Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 19 de marzo de 2018

Conta de Libros (XXXII): A banda sen futuro, de Marilar Aleixandre




Gustoume moito este libro. Para min, o momento máis importante é o comezo do namoramento entre Moncho e Carlota. Carlota, cambia totalmente de forma de pensar, e de actuar durante este acto. Pasou de agocharse e non querer ir á escola, e, moito menos relacionarse coa xente, a querer ir de moi boa gana. Mentres non lle medrara o cabelo, tiña moi claro que non ía ensinar a súa cabeza, ata que coa confianza con Moncho o fixo. 

Neste libro pódese ver que cando alguien te quere, podes chegar a facer cousas que se estiveras noutra situación non as farías. 

A min, persoalmente, gustoume moito, paréceme moi interesante. Despois o que si, de cambios faría un final novo. Por exemplo que a avoa vivise máis aínda que tivera esa enfermidade. É moi aberto e quedas coa intriga de saber o que vai pasar, aínda que o supós. 

A lingua pareceume moi fácil de entender. Do tema do escrito, hai moitas veces que faltan puntos, hai maiúsculas pero faltan os puntos (pasa varias veces ao longo do libro). 

Recomendo este libro, e sobretodo á xente que lle gusten os finais abertos ou os namoramentos. Ademais isto pásalle a unha rapaza case da nosa idade, pois está no bacharelato. E pensando un pouco, quen sabe o que pode pasar de aquí a alá? Ao mellor todo isto pódelle pasar a calquera.

Tania Villasenín Bello (3º ESO)


A min este libro gustoume moito porque trata temas que che pasan na adolescencia como ter complexos polo teu físico, no caso de Carlota rapáronlle a cabeza por un eccema e por iso acontecen todos os momentos do relato que están relacionados con iso, tanto bos como malos, porque aínda que se metesen con ela acabou saíndo con Moncho. 

Pareceume un libro moi interesante porque coa morte de Poch Carlota fala da música que se escoitaba antes e os grupos que había e  tamén ten humor por exemplo cando fala a profesora de ciencias. 

O libro conta os problemas que soe haber nas clases cos profesores como á hora de poñer as datar dos exames. 

A lingua paréceme axeitada e está ben escrito. En xeral está moi ben pero o final cambiaríao porque a min o personaxe da avoa gustábame moito porque entendía a Carlota cando ninguén máis o facía. 

Eu recomendaría este libro porque empatizas con Carlota e entendes o complicado que é ir á clase cunha enfermidade coma esa.

Paula Lema Domínguez (3º ESO)

A min este libro gustoume moito. A trama era boa, e a autora parece que se puxera na pel da protagonista, xa que para min contou moi ben as cousas que lle pasaban a Carlota dende o seu punto de vista. 

Gustoume que falara dos prexuízos e dos problemas dos adolescentes, e tamén fala dunha enfermidade coa que hai que raparse o pelo, e como loita contra ela. 

Ademais este relato é moi doado de ler, xa que a lingua é moi fácil de entender, porque o vocabulario non é nada enrevesado. 

O máis importante para min, é cando Carlota lle conta iso da Banda sen Futuro a Moncho, xa que con iso el namorouse da protagonista. 

Recomendo esta lectura xa que empezas a poñerte na pel de Carlota e pensas como sería ter unha enfermidade deste tipo. Ademais esta escritora encántame como escribe e como se mete na cabeza dos personaxes, e escribes contos moi raros e a min encántanme este tipo de libros, aínda que este relato é un dos máis normais que lin desta escritoras.  

María Gigirey Iglesias (3º ESO)

Conta de Libros (XXXI): A pomba e o Degolado, de Fina Casalderrey




A min gustoume moito este libro porque fala de animais e ao mesmo tempo fala da vida dunha persoa que seus pais se separaron, ela non o entende ao principio porque non lle explican pero despois cando lle dixeron o porqué xa o entendeu. Esa parte da obra é o momento máis entretido de todo o libro.

Para min o momento máis importante do libro é cando lle morre o avó porque ela ao vivir cos seus avós estaba moi unida a el e cando morreu estaba moi triste.

Os personaxes máis importantes son Degolado e o avó porque son os que máis se mostraban no libro e os que máis participaban. 

Eu cambiaríalle unha soa cousa do libro que el cando está mal pois fala cunha rapaza a través da internet que non lle axuda con nada, só o entristece máis. 

Recomendaría este libro porque ten unha lingua moi fácil de entender e ademais é moi entretido de ler porque ocorre un pouco de todo e ademais a quen lle gustan os animais fala de aves e hai unha historia moi divertida no libro cun paxaro.

Vannia Antelo Iglesias (3º ESO)

Conta de Libros (XXX): O centro do labirinto, de Agustín Fernández Paz






O momento máis importante é cando atopa a David, pois é o final e onde se descobre quen é realmente o asasino dos membros do G-12. Por outra banda, o tema é de interese, misterio e de reflexión tamén. 

Non faría ningún cambio, faiche reflexionar sobre moitas cousas, como por exemplo, o sentido da vida, quen somos, porque estamos no mundo, a onde imos chegar, quen imos ser ou como se vai destruír o universo. 

Eu, paseino mal lendo este libro, e non porque non me gustara, que me gustou moito, senón porque faite reflexionar ata o punto de que che dan calofríos e te pos pálida, ou polo menos a min, pasoume.

Ten un vocabulario bastante sinxelo, aínda que faltoume unha cousa: Sempre dicían que David falaba o euroinglés, porén, no libro escribíano en galego, gustaríame moito máis que fixeran intervencións de David con Brenda ou de Sara con Walter falando ese idioma tan raro e moderno. 

Entón, se queredes reflexionar sobre o sentido da vida, se queredes facervos unha idea de como será o mundo nuns anos, lédeo, 100% RECOMENDADO!

Uxía Iglesias Vázquez (3º ESO)

Conta de Libros (XXIX): Corredora, de María Reimóndez



O momento mais importante para min foi cando Adebe se decatou de que Salomon non era un neno, senón que era Genet facéndose pasar por un neno. Reflicte a sociedade machista que hai e que xa había por aqueles tempos. 

O tema que trata está bastante ben, expresa que xa dende pequenas as mulleres teñen que aguantar moitas actitudes machistas, pero pola contra este libro tamén amosa outra parte na que as mulleres tamén se poden facer oco en grandes competicións e chegar a ser algo importantes na vida como o conseguiu Genet pouco a pouco, e grazas a iso conseguiu saír a diante e poder adicarse ao que máis lle gustaba que era correr, que para ela era unha función vital.

Persoalmente este libro non sería dos que máis recomendaría para ler, xa que é moi curto e algo estraño a maneira como conta a autora toda a historia, pero aínda así o libro non me desagradou.

Lucía Viqueira García (3º ESO)