Primeira
parte de “Campanas de Bastabales” na voz de María Balsa Noya (53 anos),
nai de Daniel Balsa Balsa (3º ESO). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día
de Rosalía de Castro 2018. #AbrideAFiestra
@aelg
@CasadeRosalia
Campanas de Bastabales
Campanas de Bastabales
Campanas
de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
I
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.
Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades,
e das entrañas me doio.
Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira
i hoxe teño media vida.
Sólo media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.
Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.
Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.
I
Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.
Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades,
e das entrañas me doio.
Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira
i hoxe teño media vida.
Sólo media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.
Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.
Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.
Ningún comentario:
Publicar un comentario