Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 13 de marzo de 2018

Conta de Libros (XXVII): Eu e os meus colegas, de Aidan Macfarlane e Ann McPherson




O momento que máis me gustou foi cando Steven foi ao supermercado a comprar as 6 botellas de vodka que lle obrigara o seu amigo Tony, porque el ía comprar cervexas. El colleu as botellas de vodka, para que non llas vira súa nai no carro, colleu 25 paquetes de patacas fritas e púxoas encima.

Outro momento que me gustou, foi cando Jerry e David foron a comisaría porque estaban facendo o parvo deitados na estrada, e a policía lle colleu a Jerry o seu paquetiño con follas. 

O libro interesoume moito, porque me gustou o tema do que ía a historia e de todas as parvadas que facían os rapaces. 

A lingua é sinxela e o vocabulario é fácil de entender, porque o libro lese ben e de moi boa gana.

Recomendaríalle este libro á xente, porque pásalo moi ben lendo nel, e a lingua non ten dificultades. É moi gracioso e real. Identifícome moito con el. Estou de acordo coa maioría dos rapaces.

Lydia Rey Varela (3º ESO)

Conta de Libros (XXVI): Salitre, de Jaureguizar



O libro gustoume moito, e pareceume moi bo de ler. O momento máis importante foi cando o teléfono soaba e o pai de Eduardo lle dicía que o collese, pero el non lle facía caso, porque tiña moitas ganas de ir ver a súa moza ao hospital. Seu pai dicíalle que o collese, que era a súa nai.

Gustaríame saber que pasaba despois, que quedaran falando, ou que se vían algúns días. Só cambiaría o final, que acabara doutra forma.

Tamén me gustou cando ía Eduardo e Paula pola rúa ás 4 da mañá, e a Paula lle acordou a táboa de surf, e quixo ir á tenda do Hanif (o seu profesor de surf) a comprala. Eduardo cabreouse e díxolle que non eran horas para ir comprala pero ela coma sempre non lle fixo caso e comprouna, pero claro quería ir ás 4 da mañaáa praia para estreala, e Eduardo aínda se enfadou máis con ela porque quería levar a táboa na moto, e finalmente púxose a facer surf as tantas da noite.

O tema pareceume moi interesante e entretido.

Lydia Rey Varela (3º ESO)

Conta de Libros (XXV): Noite de voraces sombras, de Agustín Fernandez Paz




Este libro pareceume moi interesante porque móvese dentro de moitos ámbitos como pode ser o misterio cando Sara descubriu os papeis no armario, o terror coa presenza dese fantasma que a deixaba con moito medo, o amor cando lle comeza a gustar Daniel e un día el acompañaa á casa e alí danse un bico e as aventuras cando súa nai a leva á illa de San Simón onde descobre o anel que seu tío Moncho lle ía a dar a Sara (súa namorada). 

Tamén é interesante porque nos amosa os acontecementos da guerra civil e como estaban de mal en Galicia e en España polo cal seu tío Moncho estaba preso no cárcere e a súa namorada tivera que marchar para Arxentina co fin de que non a metesen no cárcere coma Moncho ou de que a matasen. 

É unha novela recomendable porque como trata de moitos temas algún sempre che vai a gustar e a parte é unha obra que é doada de ler e está moi ben escrita.

Paula Lema Domínguez (3º ESO)

Conta de Libros (XXIV): Trampa de luz, de Agustín Agra




O momento máis importante para min é cando Irene se dá conta do que está a ocorrer e tamén cando lle contan a morte dos gatos á amiga de Irene porque gústame como describe a situación que ocorre na escena.

Para min este é o momento que máis intriga dá de toda a historia e tes ganas de saber que vai ocorrer pero polo resto nada hai máis interesante.

Opino que este libro non me gustou nada, porque o final non o entendo nada, eu cambiaríalle todo o final e poñería algunhas mortes sanguentas e estrañas de persoas, porque creo que iso faría o libro moito máis interesante e emocionante e metería máis intriga.

A lingua polo xeral é fácil de entender pero hai algunha palabra ao comezo do libro que é un pouco difícil de entender pero polo resto enténdese fácil. 

Eu non recomendaría este libro a rapaces e rapazas menores de 16 anos porque creo que non comprenderían nada a historia e non lles gustaría nada e pasaríalles coma min.

Jennifer Parente Pena (3º ESO)

A verdade non me gustou nada, porque non entendín case nada o que contaba. Incluso do final non pillei moito. Para min foi moi díficil de entender, incluso tiven que o ler unhas cantas veces para pillar o sentido. 

Foi un pouco estilo clásico e fantasioso. O final, ou se cadra non o entendín ben, foi un pouco interesante. Talvez o único que me chamaba a atención, porque foi algo chochante, era que no principio dicía que as páxinas que vía Irene que estaban en branco e despois estaban escritas pero relatando en forma lírica o sucedido e que ocurria durantes esas semanas. 

E do final non sei que cambiar porque non sei que acontece coa rapaza. Debería escoller outro libro, non o recomendo para nada. O autor escribía de unha maneira moi culta e algunhas veces misteriosa, para min as veces que o pillaba, nalgunhas partes estaba algo interesante.

En definitiva, a min non me vai moito este libro porque foi díficil de comprender.

Eduarda Andrade Marinho (3º ESO)

Conta de Libros (XXIII): Cartas a Lelo, de Xosé Neira Vilas




Para min o momento máis importante é cando Toño e Tamboril descobren os sacos de cebolas porque aí móstrase a agudeza e a responsabilidade de ambos e é un momento moi divertido e entretido.                                                                                                                                                 

Ten un final claro pero un pouco aburrido pois non ocorre nada de gran importancia simplemente Lelo marcha vivir a Montevideo, eu engadiríalle algo que deixara ao público esperando por un seguinte libro como ocorre en Memorias dun neno labrego.

O desenvolvemento é axeitado pois non é nada rápido pero tampouco se queda curto.

A linguaxe é un pouco complexa pois conta con moitas palabras relacionadas coa agricultura que actualmente non se utilizan.

En xeral creo que é interesante e que mostra moi ben a dura pero divertida vida dos rapaces nos anos sesenta é por iso que recomendo este relato a todo o público pero en especial ás persoas interesadas no mundo labrego.

Alba López González (4º ESO)

Conta de Libros (XXII): Os dous de sempre, de Castelao




Para min este libro foi dos mellores que lin porque é unha novela que che ensina como é a vida sen rodeos. A vida de dous protagonistas tan diferentes como o día e a noite. Conta dúas vidas dende diferentes perspectivas na que a emigración é o máis importante aínda que neste caso foi sen éxito ningún. pero eles a pesar de todas as complicacións intentárono sempre. 

O mellor personaxe sen dúbida é Rañolas porque loitou para ser feliz e ter cartos sen ningunha oportunidade, neste caso non o conseguiu pero fixo moitos méritos propios.

Recomendaríallo a toda a xente e sobre todo a xente nova para que saiba o que pasaron fai algúns anos a xente maior e as durezas que tiveron que pasar e que aínda así nalgúns casos sen recompensa.

Cambiaríalle o final para que os dous protagonistas sexan felices e ricos porque neste caso loitaron para selo.

É un libro moi doado de ler, aínda que ten algunhas palabras que son difíciles pero polo xeral e de lectura moi fácil.

Brais Bouzas Leis (4º ESO)



Conta de Libros (XXI): Romasanta. Memorias incertas do home lobo, de Alfredo Conde




O momento máis importante para min é cando Romasanta vai para o xulgado, porque non se sabe se o van a condenar a morte ou se o van deixar en liberdade. Tamén me gustou cando Bárbara e Manuela empezaron a sospeitar de Romasanta porque parecía que o ían a decubrir.

Para min é un libro interesante e entretido porque o conta todo de maneira que fai que se vexa moi real, aínda que ao principio me parecía aburrido. O cambio que lle faría sería que en vez de matar a Manuela nese momento, que esperase un pouco máis, para así darlle máis misterio á historia, xa que, ese momento me pareceu previsible. 

O personaxe máis interesante para min é Romasanta porque é o máis misterioso e nunca se pode saber o que vai facer en cada momento.

Na miña opinión o final é axeitado, só que sería mellor que deixasen a  Romasanta libre ou que houbese unha historia de amor entre Bárbara e Romasanta. Ten unha lingua fácil de entender e lese bastante rápido.

Anabel Dafonte Iglesias (4º ESO)

Conta de Libros (XX): O porco de pé, de Vicente Risco



Para min é o libro máis difícil que lin ata agora. Aparentemente parece un libro atractivo para ler porque nin é moi grande nin parece difícil, pero as aparencias enganan ás veces. Eu, persoalmente, lin outras obras de Vicente Risco para facer traballos para o colexio e cousas así polo estilo, pero este foi o máis enrabechado que encontrei ata o de agora. 
Resúltame moi difícil entendelo e tamén de resumilo. Emprega vocabulario normal, fácil de ler, pero dálle moitas voltas ás cousas, e entón resúltame moi complicado. 
Se me propuxesen a súa lectura de novo, podendo escoller outro calquera, posiblemente non acabase escollendo este, porque realmente deille bastantes voltas para entender algunha que outra páxina. 
Recomendaríalle ler este libro a quen lle guste moito ler, ou tamén, ás persoas que lles guste as historias de xente que evoluciona: que están mal nun principio, son pobres, e que ao final acaban triunfando.
Samuel Vieites Abelenda (4º ESO)