Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 29 de febreiro de 2024

Book tráiler (XLVII): O grupo, de An Alfaya. Realizado por Carla Caramés Rivas

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O grupo, de An Alfaya (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2019). Realización youtubeira: Carla Caramés Rivas, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Balda de Libros (XX): O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas

O corazón de Xúpiter. Ledicia Costas. Xerais

O corazón de Xúpiter é un libro escrito por Ledicia Costas, conta una historia moi interesante dende o meu punto de vista porque transmite uns valores moi importantes. Á parte diso, fala dun tema moi interesante, as redes sociais, os perfís falsos e da xente que se encontra detrás dunha pantalla.

O meu personaxe favorito é Isla, penso que é unha rapaza moi intelixente, que pensa no ben dos demais. Na novela descríbena como unha rapaza moi inocente, que pensa que todo o mundo é bo e que ninguén pode ser capaz de facer maldades adrede.

Outro dos personaxes que me atrapou foi Mar, xoga un papel crucial no desenvolvemento do relato.

Para min, os momentos máis importante do libro transcorren ao redor da amizade de dous dos personaxes, o especial do primeiro encontro así como o apoio que se transmiten mutuamente.

Eu recomendaríalle este libro a todos os adolescentes que pensan que nas redes sociais só hai xente boa e sen malas intencións, creo que apto para todas as idades. En resumo, creo que é un libro dez.

Cristina García Regueiro (3º ESO)

Balda de Libros (XIX): Unha estrela no vento, de Ledicia Costas

Unha estrela no vento. Ledicia Costas. Xerais

Unha estrela no vento é un libro escrito por Ledicia Costas, conta unha historia moi interesante, a de Miguel e a súa familia, que representa a unión que hai entre un fillo e a súa nai. Dende o meu punto de vista, esta historia transmite uns valores bastante importantes como son a confianza e a lealdade.

O meu personaxe favorito é Miguel, penso que quere moito a súa familia, ata o punto de ser capaz de dar a súa vida por eles. A parte diso, case sempre di a verdade; cando mente, faino porque pensa que lle vai facer máis dano saber a verdade que unha mentira piadosa. En contraposición, o personaxe que menos me gustou foi “O Bruto” xa que parece que non lle ensinaron modais, faille honra ao seu alcume.

Quedo con dous momentos importantes no transcurso da historia, o forte vínculo creado entre Abel e Miguel motivado, entre outras cousas, pola convivencia e, o que para min é o mais importante, o comezo dunha amizade especial entre dous dos personaxes principais.

Eu recomendo este libro a todas as persoas que lle guste a intriga, creo que apto para todas as idades.

Cristina García Regueiro (3º ESO)

Balda de Libros (XVIII): De cristal, de Silvestre Gómez Xurxo

De cristal. Silvestre Gómez Xurxo. Xerais

O rato negro”

O momento máis importante é cando o rapaz se decata da súa situación na casa, cando ve as cousas malas que fai seu pai con el mais con súa nai, porque iso é algo do que en teoría debería terse decatado hai moito.

Ten un tema intrigante xa que queres saber como vai ser a situación cando o rapaz se decate de todo o que seu pai facía mal. Ten algunha palabra difícil de entender.

O ratiño branco”

O momento máis importante do relato é cando a nena ve que a vida dos ratos do zoolóxico teñen un destino e a dela tamén, o seu futuro é ser prostituta e o do rato comido pola serpe, este é o momento máis importante porque se decata de que ese futuro o pode cambiar.

Ten unha lingua fácil de entendes aínda que algunha palabra non.

O gato negro”

O momento máis importante é cando o rapaz se dá conta de que non todo o mundo ten sorte, porque el non ten sorte de vivir nunha casa luxosa e non coñecer a todos os familiares cercanos e o gato non tivo sorte, porque foi atropelado.

Gustoume xa que me pareceu a historia mais facil de entender.

Pavo real”

O momento máis importante é cando a rapaza se dá conta de que a felicidade non depende da cantidade de cousas que teñas, porque ela tiña moitas pero debido a quebra de seus pais decatouse de que non lle fai falta moitísima roupa para ser feliz senón que co amor da familia xa é suficiente.

Gustoume xa que con este conto podes darte conta de moitas cousas.

Gulag de Galgos”

O momento máis importante é cando o rapaz adopta un galgo dos que foi abandonado, porque se deu conta de que os pobres animais non teñen que sufrir porque se fagan vellos e non vallan para o que o querían os donos.

Pareceume unha historia moi bonita e moi fácil de entender.

Laura Rodríguez Seoane (3º ESO)

Book tráiler (XLVI): A casa do medo, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Ariadna Hernández Bautis

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A casa do medo, de Agustín Fernández Paz (col. Periscopio. Rodeira - Edebé, 2016). Realización youtubeira: Ariadna Hernández Bautis, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XLV): Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Ariadna Hernández Bautis

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, con ilustracións de Antonio Seijas (col. Fóra de Xogo. Xerais, 1995, 40ª edición 2018). Realización youtubeira: Ariadna Hernández Bautis, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)