Debido a que algúns e algunhas de vós tedes préstamos sen devolver do curso pasado, decidimos bloquearvos e impedir que accedades a novos préstamos este curso ata que devolvades o que é de todos e de todas. Podedes consultar a lista de alumnado bloqueado na porta da biblioteca. Para comentarios ao respecto, erros, aclaracións... debedes dirixirvos a Asun que é a persoa que leva o tema do alumnado "bloqueado".
Esta é unha medida que se levará a cabo o primeiro día de cada mes durante todo o curso 2013/2014. A lista de "bloquead@s" publicarase na porta da biblioteca e quen estea na lista, non poderá sacar en préstamos ningún libro da biblioteca ata que devolva os que ten sen devolver en prazo.
Pareceme ben esta nova "lei".
ResponderEliminarmoy ben
ResponderEliminar