Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 25 de xaneiro de 2013

Participa no concurso sobre "O principiño" de Saint-Exupèry



Entre o noso alumnado hai varios que teñen conta na rede social Twitter e agora poden participar neste concurso literario da Editorial Galaxia sobre O principiño de Saint-Exupèry, co hashtag #gustameoprincipiñopor

Velaquí as bases ao completo:
A Editorial Galaxia bota a andar un concurso en twitter arredor de O Principiño co gallo das vinte edicións en galego do clásico de Antoine de Saint-Exupèry.

Onte informabamos de que viña de sair do prelo a viséxima edición en galego de O Principiño, obra que na Editorial Galaxia publicamos no ano 1972 en tradución de Carlos Casares.

Co gallo deste acontecemento a Editorial Galaxia bota a andar un concurso en twitter que pretende animar aos internautas, a través desa rede social, a elaborar un breve texto que explique por que lles gusta O Principiño.

A través do hastag #gustameoprincipiñopor todas e todos os que o desexen poderán participar no certame en rede dende hoxe mesmo ata o vindeiro 7 de febreiro (dúas semanas en total), completando os 140 caracteres que nos permitirán saber que é o que nos gusta desta obra inmorrente.

Entre todos os participantes elixiremos o mellor texto que levará como premio unha edición en tapa dura da obra de Saint-Exupèry así como un exemplar de todas e cada unha das obras literarias de Carlos Casares, tradutor do libro e coleccionista de edicións en distintas linguas da obra.

Ánimo a todas e a todos. Contádenos por que vos gusta O Principiño.