Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



jueves, 10 de junio de 2021

Book tráiler (XC): O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda Abeleira. Realizado por Ainhoa González Iglesias

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O álbum de Garrincha, de Beatriz Maceda Abeleira (col. Árbore. Galaxia, 2015). Realización youtubeira: Ainhoa González Iglesias, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXXXIX): Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas. Realizado por Ainhoa González Iglesias

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2016). Realización youtubeira: Ainhoa González Iglesias, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Balda de Libros (XXVII): O bufón d’El Rei. Vicente Risco

 


O bufón d’El Rei. Vicente Risco. A Nosa Terra / AS - PG

Esta obra do autor Vicente Risco gustoume moito pero non me esperaba o final.

O momento máis importante pareceume cando o Bufón fala co Capitán, porque perdóanse un a outro e o Capitán pídelle un favor ao Bufón. Tamén me parece outro momento moi importante cando o Bufón lle di o da amante ao Rei porque grazas a iso detén a Raíña, en fin eses dous momentos parécenme os máis interesantes da obra.

Os personaxes paréceme que están ben, o meu personaxe preferido é o Bufón porque a pesar de ser malo, e de estragarlle a vida ao seu irmán no fondo paréceme boa persoa, xa que lle concede o ultimo favor ao seu irmán.

Lese bastante rápido pero non engancha moito, xa que o Bufón fala durante moito tempo sen achegar nada.

Foi un libro fácil de ler aínda que algunhas palabras non se entendían moito xa que é unha obra clásica.

Cambiaría o final para que seguira e durara a obra un pouco máis e fora máis interesante.

Recomendo este libro porque a min gustoume moito e é divertido. 

David Louro Rey (4º ESO)


Balda de Libros (XXVI): Mentira, de Care Santos

 


Mentira. Care Santos. Edebé

Este libro gustoume bastante xa que fala dunha historia que pode acontecer na realidade porque as redes sociais cumpren unha función moi importante nas nosas vidas. Penso que o libro nos avisa de que debemos ter coidado de con quen falamos pola rede xa que nos poden mentir como ben conta o libro.

Ao principio presenta a miña personaxe favorita como Marcelo, un rapaz que lle minte a Xenia xa que se fai pasar por outra persoa totalmente diferente. Despois ao Xenia saber a verdade este personaxe sabemos que en realidade é Eric.

A min a personaxe de Marcelo non me gusta nada pero a de Eric si xa que a súa historia faime reflexionar bastante. Non pensaba que Eric sería así sorprendeume bastante xa que é un neno que sufriu bastante por mor da súa familia.

O libro enténdese moi ben xa que o seu vocabulario é moi sinxelo á hora de ler.

Como me gustou tanto este libro non dubidei en empezar a ler Verdade a segunda entrega desta serie de libros, xa que continúa coa historia de Eric.

O libro recomendaríallo a nenos adolescentes sobre todo xa que os personaxes están enfocados en persoas desta idade.

O final está bastante ben pero para saber de verdade como acaba o libro vou ler os dous seguintes que continúan a este narración tan sorprendente.

Ana Señarís Veiras (3º ESO)


Balda de Libros (XXV): Iridium, de Francisco Castro

 

Iridium. Francisco Castro. Galaxia

A min este libro gustoume moito xa que fala dunha enfermidade como é o dano cerebral adquirido, o que é o mesmo a DCA. E cóntanos como convive con el Iris, a protagonista do libro.

A narración pareceume moi interesante xa que ao igual que lle pasou a ela, o do DCA ,tamén nos pode pasar a nós isto dun día para outro.

Gustoume o desenvolvemento que dixo Francisco Castro aínda que lle engadiría que sucedese algo entre Chechu e Mario.

Durante todo o libro usa unha lingua sinxela, que o fai fácil de entender.

Eu recoméndovos ler este libro xa aprendes cousas ao tempo que o estás lendo e tamén é moi sinxelo de ler.

Iria Castro Noya (3º ESO)

O libro Iridium pareceume un libro moi interesante porque se mete na pel dunha adolescente e iso atrae máis aos lectores/lectoras adolescentes, á parte de ser moi fácil de ler porque contén vocabulario mais informal o cal axuda a entender mellor a historia.

Ademais as personaxes están moi ben desenvolvidas porque perfectamente pódeste imaxinar esas personaxes.

Unha cousa que me pareceu moi orixinal deste libro é que conteña conversacións de wassap e ademais que conteña correos electrónicos. Outra cousa moi sorprendente deste libro é que podes sentir as emocións de Iris (a protagonista).

En resumo, deste libro non cambiaría nada, ao mellor meteríalle unha pequena historia de amor entre Iris e Mateo pero aínda así paréceme un libro de 10 o cal debería ser lido por máis persoas.

Por último, algo que non dixen foi que no libro trata un tema tan serio que é a DCA, unha cousa que me gusta xa que é un trastorno moi forte e o trata como algo moi duro pero á vez que se pode levar.

Paula Moar Iglesias (3º ESO)

A min este libro gustoume moito porque fala dunha nena que tivo un accidente e consegue superalo, tamén me gusta porque conta a vida dunha adolescente e nalgunhas partes do libro represéntame como adolescente.

A miña personaxe favorita é Iris porque conta a súa vida e aínda con problemas consegue superar todo o que se propón.

Este libro eu recoméndollo a calquera persoa porque é unha novela moi interesante e entretida, a única "pega" que lle podería engadir sería que ten poucas paxinas e acabas de lelo nunha tarde. Tamén me gustou moito deste libro o realista que chega a ser nalgúns momentos e tamén conta unha historia de amor entre Iris e un rapaz.

A miña parte favorita é o final, como xa dixen pareceume moi sinxelo de ler e recoméndollo a calquera persoa que lle guste e interese ler, ademais é demasiado curto e entretido, o vocabulario é todo moi sinxelo e enténdese todo á perfección.

Darío Sánchez Liste (3º ESO)

Este libro na miña opinión está moi ben. Pareceume moi interesante, sobre todo entretido e á súa vez moi conseguido. Cando comezas a ler a historia non podes parar, porque cada capítulo é único. O final da historia, na miña opinión, é un pouco aberto, pero está bastante ben. O autor definiu moi ben os personaxes coma se fosen adolescentes destes tempos, as súas características ben definidas, a forma en como falan e se relacionan entre eles etc… O detalle de que houbese unhas páxinas coas representacións dos diálogos no Whatsapp pareceume moi divertido e a verdade é que me gustou moito.

A lingua que emprega o autor deste libro é bastante sinxela, porque nela non se atopa case ningunha palabra que sexa difícil de comprender.

En resumo este libro é moi recomendable para todo tipo de persoas independentemente da súa idade.

Valeria Vásquez Fernández (3º ESO)

 

martes, 8 de junio de 2021

Book tráiler (LXXXIII): Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas. Realizado por Sara Gómez García

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2016). Realización youtubeira: Sara Gómez García, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXXXII): O segredo da vella libraría, de Xabier López López. Realizado por Irene Arnejo Domínguez, coa colaboración de Sara Gómez García

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O segredo da vella libraría, de Xabier López López (col. Árbore. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Irene Arnejo Domínguez, coa colaboración de Sara Gómez García, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXXXI): Os nenos da varíola, de María Solar. Realizado por Valeria Vásquez Fernández

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Os nenos da varíola, de María Solar (col. Costa Oeste. Galaxia, 2017). Realización youtubeira: Valeria Vásquez Fernández, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXXX): Iridium, de Francisco Castro. Realizado por Valeria Vásquez Fernández

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Iridium, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2018). Realización youtubeira: Valeria Vásquez Fernández, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXXIX): Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Esmeraldina, a pequena defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2016). Realización youtubeira: Laura Noya Sánchez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXXVIII): Os nenos da varíola, de María Solar. Realizado por Ana Señarís Veiras

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Os nenos da varíola, de María Solar (col. Costa Oeste. Galaxia, 2017). Realización youtubeira: Ana Señarís Veiras, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



lunes, 7 de junio de 2021

Book tráiler (LXXVII): Tes ata as dez, de Francisco Castro. Realizado por Sonia Muíño Riomayor

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Tes ata as dez, de Francisco Castro (col. Costa Oeste. Galaxia, 2015). Realización youtubeira: Sonia Muíño Riomayor, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Balda de Libros (XXIV): Xogos de Damas, de Anxo Rey Ballesteros

 


Xogos de Damas. Anxo Rei Ballesteros. Os libros do CDG. Xerais

Gustoume bastante a obra, creo que está ben feita e a idea é boa, pero creo que lle poderían ter dado algo máis de emoción e acción polo medio, xa que mentres se vai contando a historia non pasa nada emocionante, só no final cando se descobre que Pamela está con Totó, o ex de Berta e Virxinia.

Tamén creo que o personaxe de Rieira non vén moito a conto na trama, xa que só aparece no principio e despois non volve aparecer, e as escenas nas que aparece el non teñen nada que ver co resto da obra.

O final si que me gustou moito, xa que se descobre algo que ninguén esperaba, e dálle emoción á historia, pero creo que se podería ter desenvolto un pouco máis con Berta e Virxinia decatándose da relación entre Pamela e Totó.

A linguaxe non é difícil de entender e o meu personaxe favorito é Virxinia.

Laura Codesido Fernández (4º ESO)

A min este libro encantoume porque é moi interesante e lese moi rápido. Este texto é unha obra teatral con varios personaxes que van intervindo no libro.

O libro trata sobre un pai e unha filla que se atopan nun bar, despois desenvólvense varias escenas onde aparece o noivo e finalmente as amigas. Nas escenas que aparecen as amigas fan uns papeis cada unha, ou sexa, interpretan a persoas que están presentes nas súas vidas.

O meu personaxe favorito é a protagonista (Berta) porque é decidida, segura de si mesma e ten moita paciencia, seu pai fai cousas que a ela non lle gusta como levar a unha muller á súa habitación pero aínda así non se enfada.

A miña parte favorita é o final porque descobres como son as súas amigas.

O final é moi surrealista porque non te esperas iso, deberían acabar o final e ver a reacción da protagonista. 

O vocabulario é moi fácil de entender, igual algunhas palabras non sabes que significa pero co contexto xa o entendes. 

Nerea González Rey (4ºA) 

O libro Xogos de damas é un libro moi entretido e interesante. Paréceme que engancha bastante xa que queres saber o que vai a acontecer e como vai a rematar cada escena. 

A obra ten bastantes escenas importantes ao longo da obra, pero a que me parece máis importante e tamén a menos esperada me parece quue é a escena final. Nela pódeste decatar de cousas que non podes sospeitar durante a obra.

Os personaxes desta obra gustáronme polo xeral bastante, xa que son entretidos e bastante diferentes entre eles. Isto na miña opinión fai que sexa un libro que che guste máis e sexa mais sinxelo de ler. Pero o personaxe que máis me gustou foi Virxinia, xa que é unha persoa moi sincera,directa e moi segura do que fai en cada momento.

A obra ten na miña opinión un desenvolvemento axeitado, fácil de seguir e de comprender o que está a acontecer en cada escena. O final é bastante inesperado e aberto.

Arancha Rey Brea (4º ESO)

Balda de Libros (XXIII): O achado do castro, de Manuel Núñez Singala

 


O achado do castro. Manuel Núñez Singala. Galaxia

Esta obra conta a coñecida historia de Romeo e Xulieta pasada completamente ao ámbito galego, ambientada na antiga Roma. Gustoume moito a historia, lese moi rápido porque é moi curta a ademais faise moi levadeira grazas aos toques humorísticos. 

O momento máis importante para min é a última parte porque ten moitos xiros inesperados moi sorprendentes. 

É un libro para pasalo ben e rirse, a escena que máis graza me fixo foi a de un diálogo que tiña o Emperador con distintos personaxes sobre Nápoles. 

O único que cambiaría sería o final xa que é demasiado feliz e un pouco surrealista (como toda a obra) para o meu gusto. Eu daríalle un final máis dramático con algunha morte de por medio como a historia tradicional. 

Non tiven problemas á hora de entender a obra, pois ten un vocabulario moi sinxelo, bastante coloquial que se entende a perfección. Polo tanto, recomendo esta obra a toda aquela persoa que queira pasar un bo anaco, curto pero divertido.

Lorena Becerra Varela (4º ESO)

Balda de Libros (XXII): Matanza, de Roberto Salgueiro

 


Matanza. Roberto Salgueiro. Deputación da Coruña


Para min, o momento máis importante da obra é cando morren os porcos, xa que tiña a esperanza de que segundo transcorrera a obra o primeiro irmán acabaría convencendo ao outro e así facéndoo de algunha maneira cambiar de opinión sobre a matanza e o seu destino. Ese final, é o que cambiaría do libro, xa que me tería gustado máis ver como o primeiro irmán lle contaxiara a súa ilusión pola vida ao segundo, e así xuntos non acabaran morrendo aquel día na matanza como calquera outro porco do mundo.

O meu personaxe favorito é o porco 1, xa que á parte das opinións alleas e dos costumes da matanza, el non quere morrer, ao contrario el quere seguir vivindo e desfrutando das súas paixóns como tocar o violín e desfrutar da música en xeral, xa que é o que lle gusta.

Paréceme un libro curioso e interesante, é curto, cun vocabulario fácil de comprender e de ler.

Uxía Beiras Rivas (4º ESO)

Para min o momento máis importante do libro é cando os dous porcos bailan xuntos, porque aí demostran que a pesar de discutir moito tamén se levan moi ben. E outro momento importante tamén é cando empezan a contar cada un as súas historias porque fan un gran resumo do que eran e facían no pasado.

Ao principio o libro considereino un pouco aburrido, pero a partir de que o matachín entrou na conversa, fíxose moito máis divertido e non podías parar de ler o texto.

O final do libro desgustoume un pouco, porque a obra estaba nun momento moi divertido e o texto déixate con bastante intriga porque acaba dunha maneira moi aberta.

Para min o vocabulario do libro enténdese bastante ben e non tes ningún problema para entendelo.

En resumo, é un libro que podería recomendar a calquera persoa e creo que lle gustaría, o único cambio que lle faría sería o final.

Anxo Lamas Liste (4º ESO)

O tema é interesante dende o meu punto de vida, xa que pon a vida dende dous puntos de vista que aínda se están a dar neste tempo e nesta sociedade. Tamén me parece gracioso, pola forma de falar do porco 2 xa que fala dunha maneira moi vulgar e coloquial.

O contido paréceme axeitado e non faría ningún cambio na historia, salvo que quitaría a escena final, onde se aprecia un diálogo entre os pais dos dous porcos.

Para min o momento máis importante, é o monologo final do porco 1, onde reflexiona sobre o que é a vida.

Gústame máis o porco 1 xa que mira a vida dende un punto de vista propio e non se deixa levar polos demais, seguindo os seus propios ideais ata o fin. Tamén me parece gracioso o porco 2 xa que usa unha linguaxe moi basta que me fai gracia. O matachín pola contra non me parece tan interesante, pero dálle un toque de tensión á historia xa que pon a presión da morte sobre os dous porcos.

Ten unha linguaxe fácil de entender que mestura a linguaxe coloquial e culta, creando un choque entre dúas formas de falar que fai o texto máis ameno de levar. Cando entra o matachín pon en escena unha nova maneira de falar que crea outro choque na maneira de falar dos personaxes.

Brais Pena Docampo (4º ESO)

Este libro trata de dous porcos que son irmáns que case sempre se andan pelexando pero lévanse ben. 

O momento máis importante do libro é cando o matachín chega para matalos porque é o momento máis triste. É un libro interesante, emocionante porque o que queres é saber e o que pasa, ou que lle van facer os porcos, sobre todo o porco 1 porque el non quería morrer.

Outra escena máis importante é cando falan da súa infancia, tamén sobre os pais que tiveron e as cousas que lle pasaban cando estaban con eles.

O meu personaxe favorito é o porco 2 porque é o máis gracioso do libro e só quería morrer para facer desfrutar a xente que o comese. O porco 1 era raro porque tocaba o violín e criase diferente os demais. Outro personaxe é o matachín que é a persoa encargada de acabar coa relación entre eles.

Non lle faría ningún cambio, porque é un libro simple e o máis importante e que é fácil de entender porque non ten palabras raras, recomendo este libro porque é fácil de ler e é bastante curto. 

Martín Rivas Suárez (4º ESO)

Este libro trata sobre dous porcos e un matachín. O momento máis importante para min foi cando o matachín foi polo porco 2 para matalo, pensei que o porco ía reaccionar doutra maneira.

O porco 1 e o porco 2 son moi diferentes. A un gústalle a música e toca un instrumento, e é mais tranquilo, o seu vocabulario é bastante axeitado aínda que ao longo da obra vai engadindo palabróns. O porco 2 é máis bruto, máis salvaxe, usa moitos palabróns e é como moi crido.

O personaxe que máis me gustou sen dúbida foi o porco 2 xa que non lle ten medoá morte e iso é de ter moita valentía porque pola contra o porco 1 tenlle medo á matanza.

O tema está moi ben, é moi divertido e interesante.

A obra de teatro está moi ben desenvolta xa que engancha moito a ler. O final gustoume moito aínda que a min gustaríame máis se fora máis emocionante. E a lingua entendese perfectamente, aínda que ten moitos palabróns.

Sara Pena Gutiérrez (4º ESO)

Considero que o momento máis importante para min é a escena na que ambos irmáns decláranse o seu afecto e cariño porque paréceme intenso e emotivo. 

É un tema moi interesante a tratar, digo isto porque se o analizamos de maneira ética é moi inxusto de cara aos porcos que queren ser libres, ademais de ocasionarlle unha morte moi sufrida e sanguenta e estaría moi ben debater sobre estes temas. 

Sobre o desenvolvemento o único cambio que podería facer sería cambiar o dialogo final dos pais dos porcos, quizais é que non o comprendo moi ben pero penso que quedaría mellor ao comezo do libro cando ambos porcos contan a súa “porqueza”, penso que encaixa mellor. 

Un moi bo final, dando a entender que aí acabase a vida duns miserables porcos, cun vocabulario moi sinxelo e fácil de comprender á parte de vulgar e chistoso. 

Rubén Rodríguez Seoane (4º ESO)

Este libro trata de dous porcos que son irmáns, porco 1 e porco 2. Porco 1 é un porco que tocaba o violín, sempre soñaba con ser famoso e chegar lonxe como músico, ademais era un mixiricas.

 

Porco 2 é coma el dicía, un auténtico porco. Só pensaba en ter relacións sexuais e beber, e a súa honra era que o matasen e facer del un bo churrasco, uns bos torriscos e uns bos chourizos.

 

Aparecen varios personaxes mais. O matachín, que é o encargado de matar a estes irmáns. O pai e a nai case non aparecen na historia, pero son citados polos irmáns, recordando cousas da infancia.

 

O meu personaxe favorito é o porco 2. Sempre tiña as ideas claras e sabía o que quería.

 

O momento máis importante do libro para min foi no final, cando o matachín lles pregunta quen quere morrer primeiro, ponlles a canción que lle pediran e bailan os dous antes de morrer.

 

Este libro gustoume moito, é moi breve e fácil de ler. A lingua é bastante fácil de entender e moitas veces, pola maneira de falar, esquénceste de que os protagonistas son porcos

Ana Cebey de la Torre (4º ESO)