Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 27 de febreiro de 2023

Book tráiler (LXIV): 48 horas, de Cándido Paniagua Pousa. Realizado por Sara Gómez García

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela 48 horas, de Cándido Paniagua Pousa (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2020). Realización youtubeira: Sara Gómez García, 3º ESO A, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (LXIII): 22 segundos, de Eva Mejuto. Realizado por Sara Gómez García

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela 22 segundos, de Eva Mejuto (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2019). Realización youtubeira: Sara Gómez García, 3º ESO A, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXII): O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas. Realizado por Carla Lema Domínguez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2012). Realización youtubeira: Carla Lema Domínguez, 3º ESO B, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXI): Unha estrela no vento, de Ledicia Costas. Realizado por Valeria Grela Bello

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Unha estrela no vento, de Ledicia Costas (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2000). Realización youtubeira: Valeria Grela Bello, 3º ESO B, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LX): Madonna e outros contos de inverno, de Manuel Rivas. Realizado por Nerea Sánchez Castro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro de relatos Madonna e outros contos de inverno, de Manuel Rivas (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2015). Realización youtubeira: Nerea Sánchez Castro, 3º ESO A, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

“Quíxente tanto, meniña”, de Cantares Gallegos, nas voces da ex-alumna Gabriella González Lamas e de Ainhoa González Iglesias

Quíxente tanto, meniña”, de Cantares Gallegos, nas voces da ex-alumna Gabriella González Lamas e de Ainhoa González Iglesias (3º ESO A). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2023.  

#cumpriuseaxustiza #_rdc_23 @aelg @CasadeRosalia

[Quíxente tanto, meniña...]

«Quíxente tanto, meniña,

tívenche tan grande amor,

que para min eras lúa,

branca aurora e craro sol;


augua limpa en fresca fonte,

rosa do xardín de Dios,

alentiño do meu peito,

vida do meu corazón».


Así che falín un día

camiñiño de San Lois,

todo oprimido de angustia,

todo ardente de pasión,


mentras que ti me escoitabas

depinicando unha frol,

porque eu non vise os teus ollos

que refrexaban traiciós.


Dempois que si me dixeches,

en proba de teu amor

décheme un caraveliño

que gardín no corazón.


¡Negro caravel maldito,

que me fireu de dolor!

Mais a pasar polo río,

¡o caravel afondou!...


Tan bo camiño ti leves

como o caravel levou.

sábado, 25 de febreiro de 2023

Quinta parte de “¡Pra a Habana!”, de Follas Novas, na voz de Carmen Seoane Liste

 

Quinta parte de “¡Pra a Habana!”, de Follas Novas, na voz de Carmen Seoane Liste (49 anos), nai de Samuel Grela Seoane (3º ESO B). Día de Rosalía 2023 no CPI Viaño Pequeno. 

#cumpriuseaxustiza #_rdc_23 @aelg @CasadeRosalia 

 ¡Pra a Habana! 

Éste vaise i aquél vaise, 

e todos, todos se van. 

Galicia, sin homes quedas 

que te poidan traballar. 

Tes, en cambio, orfos e orfas 

e campos de soledad, 

e nais que non teñen fillos 

e fillos que non tén pais. 

E tes corazóns que sufren 

longas ausencias mortás, 

viudas de vivos e mortos 

que ninguén consolará.

Fragmentos de “Cantarte hei, Galicia...” na voz de Samuel Grela Seoane

 

Fragmentos de “Cantarte hei, Galicia...” na voz de Samuel Grela Seoane (3º ESO B). Día de Rosalía 2023 no CPI Viaño Pequeno.

#cumpriuseaxustiza #_rdc_23 @aelg @CasadeRosalia 

“Cantarte hei, Galicia...” 

Cantarte hei, Galicia, 

na lengua gallega, 

consolo dos males, 

alivio das penas. 

[…] 

Cal ela, ningunha 

tan doce que cante 

soidades amargas, 

sospiros amantes, 

 

misterios da tarde, 

murmuxos da noite: 

Cantarte hei, Galicia, 

na beira das fontes.

mércores, 22 de febreiro de 2023

Book tráiler (LIX): Tres segundos na zona, de Xabier López. Realizado por Ariadna Hernández Bautis

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Tres segundos na zona, de Xabier López, con ilustracións de Michel Casado (Oqueleo, 2022). Realización youtubeira: Ariadna Hernández Bautis, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LVIII): A vaca caníbal, de Marilar Aleixandre. Realizado por Mateo Rey Pena

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A vaca caníbal, de Marilar Aleixandre (col. Árbore. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Mateo Rey Pena, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (LVII): Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras. Realizado por Román Varela Baleato

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2014). Realización youtubeira: Román Varela Baleato, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LVI): A vaca caníbal, de Marilar Aleixandre. Realizado por Nicolás Marzoa Sendón

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A vaca caníbal, de Marilar Aleixandre (col. Árbore. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Nicolás Marzoa Sendón, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LV): Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo. Realizado por Nerea Sánchez Castro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2000). Realización youtubeira: Nerea Sánchez Castro, 3º ESO B, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

xoves, 16 de febreiro de 2023

Primeira parte de “Campanas de Bastabales” na voz de Nerea Sánchez Castro

 

Primeira parte de “Campanas de Bastabales” na voz de Nerea Sánchez Castro (3º ESO). Día de Rosalía 2023 no CPI Viaño Pequeno.

#cumpriuseaxustiza #_rdc_23 @aelg @CasadeRosalia 

Campanas de Bastabales 

Campanas de Bastabales, 

cando vos oio tocar, 

mórrome de soidades

 I 

Cando vos oio tocar, 

campaniñas, campaniñas, 

sin querer torno a chorar. 

 

Cando de lonxe vos oio, 

penso que por min chamades, 

e das entrañas me doio. 

 

Dóiome de dor ferida, 

que antes tiña vida enteira 

i hoxe teño media vida. 

 

Sólo media me deixaron 

os que de aló me trouxeron, 

os que de aló me roubaron. 

 

Non me roubaron, traidores, 

¡ai!, uns amores toliños, 

¡ai!, uns toliños amores. 

 

Que os amores xa fuxiron, 

as soidades viñeron... 

De pena me consumiron.

Fragmento de “Airiños, airiños, aires” na voz de Andrés Sánchez

 

Gravación dun fragmento do poema “Airiños, airiños, aires” na voz de Andrés Sánchez (42 anos), pai de Nerea Sánchez Castro (3º ESO). Día de Rosalía 2023 no CPI Viaño Pequeno. 

#cumpriuseaxustiza #_rdc_23 @aelg @CasadeRosalia 

Airiños, airiños, aires 

Airiños, airiños, aires, 

airiños da miña terra, 

airiños, airiños, aires, 

airiños levaime a ela. 

Sin ela vivir non podo, 

non podo vivir contenta, 

que a donde queira que vaia 

cróbeme unha sombra espesa. 

Cróbeme unha espesa nube 

tal preñada de tormentas, 

tal de soidás preñada 

que a miña vida envenena. 

Levaime, levaime, airiños, 

como unha folliña seca, 

que seca tamén me puxo 

a callentura que queima. 

[…]

“Castellanos de Castilla” nas voces de Valeria Grela Bello, súa irmá Érika e súa avoa Josefa Andreo

 

Gravación do poema “Castellanos de Castilla” nas voces de Valeria Grela Bello (3º ESO), súa irmá Érika (4º ESO) e súa avoa Josefa Andreo (57 anos). Día de Rosalía 2023 no CPI Viaño Pequeno. 

#cumpriuseaxustiza #_rdc_23 @aelg @CasadeRosalia 

Castellanos de Castilla 

Castellanos de Castilla, 

tratade ben ós galegos; 

cando van, van como rosas; 

cando vén, vén como negros

Cando foi, iba sorrindo, 

cando ven, viña morrendo; 

a luciña dos meus ollos, 

o amantiño do meu peito. 

Aquel máis que neve branco, 

aquel de dozuras cheo, 

aquel por quen eu vivía 

e sen quen vivir non quero. 

Foi a Castilla por pan 

e saramagos lle deron; 

déronlle fel por bebida,

peniñas por alimento. 

Déronlle, en fin, canto amargo 

ten a vida no seu seo… 

¡Casteláns, casteláns, 

tendes corazón de fero! 

¡Ai!, no meu corazonciño 

xa non pode haber contento, 

que está de dolor ferido, 

que está de loito cuberto. 

Morreu aquel que eu quería 

e para min non hai consolo: 

so hai para min, Castilla, 

a mala lei que che teño. 

Permita Deus, casteláns, 

casteláns que aborrezo, 

que antes os galegos morran 

que ir a pedirvos sustento. 

Pois tan mal corazón tendes, 

secos fillos do deserto, 

que se amargo pan vos gañan, 

dádesllo envolto en venero. 

Aló van, malpocadiños, 

todos de esperanzas cheos, 

e volven, ¡ai!, sen ventura 

cun caudal de desprezos. 

Van probes e tornan probes, 

van sans e tornan enfermos, 

que anque eles son como rosas, 

tratádelos como negros. 

¡Casteláns de Castela, 

tendes corazón de aceiro, 

alma coma as penas dura, 

e sen entrañas o peito! 

En tros de palla sentados

sen fundamentos, soberbios, 

pensas que os nosos filliños 

para servirvos naceron. 

E nunca tan torpe idea, 

tan criminal pensamento 

coubo en máis fatuas cabezas 

ni en máis fatuos sentimentos. 

Que Castela e Casteláns, 

todos nun montón, a eito, 

non valen o que unha herbiña 

destes nosos campos frescos. 

Só pezoñosas charcas 

detidas no ardente solo tes, 

Castela, que humedezan 

eses teus labios sedentos. 

Que o mar deixoute esquecida

 e lonxe de ti correron 

as brandas augas que traen 

de plantas sen sementeiros. 

Nin árbores que dean sombra, 

nin sombra que preste alento… 

Chaira e sempre chaira, 

deserto e sempre deserto… 

Esto che tocou, coitada, 

por herdanza no universo, 

¡miserable fanfurriñeira!, 

triste herdanza foi por certo. 

En verdade non hai, Castela, 

nada coma ti tan feo, 

que aínda mellor que Castela 

valera dicir inferno. 

¿Por que aló fuches, meu ben? 

¡Nunca tal houberas feito! 

¡Trocar campiños floridos 

por tristes campos sen rego! 

¡Trocar tan claras fontiñas, 

ríos tan murmuradores 

por seco polbo que nunca 

mollan as bágoas do ceo! 

Mais, ¡ai!, de onda min te fuches 

sen dó do meu sentimento, 

e aló a vida che quitaron, 

aló a mortiña che deron. 

Morriches, meu queridiño, 

e para min non hai consolo, 

que onde antes te vía, 

agora, xa solo unha tomba vexo. 

Triste como a mesma noite, 

farto de dolor o peito, 

pídolle a Deus que me mate, 

porque xa vivir non quero. 

Mais en tanto non me mata, 

casteláns que aborrezo, 

hei, para vergonza, 

heivos de cantar xemendo:  

¡Castellanos de Castilla 

Tratade ben ôs gallegos; 

Cando van, van como rosas 

Cando vên, vên como negros!

“Adios ríos, adios fontes” nas voces de Izan Bello e Stefan Grela

 

Valeria Grela Bello (3º ESO) achéganos a gravación de “Adios ríos, adios fontes” nas voces de Izan Bello e Stefan Grela (8 anos), que cursan 3º de Primaria. CPI Viaño Pequeno. 
 
#cumpriuseaxustiza #_rdc_23 @aelg @CasadeRosalia 
 
Adios ríos, adios fontes    
 
Adios rios, adios fontes,  
Adios regatos pequenos,  
Adios vista dos meus ollos  
Non sei cando nos veremos.         
 
Miña terra, miña terra,  
Terra donde m' eu criey,  
Ortiña que quero tanto,  
Figueiriñas que prantey.         
 
Prados, rios, arboredas,  
Pinares que move ó vento,  
Paxariños piadores,  
Casiña d' o meu contento.         
 
Muhiño d' os castañares,  
Noites craras de luar,  
Campaniñas trimbadoras  
D' a igrexiña dó lugar.         
 
Amoriñas d' ás silveiras  
Qu' eu lle dab' ó meu amor,  
Camiñiños antr' ó millo,  
Adios para sempr' adios!         
 
Adios groria! adios contento!  
Deixo á casa onde nacin,  
Deixo á aldea que conoço,  
Por un mundo que non vin!         
 
Deixo amigos por estraños,  
Deixo á veiga p' olo mar,  
Deixo, en fin, canto ben quero...  
¡Que pudera non deixar!...   
. . . . . . . . . . . . . . . . . .       
 
Mais son prob' e mal pecado,  
A miña terra n' é miña,  
Qu' hastra lle dán de prestado  
A veira por que camiña  
O que naceu desdichado.         
 
Téñovos pois que deixar,  
Hortiña que tanto amei,  
Fogueiriña dó meu lár,  
Arboriños que prantei,  
Fontiña do cabañar.         
 
Adios, adios que me vou,  
Herbiñas do camposanto,  
Donde meu pay s' enterrou,  
Herbiñas que biquey tanto,  
Terriña que vos criou.         
 
Adios tamén, queridiña...  
Adios por sempre quizais!...  
Dígoch' este adios chorando  
Desd' á veiriña do mar.  
 
Non m' olvides, queridiña,  
Si morro de soidás...  
Tantas legoas mar adentro...  
¡Miña casiña! meu lar!

Roteiro Rosalía de Castro “De Padrón polos Camiños”, saída didáctica de 2º e 3º da ESO


O próximo día 23 de febreiro celébrase o “Día de Rosalía de Castro”, na data do seu nacemento (ata hai ben pouco tiña o lugar o 24 e así figura aínda en moitos libros, mais novos achados documentais demostraron que nacera o día 23).

Como xa falamos nas aulas o artigo “Matinando arredor de Rosalía”, escrito por Xosé Pumar Gándara e que se pode ler nesta ligazón, afirma que: “María Francisca Martínez, fiel serventa da nai de Rosalía, que fixo de madriña no bautizo da nena, era natural da aldea de Raíndo, na parroquia de San Xoán de Campo, no Concello de Trazo”, a escasa distancia do actual CPI Viaño Pequeno.

Adiantándonos ás actividades que faremos no centro nesta data, este xoves 16 de febreiro, tivemos unha saída didáctica de 2º e 3º da ESO para realizar unha parte significativa do Roteiro Rosalía de Castro “De Padrón polos Camiños”, ben guiados polo especialista en Rosalía e en historia da arte, ademais de escritor, Manuel Lorenzo Baleirón.

Percorremos nunha andaina levadeira (non houbo moita queixa) os seguintes lugares: Estatua de Rosalía, Casa na Rúa do Sol, Cemiterio de Adina e Casa-Museo de Rosalía, coñecendo diversos aspectos da súa biografía e da súa obra literaria, mais tamén do seu home o historiador Manuel Murguía e dos seus fillos, sobre todo de Ovidio, que foi un recoñecido pintor na súa época, e de Alejandra que foi excelente no debuxo antes de o abandonar para coidar da súa nai enferma.

A primeira das dúas imaxes que acompañamos testemuña a nosa presenza no cuarto onde finou Rosalía de Castro e onde pronunciou as súas célebres palabras “Abride a fiestra, que quero ver o mar”, cando aínda o Ulla era navegable e desde alí podían ollarse as velas dos galeóns.

E na segunda os grupos de 2º e 3º da ESO aparecen diante da Casa-Museo de Rosalía, acompañados polo escritor Anxo Angueira, actual presidente da Fundación Rosalía de Castro, que casualmente se atopaba na casa preparando as actividades dos próximos días e que nos saudou.




martes, 14 de febreiro de 2023

Book tráiler (LIV): A galera de Xelmírez, de Xabier Paz. Realizado por Jorge Lavandeira Vilares

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A galera de Xelmírez, de Xabier Paz (col. Narrativa. Xerais, 2015). Realización youtubeira: Jorge Lavandeira Vilares, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LIII): O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Realizado por Lidia González Rey

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Tradución de Carlos Casares (col. Árbore. Galaxia, 2013). Realización youtubeira: Lidia González Rey, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

luns, 13 de febreiro de 2023

Book tráiler (LII): O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Realizado por Diego Vásquez Fernández

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Tradución de Carlos Casares (col. Árbore. Galaxia, 2013). Realización youtubeira: Diego Vásquez Fernández, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LI): O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Realizado por Carla Caramés Rivas

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Principiño, de Antoine de Saint-Exupèry. Tradución de Carlos Casares (col. Árbore. Galaxia, 2013). Realización youtubeira: Carla Caramés Rivas, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (L): A casa do medo, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Lucía Rey Martínez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A casa do medo, de Agustín Fernández Paz (col. Periscopio. Rodeira - Edebé, 2016). Realización youtubeira: Lucía Rey Martínez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XLIX): Lúa de Senegal, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Sofía Dafonte Pazos

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Lúa de Senegal, de Agustín Fernández Paz, con ilustracións de Marina Seoane (col. Sopa de Libros. Xerais, 2009). Realización youtubeira: Sofía Dafonte Pazos, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

xoves, 9 de febreiro de 2023

Book tráiler (XLVIII): Exogamia 0.3, de Ramón Caride. Realizado por Laura Noya Sánchez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro de relatos Exogamia 0.3, de Ramón Caride (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2011). Realización youtubeira: Laura Noya Sánchez, 3º ESO B, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Andel de Libros (XXII): Exogamia 0.3, de Ramón Caride

 


Exogamia0.3. Ramón Caride. Xerais

Estes contos gustáronme bastante, algúns máis que outros. Algúns eran moi fáciles de ler, pero outros custoume comprendelos a pesar de que tiñan un vocabulario bastante fácil de entender. Ao seren varios relatos nun só volume, é algo difícil de comprender, pero vale a pena ler este libro. Estes contos pretenden transmitir cousas importantes e necesarias como o problema da contaminación mundial...

O título do libro non entendo moi ben de onde vén, polo tanto non sei dicir se é axeitado ou non. Aínda así, se llo tiver que cambiar poríalle “Relatos variados” porque non se me ocorre outra cousa.

O meu personaxe favorito foi o comisario Duarte, que atendeu á muller que perdera a filla no relato “Mnemotécnica”. É o meu personaxe favorito polo ben que comprende a Lucía e pola calma coa que lle explica todo o sucedido coa súa filla.

Non lle cambiaría o final a ningún dos contos, paréceme que todos son axeitados.

Laura Noya Sánchez (3º ESO B)

 

martes, 7 de febreiro de 2023

Andel de Libros (XXI): Chamábase Luís, de Marina Mayoral

 


Chamábase Luís. Marina Mayoral. Xerais

Esta obra de Marina Mayoral, trata sobre un home, Luís, o cal é drogadicto, debido a iso nin el nin ningún dos personaxes teñen unha vida fácil e no libro cóntase que é unha carga para todos os do seu círculo. 

Nesta lectura podemos empatizar con todos os personaxes, porque ten varios puntos de vista da historia principal e isto axúdanos a que nos interese máis a narración e poder entender a situación e o papel de cada un. 

Falando da miña opinión persoal, a min gustoume moito este libro. A forma na que está estruturado e narrado fixo que a historia me atrapase e desta forma incitarme a seguir lendo para saber como transcorre a historia. 

Creo que os personaxes ademais de ser para min o mellor do libro, están moi logrados debido ao realismo que destaca neles e iso fai que te poñas nas súas situacións de forma inconsciente. 

Xa postos a falar dos personaxes contarei un breve resume dos que a min me parecen máis relevantes e a miña forma de velos e interpretalos.

Rosa é a nai de catro fillos, entre eles Luís e ela é a representación do inxusta que pode chegar a ser a vida e a desproporción entre o que un dá e o que recibe.

Alberte, un dos irmáns de Luís, representa a ideoloxía de que se non miras por ti ninguén máis o fará.

Luís simplemente é un home sen remedio, vese nel que quen non coida de si mesmo non vai coidar dos demais. El é unha carga para os que o rodean, aínda que no fondo sexa unha persoa de bo corazón, e aí é onde se ve que, para os ollos dos demais o importante non é o interior, se non o que se dá a mostrar.

Finalizando a valoración persoal engado que é moi fácil de ler porque se le moi rápido e ten un vocabulario que se entende á perfección e por todo iso recoméndoo moito.

Victoria Domínguez Marinho (3º ESO A)

 

Andel de Libros (XX): Memoria do silencio, de Eva Mejuto

 


Memoria do silencio. Eva Mejuto. Xerais

Este libro trata un tema moi interesante, dunha maneira diferente e entretida xa que non se fai nada pesado contar a mesma historia dende tres puntos de vista diferentes. Normalmente, cando se cruzan tres historias, son difíciles de entender, mais neste libro non foi así.

O meu personaxe favorito foi Lola, porque é moi valente e arríscase por algo que non é no seu beneficio. Ademais diso, esta historia foi baseada en feitos reais. As tres irmás existiron na realidade, e a rede na que colaboraron tamén. Esta rede salvou a máis de 500 persoas do Holocausto.

O final sorprendeume moito e encantoume, non llo cambiaría para nada. O título tampouco llo cambiaría, paréceme totalmente axeitado xa que concorda coa historia totalmente.  

Resultoume moi fácil de ler e paréceme que ten un vocabulario sinxelo xa que non usa palabras pouco comúns para contar a historia.

Laura Noya Sánchez (3º ESO B)

 

Book tráiler (XLVII): Memoria do silencio, de Eva Mejuto. Realizado por Laura Noya Sánchez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Memoria do silencio, de Eva Mejuto (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2019). Realización youtubeira: Laura Noya Sánchez, 3º ESO B, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

 

Book tráiler (XLVI): Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo. Realizado por Samuel Grela Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2000). Realización youtubeira: Samuel Grela Seoane, 3º ESO B, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XLV): Tonecho de Rebordechao, de Breogán Riveiro. Realizado por Diego Vásquez Fernández

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Tonecho de Rebordechao, de Breogán Riveiro (col. Árbore. Galaxia, 2014). Realización youtubeira: Diego Vásquez Fernández, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)