novo trimestre, con ¿moitas ganas?. Se non é así, peor para nós, pois todo nos vai costar máis esforzo se non lle botamos ánimo ao traballo.
Novas lecturas no club de lectura, novos consellos e curiosidades, documento videográfico do gran partido de fútbol sala co que nos despedimos antes do Nadal...De todo isto e moito máis vos iremos dando conta aquí nas vindeiras semanas.

Como foi o voso Nadal? Nesta páxina dannos pistas para comprobar se realmente aproveitamos ben as vacacións ou desaproveitamos os días, é un xeito especial de facer balance, pero ben interesante.....

8 comentarios:

  1. Noelia Casas García1/08/2013 10:03:00 a.m.

    Jujujujuju Feliz 2013 a tod@s e espero empezar ben o Ano!!

    ResponderEliminar
  2. A miña prima regalaronlle unha plancha,unha lavadora e un xoguete para facer comida,SEXISTA TOTAL, xa lle estan ensinando a facer esas cousas desde pequena.
    Daniel Castro Álvarez.

    ResponderEliminar
  3. A miña prima regalaeonlle unha lavadora, unha plancha e un xoguete para facer comida.SEXISTA TOTAL.Xa lle estan ensinando a facer esas cousas desde pequena.
    Daniel Castro Álvarez.

    ResponderEliminar
  4. Iván Rodríguez Paredes1/21/2013 07:37:00 a.m.

    Miña nai encárgase da cociña e nos do demais. Eu creo que na miña casa todos traballamos igual nas festas de nadal, pero na maioría das casas me parece que traballa a nai máis. Creo que os homes tamén teñen que cociñar.

    ResponderEliminar
  5. Adrián Landeira Pose1/21/2013 07:37:00 a.m.

    Na miña casa tamén hai estereotipos por exemplo á hora de cociñar, sempre están na cociña as mulleres, pero os regalos de tecnoloxía cómpraos a miña irmá, porque a ela dáselle mellor.

    ResponderEliminar
  6. Eu creo que nas navidades as que cociñan son as mulleres porque o fan sempre , e claro, dáselles mellor.Tamén compran os regalos de roupa e os homes os regalos de tecnoloxía. Os estereotipos están ahí.: As mulleres á cociña e os homes as máquinas.

    ResponderEliminar
  7. Manuel, xa ves q non sempre os homes son mellores en tecnoloxía, mira o q dixo Landeira. Afortunadamente, van cambiando cousiñas...Grazas polos comentarios ;)

    ResponderEliminar
  8. Feliz Ano!!!!!! (aínda que un pouco retrasado)

    ResponderEliminar