Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 7 de xuño de 2023

Book tráiler (XCIV): Astérix nos Xogos Olímpicos, de René Goscinny e Albert Uderzo. Realizado por Laura Rodríguez Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da banda deseñada Astérix nos Xogos Olímpicos, de René Goscinny e Albert Uderzo, traducido por Xavier Senín, Mª Isabel Soto e Alejandro Tobar (Xerais, trad. de 2021). Realización youtubeira: Laura Rodríguez Seoane, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XCIII): O lobishome de Candeán, de Paula Carballeira. Realizado por Samuel Grela Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro O lobishome de Candeán, de Paula Carballeira (col. Costa Oeste. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Samuel Grela Seoane, 3º ESO B, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XCII): Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Lucía Rey Martínez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz, con ilustracións de Antonio Seijas (col. Fóra de Xogo. Xerais, 1995, 40ª edición 2018). Realización youtubeira: Lucía Rey Martínez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Andel de Libros (XXXV): Anagnórise, de María Victoria Moreno


Anagnórise. María Victoria Moreno. Galaxia

Hoxe vou dar a miña opinión sobre Anagnórise de María Victoria Moreno.

Paréceme un libro moi interesante e que recomendo bastante a súa lectura, non é moi facil de ler, nin de entender, pero considero que é moi entretido. E paréceme que pode chegar a abrirlle os ollos a xente que leva moi boa vida, porque igual hai moita xente que ten boa vida e como a eles non lle falta de nada non pensan en que ao mellor hai xente que si que necesita axuda e que non ten a mesma sorte na vida, pero non por iso non teñen os mesmos dereitos, e así para esa xente pode servirlle para ver outros casos de persoas que hai no mundo.

Creo que é un libro que pode chegar a ser moi realista e que haxa xente que se sinta identificado con el e co que conta, e pode chegar a serville de apoio en moitos momentos.

O protagonista para min é o meu personaxe favorito, xa que non ten problema en contar cousas que non estamos acostumados a falar delas, nin a escoitar cousas deses temas, xa que son moi tabús, pero ainda así el contounos sen ningún tipo de problema, e tamén me parece un rapaz moi forte para a pouca idade que ten, e que esté só.

Recomendo moito lelo, paréceme unha historia moi bonita.

Zaira Antelo Iglesias (3º ESO A)

Este libro non me gustou moito, xa que ten contidos moi variados e hai moitos acontecementos e ás veces parece que te perdes. Ademais ao principio é moi difícil de entender, non ten un vocabulario sinxelo e sobre todo polo tema de que trata moitos argumentos en poucas páxinas. 

Por outra parte o mellor momento do libro para min foi cando Nicolao se atopou con Natalia, aínda que dese anaco foi o único que me gustou. Porque aí foi cando Xulia morrera e aínda por riba de ter acompañado a Nicolao a Madrid morre. Sen contar o principio sería o único anaco que eliminaría do libro. Poríalle outro final máis ledo e cambiaria a transición de espazos que hai durante o libro. 

Non creo que o recomendase xa que ademais de non ser un libro doado é bastante longo e cústache lelo. O tema gustoume e o asunto do que trata está ben argumentado e paréceme divertido. O que non me gustou foi a maneira que tivo María Victoria Moreno de contar esta historia e de expoñela aos lectores / lectoras.

Antía Bello Liñares (3º ESO A)

Este libro gustoume bastante xa que fala sobre un rapaz de 17 anos que quere marchar a Madrid porque ten moitos problemas.

O momento que me pareceu máis interesante foi cando Xulia e Nicolau chegan a Madrid e téñense que separar, porque despois decide ir buscar a Xulia e dende ese momento descobre moitas cousas. Tamén un momento que me gustou moito foi cando se desafogou dicíndolle a Xulia todo o que lle pasou.

O tema é moi interesante e emocionante porque Xulia e Nicolau mentres estiveron de camiño a Madrid crearon unha amizade moi bonita.

Eu non faría ningún cambio de ningún tipo xa que penso que a historia desenvólvese de xeito acertado e que tiña que rematar da maneira que o fixo. O final encantoume polo encontro que tiveron Natalia e Nicolau.

O libro pareceume fácil de entender e non ten palabras moi complicadas polo que facilita a hora de ler.

Ainhoa González Iglesias (3º ESO A)

A min este libro pareceume bastante entretido xa que che ensina, que aínda que as persoas non se coñezan de nada poden acabar sendo moi bos amigos. Ademais ten un vocabulario moi axeitado para as/os adolescentes, pero creo que tamén as rapazas e os rapaces algo máis cativos o entendería bastante ben.

Gustoume bastante xa que che ensina bastantes cousas e non é nada aburrido, a pesar de que a miña primeira impresión foi que sería aburrido porque case toda a historia sucede dentro dun coche.

O meu personaxe preferido é Xulia, porque ela foi a única que lle axudou a Nicolau e o levou a Madrid sen coñecelo de nada, tamén lle botou unha man cando Nicolau se sentiu mal e empezou a chorar.

Practicamente todos os personaxes me gustaron, non hai ningún que me parecera un aburrido.

Eu a este libro non lle cambiaría nada, e por suposto recoméndovos moito ler este libro, seguro que non vos ides arrepentir.

Nerea Sánchez Castro (3º ESO B)