Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 29 de maio de 2023

Book tráiler (LXXXIII): Plan de rescate, de Antía Yáñez. Realizado por Sofía Dafonte Pazos

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Plan de rescate, de Antía Yáñez, con ilustracións de Xiana Teimoy (Xerais, 2020). Realización youtubeira: Sofía Dafonte Pazos, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXXXII): Tam, de Anémona de Río. Realizado por Ariadna Hernández Bautis

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da banda deseñada Tam, de Anémona de Río (Retranca Editora, 2017). Realización youtubeira: Ariadna Hernández Bautis, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (LXXXI): O Pazo Baleiro, de Xabier P. DoCampo. Realizado por Lucía Rey Martínez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O Pazo Baleiro, de Xabier P. DoCampo, con ilustracións de Xosé Cobas (col. Sopa de Libros. Xerais, 2002). Realización youtubeira: Lucía Rey Martínez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

mércores, 24 de maio de 2023

Andel de Libros (XXX): Os nenos da varíola, de María Solar



Os nenos da varíola. María Solar. Galaxia 

Este libro titulado Os nenos da varíola encantoume, xa que fala dun tema moi interesante sobre a nosa historia dunha forma discreta e para nada pesada, ao contrario faise unha lectura moi levadeira polo entretida que é a historia que nos conta María Solar. 

Aínda que foi unha época complicada pola enfermidade, xa que supuxo unha gran cantidade de mortes, paréceme que a novela soubo redactar o máis importante sobre ese tema e transformalo en forma dunha historia que calquera poida entender e desfrutar dela.

Gustoume moito como se desenvolveu a narración en xeral, pero o que realmente me enganchou ao comezo do libro foi a historia de Candela e Ezequiel. Xa que estás constantemente pendente de que se poidan reencontrar dunha vez. Cando o fan, ó final do libro, gustaríame ter visto máis contidos sobre como continuou a súa historia, e como foi ese seu reencontro, pero chegoume con saber que tiveron un merecido final.

Tamén hai outros personaxes cunha gran historia detrás, por exemplo, Clemente que aínda que é un personaxe secundario, fíxoseme moi riquiño e gustaríame que tivese un final no que acabe ben. E a outra personaxe é Isabel, unha muller digna de admirar, xa que é unha muller forte e traballadora, xa non só polo seu posto de traballo, o cal ten moito mérito, senón por todo o que facía día a día para levar adiante o hospicio.

Pareceume un libro moi fácil de ler e, repito, moi entretido. O que máis me gustou do libro foron os personaxes e o desenvolvemento da historia.

Victoria Domínguez Marinho (3º ESO A)

 

Eu penso, que o libro, aínda que pareza moi extenso e longo, se che gusta o tema da historia ou che interesan as enfermidades, ou como vivían os nenos abandonados desa época, etc…. 

Esta narración pásache rápido e lelo antes de que te decates. En canto ao vocabulario……, poderíase dicir que ten algunha que outra dificultade por palabras que se usaban nesa época e agora non, pero tendo en conta iso, diría que todos o poderíamos ler e entender perfectamente. 

Tamén é verdade que hai algunhas partes do libro en que fala de cousas que despois non teñen que ver coa historia principal, nin inflúen no desenvolvemento da historia, na miña opinión algunhas desas partes poderíase eliminar e ir máis directo á historia principal. 

En canto aos personaxes que máis me gustaron foron Isabel (porque sempre se porta ben cos nenos do hospicio e preocupase por eles e polo seu futuro) e o doutor Posse (porque quere que a xente empece a aceptar que existe unha cura para a varíola, e tamén lle dá traballo a Ezequiel, o que ningún outro máis lle daría). 

Polo resto paréceme un libro excelente, recomendado para lelo e así de paso aprender algo de historia e cultura xeral. 

Simón Varela Baleato (3º ESO B)

martes, 16 de maio de 2023

Book tráiler (LXXX): Os vellos non deben de namorarse, de Castelao. Realizado por Julio Rodríguez Picallos

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da obra Os vellos non deben de namorarse, de Castelao (col. Biblioteca Castelao. Galaxia, 2014). Realización youtubeira: Julio Rodríguez Picallos, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

luns, 15 de maio de 2023

Andel de Libros (XXIX): Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros, de Marilar Aleixandre

 


 

Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros. Marilar Aleixandre. Galaxia

Este libro gustoume bastante a pesar de ser unha historia fantástica. É unha historia que xa

lera, pero esta versión gustoume máis. Di cousas das que non me lembraba.

É un libro moi fácil de entender e ten un vocabulario comprensible e común.

Para min, o momento máis importante do libro foi cando Morxiana apuñalou o xefe dos

ladróns xa que é alí cando se fai xustiza por toda a xente á que lle roubaron e por Cassim.

A miña personaxe favorita é Morxiana xa que é moi lista e valente. E uns personaxes que

non me gustaron foron Cassim e a súa muller porque eran moi avariciosos e curiosos.

Para min o final é axeitado e non lle buscaría outro, pero o título é moi longo. Eu penso que

con poñerlle "Alí Babá" xa chegaría.

A relación da portada co título é que na portada sae Morxiana, un personaxe moi importante

ao longo do libro, e unhas moedas de ouro coma as que colle Alí Babá na cova dos ladróns.


Laura Noya Sánchez (3º ESO B)

 

Andel de Libros (XXVIII): O lobishome de Candeán, de Paula Carballeira

 


O lobishome de Candeán. Paula Carballeira. Galaxia

O libro trata do asasinato dunha rapaza chamada Elvira. Este asasinato produciuse un sabado á noite cando esta rapaza mais unha amiga chamada Silvia estaban de festa. Elvira marchou para o monte cun rapaz e non volveu á casa. Ao día seguinte atopárona morta e comesta polos lobos no monte de Candeán.

Esta novela aínda que trata un tema algo forte gustoume, xa que a autora conta a historia dunha forma que te engancha, e unha vez que comezas a ler o libro non podes parar ata acabalo.

Neste libro aparecen moitos personaxes, baixo o meu punto de vista os máis importantes son os seguintes: Elvira, xa que é a rapaza que morre asasinada; o lobishome, xa que é o protagonista, é quen mata á rapaza; o policía Manuel, xa que participou moito no arresto do lobishome, e a señora Balbina, xa que lle axudou moito ao policía Manuel coa investigación. Á parte igual que Manuel ten moitas intervencións na historia, sobre todo no desenlace.

Samuel Grela Seoane (3º ESO B)

 

Andel de Libros (XXVII): Os vellos non deben de namorarse, de Castelao


 

Os vellos non deben de namorarse. Castelao. Galaxia

A min esta obra teatral Os vellos non deben de namorarse pareceume un libro moi interesante, emocionante e divertido de ler, xa que me rin moito con algunhas escenas.

Os meus personaxes favoritos foron os tres vellos porque parecéronme moi divertidos.

O momento que me máis me gustou foi cando os tres vellos acabaron xuntándose no cemiterio para dialogar da súa vida que tiveron.

Outra escena que tamén me gustou moito foi cando o primeiro vello fala coa morte en persoa e a última escena cómica que máis me encantou foi cando no segundo lance Don Ramón enfróntase aos seus pais.

O final da peza pareceume moi axeitado e a linguaxe desta obra é moi fácil de entender.

Eu recomendaría ler este libro teatral porque con el apréndese tamén unha morea de cousas (como era a vida de antes etc…).

Jorge Lavandeira Vilares (4º ESO)

luns, 8 de maio de 2023

Book tráiler (LXXIX): Os vellos non deben de namorarse, de Castelao. Realizado por Jorge Lavandeira Vilares

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da obra Os vellos non deben de namorarse, de Castelao (col. Biblioteca Castelao. Galaxia, 2014). Realización youtubeira: Jorge Lavandeira Vilares, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

mércores, 3 de maio de 2023