Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 15 de xuño de 2023

Book tráiler (CXXII): A ermida do diaño, de Xelucho Abella Chouciño. Realizado por Samuel Grela Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro A ermida do diaño, de Xelucho Abella Chouciño (col. Costa Oeste. Galaxia, 1999). Realización youtubeira: Samuel Grela Seoane, 3º ESO B, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

martes, 13 de xuño de 2023

Book tráiler (CXXI): Robinson contado polas alimarias, de Marilar Aleixandre. Realizado por Sara Gómez García

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro Robinson contado polas alimarias, de Marilar Aleixandre, con ilustracións de Federico Delicado (Oxford, 2011). Realización youtubeira: Sara Gómez García, 3º ESO A, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (CXX): Un fillo, de Alejandro Palomas. Realizado por Sara Gómez García

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro Un fillo, de Alejandro Palomas (col. Costa Oeste. Galaxia, 2020). Realización youtubeira: Sara Gómez García, 3º ESO A, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (CXIX): Marxinados, de Pepe Carballude. Realizado por Aitana Noya Santos

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Marxinados, de Pepe Carballude (col. Costa Oeste. Galaxia, 2014). Realización youtubeira: Aitana Noya Santos, 3º ESO B, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (CXVIII): O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas. Realizado por Lara Piñeiro González

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas (col. Costa Oeste. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Lara Piñeiro González, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (CXVII): O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas. Realizado por Ainoha González Iglesias

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas (col. Costa Oeste. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Ainoha González Iglesias, 3º ESO A, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

luns, 12 de xuño de 2023

Book tráiler (CXVI): O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas. Realizado por Nerea Sánchez Castro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas (col. Costa Oeste. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Nerea Sánchez Castro, 3º ESO B, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (CXV): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Laura Noya Sánchez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Laura Noya Sánchez, 3º ESO B, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (CXIV): Anagnórise, de María Victoria Moreno. Realizado por Nerea Sánchez Castro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Anagnórise, de María Victoria Moreno (col. Costa Oeste. Galaxia, 2017, 3ª edición). Realización youtubeira: Nerea Sánchez Castro, 3º ESO B, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (CXIII): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Carla Lema Domínguez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Carla Lema Domínguez, 3º ESO B, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (CXII): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Aitana Noya Santos

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Aitana Noya Santos, 3º ESO B, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (CXI): Smoke on the water, de Santiago Cortegoso. Realizado por Íker Señarís Suárez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da obra de teatro Smoke on the water, de Santiago Cortegoso (col. Diteatro. Positivas, 2013). Realización youtubeira: Íker Señarís Suárez, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (CX): Palabra de bruxa, de Andrea Barreira Freije. Realizado por Diego Vásquez Fernández

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Palabra de bruxa, de Andrea Barreira Freije (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Diego Vásquez Fernández, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (CIX): As fronteiras do medo, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Diego Vásquez Fernández

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro de relatos As fronteiras do medo, de Agustín Fernández Paz (Rodeira - EDEBÉ, 2012). Realización youtubeira: Diego Vásquez Fernández, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

domingo, 11 de xuño de 2023

Book tráiler (CVIII): Xelís, o guieiro das botellas de mar, de Rosa Aneiros. Realizado por Iván Regueiro Liste

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Xelís, o guieiro das botellas de mar, de Rosa Aneiros, con ilustracións de Andrés Meixide (col. Merlín, Xerais, 2019). Realización youtubeira: Iván Regueiro Liste, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (CVII): Anagnórise, de María Victoria Moreno. Realizado por Ainoha González Iglesias

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Anagnórise, de María Victoria Moreno (col. Costa Oeste. Galaxia, 2017, 3ª edición). Realización youtubeira: Ainoha González Iglesias, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (CVI): Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Ainhoa Leis Ríos

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, con ilustracións de Antonio Seijas (col. Fóra de Xogo. Xerais, 1995, 40ª edición 2018). Realización youtubeira: Ainhoa Leis Ríos, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (CV): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Íker García Brea

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Íker García Brea, 3º ESO A, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

sábado, 10 de xuño de 2023

Andel de Libros (XLIII): Diario de Ana Frank, de Anne Frank

 


Diario de Ana Frank. Anne Frank. Faktoría K, Kalandraka.

O contido deste libro gústame bastante, e paréceme moi interesante, pero tamén conta unha historia moi triste, e que na miña opinión ninguén merece pasar por iso. 

Tamén penso que pode ensinarnos moitas cousas sobre a vida que ten que vivir moita xente por ser como é, e debería ser igual para todos, ninguén merece menos nin máis. Se teño que dicir algo que non me gusta sobre o libro sería que como estan sempre encerrados no mesmo sitio, a historia que conta é moi repetitiva, e entón por iso faise moi aburrida ás veces. 

Sobre a protagonista do libro que se chama Ana, non teño nada malo que comentar xa que me parece unha rapaza moi forte, e que a apesar de todo o que lle facía a xente naquel sitio, agás seu pai que sempre a trataba moi ben e estaban sempre xuntos e apoiábanse en todo. Por iso, os meus protagonistas favoritos son o pai e a nena. 

E recomendo moito ler este libro, xa que a pesar do sabido final tan tráxico que sucede é unha historia moi bonita.

Zaira Antelo Iglesias (3º ESO A)

venres, 9 de xuño de 2023

Andel de Libros (XLII): Un fillo, de Alejandro Palomas

 

Un fillo. Alejandro Palomas. Galaxia

Esta historia narra a vida dun neno, chamado Guille, cuxos pais están separados, e nin o neno nin o pai o están a tomar moi ben. 

Está narrada polas diferentes personaxes que aparecen na historia, dende a súa profesora Sonia e a orientadora do colexio, María, ata el mesmo e o seu pai. Guille comeza a visitar á orientadora cando a profesora preocúpase ao escoitarlle dicir que de maior quere ser Mary Poppins.

Ademais de narrar o enfoque que dan cada un dos personaxes ao día a día que están vivindo, vai mostrando os descubrimentos que fai a orientadora mediante a información que Guille lle vai contando e a que interpreta nos debuxos e redaccións que lle trae.

A historia gustoume moito, entretívome durante horas case sen decatarme e conseguiu manterme intrigada polo que sucedería a continuación.

Tiña un vocabulario moi fácil de entender e sinxelo para o meu punto de vista ata o punto de que non fun capaz de atopar dez palabras que descoñecese o seu significado.

Recomendaríavos darlle unha oportunidade porque é unha narración interesante e entretida para gozar e pasar un bo momento léndoa.

Sara Gómez García (3º ESO A)

Andel de Libros (XLI): Robinson contado polas alimarias, de Marilar Aleixandre

 


Robinson contado polas alimarias. Marilar Aleixandre. Oxford

O libro gustoume moito, principalmente que vaia narrando as aventuras e como se vai adaptando Robinson á vida na illa. 

Unha cousa que me gusta moito é que sexan precisamente os animais os que van contándonos a historia e que poidamos coñecer e ser conscientes da súa forma de pensar, tan diferente á nosa.

Pareceume moi fácil de ler, pola súa sinxela expresión e o seu vocabulario fácil de entender. Os nomes dos animais e das persoas participantes na historia parecéronme moi orixinais e moi divertidas tamén.

O meu personaxe favorito foi Ñasaindí nena que chega case ao final desta historia, porque ten unha forma de pensar moi distinta a Robinson e trata de ensinarlle como se fan as cousas na súa cultura, como por exemplo, coller o mel das árboles, para que todos estean felices, ou como non molestar aos outros animais.

Se teño que quedarme con algo, o que máis me gustou deste libro foi a forma de narrar característica dos animais da illa.

É un libro que me resultou moi fácil de ler, paréceme que é moi entretido e consegue que pases un tempo moi divertido.

Recomendaríavos lelo se vos gustan as historias de aventuras e acción.

Sara Gómez García (3º ESO A)

Andel de Libros (XL): O cero escuro, de An Alfaya

 


O cero escuro. An Alfaya. Tambre- Edelvives

Ese libro gustoume bastante porque é moi fácil de ler, non era moi longo e era bastante divertido.

O momento que máis me gustou desta narración foi cando todos foron en busca de Aurora porque estaba desaparecida e o que menos me gustou foi cando Nadia e a súa nai se pelexaban debido a que ela estaba intentando refacer a súa vida con outro home. Non me gustou esa parte porque Nadia botáballe cousas en cara a súa nai, e facíaa sentir mal.

As personaxes que aparecen gústanme todas aínda que ás veces algunha delas ten un carácter borde, iso si as personaxes sempre fixeron o posible para rescatar e salvar a Aurora canto antes por se acaso lle pasara algo.

Eu recomendaría moito este libro porque é fácil de ler, non ten moita complexidade e ten un léxico moi fácil, tamén ten bastantes momentos intrigantes porque quería saber que pasaba ao final con Aurora, se estaba viva ou morta.

Valeria Grela Bello (3º ESO B)

Neste libro o que máis me chama a atención é como expresa a importancia de non fiarse de todo o que che din ou che intentan vender, xa que neste relato aproveitáronse da paixón e da meta dunha rapaza para estafala e metela nun problema moi serio. 

Pareceume moi moi facil de ler porque expresa as ideas de forma ordenada e clara. Con este libro podes aprender moitas cousas que che poden servir para un futuro, por exemplo, tampouco debes mentir para conseguir o que queres porque che pode sair mal, e non ter a ninguén que che poida axudar.

Ten unha capacidade de engancharte a el que necesitas seguilo lendo todo o tempo ata que consegues acabalo. É moi bo libro e como xa dixen pódeche axudar moito en sentido de leccións que precisas para vivir, dáche moito que pensar e reflexionar. 

En resumo, un libro de dez que aconsello moito que o leades en todas as idades e pode que nun futuro o volva ler.

Carla Lema Domínguez (3º ESO B)

 

Andel de Libros (XXXIX): Atranco no banco, de Manuel Núñez Singala

 

 

Atranco no banco. Manuel Núñez Singala. Galaxia

A min este obra teatral Atranco no banco pareceume un libro moi interesante, emocionante e divertido de ler, xa que rin moito coas diferentes escenas.

O meu personaxe favorito foi Lois porque había momentos de moita comedia con este home, outro personaxe que me gustou tamén moito foi Vanessa porque pareceume unha rapaza moi lista e o último personaxe que me gustou foi o de Don Serafín porque rin moito cando recibía os golpes.

O momento que máis me gustou foi cando Lois e Rafael intentaron atracar o banco, outra escena que tamén me gustou moito foi cando Vanessa lle deu moitos golpes involuntariamente a Don Serafín e Don Serafín sangraba e a última escena que máis me gustou foi cando a muller de Don Serafín lle pregunta onde está.

O desenvolvemento e o final desta obra teatral parecéronme moi axeitados. E a linguaxe desta obra é moi fácil de entender.

Eu recomendaría ler este libro de teatro porque con el aprendese unha morea de cousas.

Jorge Lavandeira Vilares (4º ESO)

Este libro cóntanos a historia de catro personaxes que son Serafín e Vanessa, Rafael e Lois. Rafael e Lois tiñan o plan de roubar a sucursal bancaria do tío de Lois, o cal se chama Serafín, pero polo outro lado Serafín tamén tivera a idea de roubar a súa propia sucursal e inculpar a Vanessa, xa que eran tempos difíciles e necesitaban diñeiro, para poder seguir adiante e tarde ou cedo a sucursal tería que pechar por débedas e falta de fondos.

O momento deste libro que máis importante me pareceu foi cando a muller de Serafín lle di que vai chamar a policía e os vai levar ata o banco, para comprobar que vai todo ben e non está secuestrado por uns asaltantes.

O desenvolvemento da obra para min está perfecto xa que non te perdes en ningún momento, se acaso só cambiaría o inicio xa que a conversa entre Serafin e Vanessa é un pouco confusa.

Este libro é moi interesante e entretido, ademais non ten dificultade algunha para ler xa que é sinxelo e non ten vocabulario difícil.

Sergio Señarís Suárez (4º ESO)

Book tráiler (CIV): Atranco no banco, de Manuel Núñez Singala. Realizado por Jorge Lavandeira Vilares

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da obra Atranco no banco, de Manuel Núñez Singala (col. Costa Oeste. Galaxia, 2019). Realización youtubeira: Jorge Lavandeira Vilares, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (CIII): Plan de rescate, de Antía Yáñez. Realizado por Ariadna Hernández Bautis

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Plan de rescate, de Antía Yáñez, con ilustracións de Xiana Teimoy (Xerais, 2020). Realización youtubeira: Ariadna Hernández Bautis, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Andel de Libros (XXXVIII): Reo, de Xesús Fraga

 


Reo. Xesús Fraga. Galaxia

Para min Reo foi un moi bo libro en canto á lectura porque non ten palabras moi complexas nin un léxico moi difícil de entender coma outros textos que dificultan a súa comprensión por iso.

En canto á historia que nos achega xa non me gustou tanto polo simple feito de que non nos dá nada informativo nin é un tipo de libro que me guste, porque eu prefiro os temas de animais ou de acción ou que te metan un pouco máis na historia e che dea ganas de lela.

O que son os personaxes foi o aspecto que máis me gustou sobre todo polo carácter que ten Reo na historia porque non é un personaxe plano e é moi carismático nalgúns aspectos aínda que noutros non me gusta tanto a súa actitude avariciosa e egoísta, o peor de todo o libro.

Para min sen ningunha dúbida o título desorienta porque non nos dá a entender nada sobre a historia que nos vai a contar e non axuda a saber se pode ser o tipo de libro que che pode gustar e para iso tes que mirar o tema pola contraportada.

Anxo Domínguez Martínez (3º ESO A)


xoves, 8 de xuño de 2023

Book tráiler (CII): O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Realizado por Noelia Martínez Rodríguez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Tradución de Carlos Casares (col. Árbore. Galaxia, 2013). Realización youtubeira: Noelia Martínez Rodríguez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (CI): Matilda, de Roald Dahl. Realizado por Carla Caramés Rivas

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Matilda, de Roald Dahl, tradución de X. Miguel Barros (Oqueleo, 2017). Realización youtubeira: Carla Caramés Rivas, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (C): Astérix nos Xogos Olímpicos, de René Goscinny e Albert Uderzo. Realizado por Carla Caramés Rivas

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da banda deseñada Astérix nos Xogos Olímpicos, de René Goscinny e Albert Uderzo, traducido por Xavier Senín, Mª Isabel Soto e Alejandro Tobar (Xerais, trad. de 2021). Realización youtubeira: Carla Caramés Rivas, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XCIX): Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias. Realizado por Mateo Pérez Vázquez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias, con ilustracións de Marcos Viso (col. Merlín, Xerais, 2016). Realización youtubeira: Mateo Pérez Vázquez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XCVIII): As fronteiras do medo, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Manuel Pardal Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro de relatos As fronteiras do medo, de Agustín Fernández Paz (Rodeira - EDEBÉ, 2012). Realización youtubeira: Manuel Pardal Noya, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Andel de Libros (XXXVII): O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas

 


Odiario violeta de Carlota. Gemma Lienas. Galaxia

É un libro que me gustou moito porque á parte de ser fácil de ler fala sobre unha realidade como é a desigualdade entre as mulleres e homes.

É un libro feminista que nos conta a historia de Carlota e como comezou neste mundo, ao ver que vivimos nunha sociedade na que as cousas non son igual para homes e mulleres.

Basicamente denuncia o machismo arraigado na sociedade e na lingua que moitas veces nin sequera somos conscientes.

Encantoume a relación de Carlota coa súa avoa e todas as cousas que ela lle transmite. Tamén me gustou que se inclúan historias doutras nenas ou mulleres doutros países, xa que, segundo a súa cultura, teñen máis dificultades por ser muller.

O meu personaxe preferido sen dúbida é a avoa Ana xa que lle dou a idea a Carlota para que fixera ese diario violeta sobre a desigualdade, e ademais porque a axuda moito.

Eu recomendaría ler este libro porque ensina moitas cousas que ao mellor descoñecemos.

Ainoha González Iglesias (3 ESO A)

Book tráiler (XCVII): Os vellos non deben de namorarse, de Castelao. Realizado por Lucía Grela Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da obra Os vellos non deben de namorarse, de Castelao (col. Biblioteca Castelao. Galaxia, 2014). Realización youtubeira: Lucía Grela Seoane, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Andel de Libros (XXXVI): Como mil cachiños de vidro que a dor escurece, de Roberto Salgueiro



Como mil cachiños de vidro que a dor escurece. Roberto Salgueiro. Deputación da Coruña

Este libro a min gustoume bastante, creo que trata temas moi importantes, os cales denuncia, como por exemplo o machismo e os tratos abusivos e agresivos sobre todo no fogar.

O vocabulario que emprega en ocasións é bastante groseiro e coloquial.

É unha obra de teatro interesante que aborda asuntos importantes, nunha conversación familiar durante a cea de noiteboa con numerosos conflitos. É sinxelo de ler e de entender pois non presenta maior dificultade.

Os personaxes e os seus diálogos bastante ocorrentes provocan que o interese por continuar a lectura sexa maior, pois fan comentarios ou abren certos debates que fan que a lectora / o lector desexe seguir lendo, para así poder observar como se resolven eses conflitos.

En xeral foi un libro que me sorprendeu en moitos aspectos e que sen dúbida ningunha recomendo e volvería ler nun futuro non moi afastado.

Lúa Edreira Martínez (4º ESO)

Book tráiler (XCVI): Voaxa e Carmín, de Esther F. Carrodeguas. Realizado por Raquel Dafonte Rodríguez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da obra Voaxa e Carmín, de Esther F. Carrodeguas (Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2016). Realización youtubeira: Raquel Dafonte Rodríguez, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XCV): Os vellos non deben de namorarse, de Castelao. Realizado por Raquel Dafonte Rodríguez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da obra Os vellos non deben de namorarse, de Castelao (col. Biblioteca Castelao. Galaxia, 2014). Realización youtubeira: Raquel Dafonte Rodríguez, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

mércores, 7 de xuño de 2023

Book tráiler (XCIV): Astérix nos Xogos Olímpicos, de René Goscinny e Albert Uderzo. Realizado por Laura Rodríguez Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da banda deseñada Astérix nos Xogos Olímpicos, de René Goscinny e Albert Uderzo, traducido por Xavier Senín, Mª Isabel Soto e Alejandro Tobar (Xerais, trad. de 2021). Realización youtubeira: Laura Rodríguez Seoane, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XCIII): O lobishome de Candeán, de Paula Carballeira. Realizado por Samuel Grela Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro O lobishome de Candeán, de Paula Carballeira (col. Costa Oeste. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Samuel Grela Seoane, 3º ESO B, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XCII): Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Lucía Rey Martínez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, con ilustracións de Antonio Seijas (col. Fóra de Xogo. Xerais, 1995, 40ª edición 2018). Realización youtubeira: Lucía Rey Martínez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Andel de Libros (XXXV): Anagnórise, de María Victoria Moreno


Anagnórise. María Victoria Moreno. Galaxia

Hoxe vou dar a miña opinión sobre Anagnórise de María Victoria Moreno.

Paréceme un libro moi interesante e que recomendo bastante a súa lectura, non é moi facil de ler, nin de entender, pero considero que é moi entretido. E paréceme que pode chegar a abrirlle os ollos a xente que leva moi boa vida, porque igual hai moita xente que ten boa vida e como a eles non lle falta de nada non pensan en que ao mellor hai xente que si que necesita axuda e que non ten a mesma sorte na vida, pero non por iso non teñen os mesmos dereitos, e así para esa xente pode servirlle para ver outros casos de persoas que hai no mundo.

Creo que é un libro que pode chegar a ser moi realista e que haxa xente que se sinta identificado con el e co que conta, e pode chegar a serville de apoio en moitos momentos.

O protagonista para min é o meu personaxe favorito, xa que non ten problema en contar cousas que non estamos acostumados a falar delas, nin a escoitar cousas deses temas, xa que son moi tabús, pero ainda así el contounos sen ningún tipo de problema, e tamén me parece un rapaz moi forte para a pouca idade que ten, e que esté só.

Recomendo moito lelo, paréceme unha historia moi bonita.

Zaira Antelo Iglesias (3º ESO A)

Este libro non me gustou moito, xa que ten contidos moi variados e hai moitos acontecementos e ás veces parece que te perdes. Ademais ao principio é moi difícil de entender, non ten un vocabulario sinxelo e sobre todo polo tema de que trata moitos argumentos en poucas páxinas. 

Por outra parte o mellor momento do libro para min foi cando Nicolao se atopou con Natalia, aínda que dese anaco foi o único que me gustou. Porque aí foi cando Xulia morrera e aínda por riba de ter acompañado a Nicolao a Madrid morre. Sen contar o principio sería o único anaco que eliminaría do libro. Poríalle outro final máis ledo e cambiaria a transición de espazos que hai durante o libro. 

Non creo que o recomendase xa que ademais de non ser un libro doado é bastante longo e cústache lelo. O tema gustoume e o asunto do que trata está ben argumentado e paréceme divertido. O que non me gustou foi a maneira que tivo María Victoria Moreno de contar esta historia e de expoñela aos lectores / lectoras.

Antía Bello Liñares (3º ESO A)

Este libro gustoume bastante xa que fala sobre un rapaz de 17 anos que quere marchar a Madrid porque ten moitos problemas.

O momento que me pareceu máis interesante foi cando Xulia e Nicolau chegan a Madrid e téñense que separar, porque despois decide ir buscar a Xulia e dende ese momento descobre moitas cousas. Tamén un momento que me gustou moito foi cando se desafogou dicíndolle a Xulia todo o que lle pasou.

O tema é moi interesante e emocionante porque Xulia e Nicolau mentres estiveron de camiño a Madrid crearon unha amizade moi bonita.

Eu non faría ningún cambio de ningún tipo xa que penso que a historia desenvólvese de xeito acertado e que tiña que rematar da maneira que o fixo. O final encantoume polo encontro que tiveron Natalia e Nicolau.

O libro pareceume fácil de entender e non ten palabras moi complicadas polo que facilita a hora de ler.

Ainhoa González Iglesias (3º ESO A)

A min este libro pareceume bastante entretido xa que che ensina, que aínda que as persoas non se coñezan de nada poden acabar sendo moi bos amigos. Ademais ten un vocabulario moi axeitado para as/os adolescentes, pero creo que tamén as rapazas e os rapaces algo máis cativos o entendería bastante ben.

Gustoume bastante xa que che ensina bastantes cousas e non é nada aburrido, a pesar de que a miña primeira impresión foi que sería aburrido porque case toda a historia sucede dentro dun coche.

O meu personaxe preferido é Xulia, porque ela foi a única que lle axudou a Nicolau e o levou a Madrid sen coñecelo de nada, tamén lle botou unha man cando Nicolau se sentiu mal e empezou a chorar.

Practicamente todos os personaxes me gustaron, non hai ningún que me parecera un aburrido.

Eu a este libro non lle cambiaría nada, e por suposto recoméndovos moito ler este libro, seguro que non vos ides arrepentir.

Nerea Sánchez Castro (3º ESO B)