Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 10 de febreiro de 2010

CLUB DE LECTURA DE ADULTOS


Estamos a piques de comezar cun novo título:
Sol de Inverno, de Rosa Aneiros
(Premio Xerais de Novela 2009)
Sol de Inverno é unha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o peroplo vital dunha personaxe: Inverno. A protagosnista habita diversos escenarios que nos conducen desde aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e logo ás circustancias da fuxida a Francia; ao emblemático barco Ipanema; ao longo exilio cubano; á revolución castrista; e mesmo a viaxe ao París do maio do 68. Será en Cuba onde atopamos o pouso da emigración e dos descendentes dos cimarróns, da memoria infinita da tata Luzdivina e do cheiro das follas de tabaco do bisavó Andrés, un escenario clave para entender a singradura dunha protagosnista que turra por volver a Antes.
Sol de Inverno constrúe un mundo simbólico e máxico polo que deambulan seres entrañables para crear un relato de pulpo vagoroso, que reborda nun potente río de historias. A memoria do exilio, as súas voces e as súas feridas, que Inverno debe lamber unha e outra vez, marcan o pulso desta novela que destaca pola rebeldía dos personaxes na defensa nos ideais e da xustiza.
(Edicións Xerais de Galicia)
Anímadevos á lelo connosco!!!
(estamos pendentes de que cheguen novos exemplares do libro)