Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 3 de febreiro de 2021

Balda de Libros (XVI): Trescatorcedezaseis, de Rocío Leira



Trescatorcedezaseis. Rocío Leira. Xerais

A min este libro non me gustou moito porque no nó paréceme que se envolvese demasiado e non se entende moi ben o que quere dicir o libro. O principio e o final a verdade e que os comprendín ben pero como ten ese problema no medio non me acaba de convencer de todo. 

O bo desta narración é que se aprende moito sobre temas relacionados coas matemáticas, ademais a min encántanme as matemáticas. 

Eu ao libro engadiríalle máis personaxes porque me parece que ten poucos, pero cos poucos personaxes que tiña o libro a autora amañouse bastante ben. 

O final non me tivo intriga xa que empecei a sospeitar de Silvia desde os primeiros capítulos do libro e non cambiei en ningún momento a miña intuición, debido as poucas personaxes que había. O desenlace non o cambiaría paréceme bo pero o nó cambiaríao por completo para entendelo mellor. 

O libro usa algúns tecnicismos pero dentro de que cabe non me parece que teña un vocabulario demasiado complexo, tampouco o ten moi doado. 

Ana Señarís Veiras (3º ESO)

martes, 2 de febreiro de 2021

Book tráiler (XLVIII): Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas. Realizado por Aitana Noya Santos

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2014). Realización youtubeira: Aitana Noya Santos, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XLVII): Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure. Realizado por Antía Bello Liñares

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure, con ilustracións de Fernando Martín Godoy. Tradución de Ignacio Chao. (col. Sopa de Libros. Xerais, 2003). Realización youtubeira: Antía Bello Liñares, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



luns, 1 de febreiro de 2021

Book tráiler (XLVI): Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas. Realizado por Laura Noya Sánchez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2014). Realización youtubeira: Laura Noya Sánchez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XLV): Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas. Realizado por Uxía Beiras Rivas

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas (col. Biblioteca Neira Vilas. Galaxia, 2016). Realización youtubeira: Uxía Beiras Rivas, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)