Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 19 de xuño de 2017

Unha lectura de Anagnórise, de María Victoria Moreno, autora homenaxeada nas Letras Galegas do vindeiro 2018




A Real Academia Galega (RAG) decidiu no seu plenario do pasado sábado aprobar a proposta da escritora María Victoria Moreno como autora homenaxeada nas Letras Galegas de 2018.

A ampla listaxe de lecturas do Departamento de Lingua e Literatura Galega inclúe sempre dous títulos da autora: Anágnorise e Guedellas de seda e liño. E velaquí a lecrtura que fixo do primeiro volume o noso ex-alumno Tomás Beiras Rivas, naquela altura do curso 2013-2014 alumno de 3º da ESO.


Este é un libro interesante que engancha dende o principio. Non é difícil de ler e ademais ten un vocabulario bastante sinxelo. O final é pechado, (que é como me gusta) mais este non me gustou dado que me parece que quedaría máis completo facendo que os rapaces tiveran unha historia e se contara unha pequena continuación para aclarar o que vai ser deles e se fan as paces e volven saír xuntos.

Os personaxes son redondos e e completos e moi entretidos e penso que calquera se podería identificar con algún dos personaxes dado a que as historias que lle pasan son moi comúns na vida real.

A miña parte favorita é a de cando están a punto de chocar co camión e despois lles aparece a policía e se poñen todos nerviosos por se os van a multar.

Eu recomendaríalle este libro as persoas que intenten comprender mellor á xente dado a que seguro que sacan algo da súa lectura.


Tomás Beiras Rivas (3ª ESO)

Andel de Libros (LIV): Os homes só contan até tres, de Antón Lopo




A parte que máis me gustou desta obra foi cando chega Luísa da viaxe e ve que súa irmá acababa de matar ao seu mozo e non fai nada nin a denuncia e lle axuda a cortalo en anacos para tiralo ao contedor e como se non pasara nada.

Este libro gustoume pero tampouco demasiado. Está todo moi ben pero penso que debería contar máis cousas. 

Non lle faría ningún cambio agás que igual lle metía algunha máis palla polo medio contando algunha historia que lle acontecese en vez de centrarse tanto en Nico. 

O libro é moi fácil de ler e ten un vocabulario moi fácil e ademais lese en pouco tempo xa que é teatro. Gustoume que fora un texto teatral xa que é un dos primeiros aínda que leo e non está nada mal. 

Eu recoméndoo porque  aínda que penso que o final lle dá un cambio radical ao resto da historia e nunca me esperaba algo así, pasei un bo anaco léndoo.

Fernando José Couselo Noya (4º ESO)

Andel de Libros (LIII): O incerto señor Don Hamlet, de Álvaro Cunqueiro




Gustoume este libro porque me parece bastante orixinal aínda que sexa baseado noutra historia. O momento que máis me gustou foi cando xusto ao final Hamlet lle dá a entender a Polo que a partir de ese momento xa pode entrar o vento no castelo de Elsinor, pois para min simboliza que agora, aínda que só sexa por ese momento (pois logo dá a entender que se suicida), Hamlet é Rei. 

E un momento que cambiaría do libro é cando Gerda fala con Hamlet de casar con el, pois paréceme moi desagradable (é súa propia nai), nese momento móstrase quen é en realidade esa muller: alguén que faría o que fose necesario para conseguir o que desexe, ata casar co seu fillo de sangue. 

Penso que estaría ben que nalgún momento aparecese unha escena na que aparecera o Rei Vello falando (como se fora un recordo dalgún dos personaxes). E tamén me gustaría que se lle dera máis importancia ao papel de Ofelia na obra, xa que é unha persoa coa que Hamlet ten moito que ver.

Olaya Dubra Boquete (4º ESO)