Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 10 de xuño de 2020

Book tráiler (LXIX): "Fred Quincalla, o nómade do mar", de Teresa González Costa. Realizado por Marcos Miramontes Otero



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Fred Quincalla, o nómade do mar, de Teresa González Costa, con ilustracións de Marina Seoane (col. Sopa de Libros. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Marcos Miramontes Otero, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



martes, 9 de xuño de 2020

Book tráiler (LXVIII): "Cartas de inverno", de Agustín Fernández Paz. Realizado por Valeria Vásquez Fernández



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, o Book tráiler da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz (col. Fóra de Xogo, Xerais, 1995, 1ª ed). Realización youtubeira: Valeria Vásquez Fernández, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (LXVII): "Fred Quincalla, o nómade do mar", de Teresa González Costa. Realizado por Lúa Edreira Martínez



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela FredQuincalla, o nómade do mar, de Teresa González Costa, con ilustracións de Marina Seoane (col. Sopa de Libros. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Lúa Edreira Martínez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



luns, 8 de xuño de 2020

Conta de Libros (XXXVI): Trescatorcedezaseis, de Rocío Leira Castro



Trescatorcedezaseis. Rocío Leira Castro. Xerais

Este libro encantoume engancha moito porque queres saber xa quen é o asesino.

É moi intrigante e interesante, o final déixate alucinado, non pensas que vai pasar iso. Ao principio non te decatas de nada porque hai moitos nomes e non sabes quen son e tampouco sabes que vai ocurrer. Pero cando les un pouco máis xa sabes de que vai e como se chaman cada personaxe.

O meu momento máis especial é o final porque é moi chocante, non pensabas que ía pasar iso. Cando acabas o libro entendes moitas cousas sobre as primeiras páxinas.

O meu personaxe favorito é Silvia porque é moi lista e moi astuta e porque é moi sorprendente o que fai pola súa familia.

O final encantoume porque non esperaba ese desenlace é moi sorprendente.

O libro é moi intrigante e sorprendente, por iso eu recomendo a lectura.

Nerea González Rey (3° B)

O momento que me pareceu máis importante é cando Silvia conta toda a súa idea e todo o que amañou para poder vingarse de Benavides, polo que lle fixo ao seu pai, porque non me esperaba que fose ela a asasina e porque demostrou ser a máis intelixente de todos, conseguiu vingarse de seu pai e darlle unha lección a Benavides por querer ser o centro de atención de todos a costa do esforzo dos demais.

A min paréceme un tema interesante e entretido porque se le rápido e porque é un tema que engancha, ademais intrigábame saber que é o seguinte que ía facer o asasino e porque o pai de Silvia se atopaba así mais quen era o asasino e a relación que tiña con Benavides.

Non faria ningún cambio porque o libro é intrigante e engancha moito, paréceme que está ben como está. Non cambiaria o final porque a min gústame como conta Silvia todo o seu plan e como conseguiu vingarse. A lingua pareceume fácil de entender porque o vocabulario é sinxelo e lese rápido. 

Gloria Bello Fraga (3º ESO)

Este libro é un relato moi bo para todos os lectores aos que lles guste o misterio, porque hai que ir resolvendo o ritmo do libro para descubrir o misterioso asasino, iso dálle curiosidade a esta narración.  

Falando dos personaxes, tamén podemos ver curiosidade neles, por exemplo, Silvia de entrada no libro que parece unha aliada pero en realidade xa se viu que era moi intelixente, tíñao todo controlado e planeado para a súa vinganza contra o profesor, como dixen paréceme unha persoaxe bastante intelixente e ao mesmo tempo coa suficiente frialdade como para cometer eses crimes como se nada.

Pola contra Benavides, o profesor, este personaxe, ten a súa imaxe de loitador porque loita e loita en buscar o asasino sen parada, pero isto facíao para ser un heroe, parece un busca famas, e deixado este carisma de policía, Benavides fora o que lle roubara a gran idea ao pai de Silvia, o cal non puido facer xustiza pola seu problema de saúde mental.

O pai de Silvia, este personaxe está cheo de rabia pese a ter enfermidade da cabeza, unha rabia que ten con razón todo hai dicilo.

Eu recomendo este relato polo misterio e curiosidade que conten nel.

Daniel Martínez Calvo (3º ESO)

Esta novela gustoume moito pero non me esperaba que Silvia fora a asasina, porque eu pensaba que o axudaba para ganar algo, por iso non me esperaba que fora ela.

O momento máis importante pareceume cando os policías arrestan a Benavides, e Silvai declara para metelo no cárcere. O que menos me gustou foi que Silvia fora a asasina.

Cambiaría o final para que Silvia lle fixera un trato a Benavides, para que o seu pai recibira os méritos do que fixo aínda que non o recordara pola enfermidade.

Silvia pareceume unha rapaza pensadora, moi lista e moi boa matemática. Benavides pareceume que non debía facerlle caso ao correo que lle mandaron, e non debía apoderarse dos méritos que non merecía por iso paréceme que merece ir ao cárcere aínda que non matara os rapaces.

Recoméndoo porque un libro moi interesante, cando empezas ata que acabas non podes paralo de ler ou polo menos a min pasoume iso.

David Louro Rey (3º ESO)

Este libro gustoume moitísimo, pareceume un relato moi chulo e interesante, é un libro moi facil de ler, e que engancha moito. Ao principio non se sabe moi ben de que trata, se vai ser todo o tempo así, nin sequera quen son os personaxes pero logo de ler 2 ou 3 capítulos xa se entende mellor e lese moi rápido.

O momento máis importante do libro paréceme que é cando Silvia conta a historia de seu pai con Benavides, e cando levan detido a Benavides, por atopar imaxes de cadáveres no seu despacho.

O meu personaxe favorito era Silvia porque era moi lista e rápida pensando, para que Benavides non a pillara.

O final encantoume, tan só cambiaría unha cousa e é que Benavides ao final case lle dera tempo de saber quen era o asasino pero non lle dera tempo, e aínda que el dixese que el non era, pois que ninguén o crese e fose ao cárcere, e que un día Silvia fose visitalo e que lle dixese que fora ela, para vingarse polo de seu pai. 

Recomendaría este libro a todo o mundo porque é moi chulo. 

Pablo Couselo Noya (3º ESO)

O libro gustoume bastante porque ten unha historia entretida e causa moita intriga e interese. O máis emocionante é cando loitan por saber o misterio que ocultan os cadáveres. Como cando se dan conta de que un cadáver está colocado na postura do Home de Vitruvio, e con iso saben que ao asasino lle gustan as matemáticas.

O momento máis importante do libro foi cando descubriron a primeira pista, porque a pesar do que tardaron, non se renderon e seguiron adiante. Fíxoseme un pouco aburrido no momento no que hai descricións moi longas pero gustoume como usan as matemáticas no libro.

Non lle faría ningún cambio porque todo o que ocorre está xustificado na historia do libro. O final da novela foi inesperado porque non pensei que o asasino fose o profesor e sorprendeume. 

A lingua do libro é moi sinxela xa que non ten moitas palabras difíciles nin malas de entender prestando atención ao contexto.

Adrián Gándara Reboredo (3º B)







Book tráiler (LXVI): "Xelís, o guieiro das botellas de mar", de Rosa Aneiros. Realizado por Érika Grela Bello



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Xelís,o guieiro das botellas de mar, de Rosa Aneiros, con ilustracións de Andrés Meixide (col. Merlín. Xerais, 2019). Realización youtubeira: Érika Grela Bello, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (LXV): "Fred Quincalla, o nómade do mar", de Teresa González Costa. Realizado por Alfredo Martínez Costa



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Fred Quincalla, o nómade do mar, de Teresa González Costa, con ilustracións de Marina Seoane (col. Sopa de Libros. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Alfredo Martínez Costa, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



mércores, 3 de xuño de 2020

Book tráiler (LXIV): “Vampira de biblioteca", de Ledicia Costas. Realizado por Román Otero Sande




Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Vampirade biblioteca, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2020). Realización youtubeira: Román Otero Sande, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



luns, 1 de xuño de 2020

Book tráiler (LXIII): "Xelís, o guieiro das botellas de mar", de Rosa Aneiros. Realizado por Brais Montaos Dubra




Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Xelís,o guieiro das botellas de mar, de Rosa Aneiros, con ilustracións de Andrés Meixide (col. Merlín. Xerais, 2019). Realización youtubeira: Brais Montaos Dubra, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)