Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 28 de febreiro de 2018

Primeira parte de “Campanas de Bastabales” na voz de María Balsa Noya (53 anos)


Primeira parte de “Campanas de Bastabales” na voz de María Balsa Noya (53 anos), nai de Daniel Balsa Balsa (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2018. #AbrideAFiestra @aelg @CasadeRosalia
Campanas de Bastabales
Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.

I
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades,
e das entrañas me doio.

Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira
i hoxe teño media vida.

Sólo media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.

Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.

Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.

“¡Follas novas!, risa dáme” nas voces de Iván Regueiro Liste e de Cristina García Regueiro (3º Primaria)



¡Follas novas!, risa dáme” nas voces de Iván Regueiro Liste e Cristina García Regueiro (3º Primaria), irmán e curmá de Damián Regueiro Liste (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2018. #AbrideAFiestra @aelg @CasadeRosalia

¡Follas novas!, risa dáme


  ¡Follas novas!, risa dáme
ese nome que levás,
cal se a unha moura ben moura
branca lle oise chamar.
Non Follas novas, ramallo
de toxos e silvas sós,
hirtas, coma as miñas penas,
feras, coma a miña dor.
Sin olido nin frescura,
bravas magoás e ferís...
¡Se na gándara brotades,
como non serés así!