Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 28 de novembro de 2013

Balda de Libros (IX): Males de cabeza, de Fran Alonso




Males de cabeza, Fran Alonso, Xerais

Paréceme un libro sinxelo de ler e entretido, a verdade cando o empecei non me convencía moito. Pero así que seguín lendo decateime de que tiña relatos que te fan pensar, fante reflexionar sobre moitas cousas sen case darte conta. Eu persoalmente recoméndovolo xa que me parece un libro fácil e bonito.

Os relatos que máis me gustaron sen dúbida ningunha foron “Bartolo, o tolo” e “Desviación de chamada”, esta última fai unha reflexión sobre o galego que pasa a miúdo e nin nos decatamos.

Ademais é moi sinxelo de resumir e faise bastante levadeiro. Polo tanto para ir rematando xa, lédeo e contádeme que vos pareceu penso que tamén vos vai gustar pero xa sabedes que para gustos cores. Espero que o desfrutedes tanto coma min, e saibades coller as ‘’indirectas’’ por dicilo dalgún modo, como intentan facer reflexionar ao lector. Fixádevos sobre todo na que vos dixen anteriormente, eu creo que foron nas que máis me chamou a atención e me dei conta de que verdadeiramente ese libro me estaba a gustar.

Raquel Sande Rodríguez (4º ESO)

Este libro persoalmente non foi un libro que me entusiasmou, a ver gustar, gustoume, porque o libro ten algunhas historias que me gustaron como a de "Os aforros da vella" e outras historias que ao contrario non me gustaron moito, como foi o caso do relato "O ceo amarelo".

O bo que ten este libro é que ten moitos relatos, cunha gran variedade de temas e fáciles de entender.

A escena que máis me gustou, ou mellor dito o relato que máis me gustou foi o de "05 AM (Vigo)", pois penso que neste relato atópanse reflectidos moitos sentimentos e verdadeiras emocións que poden chegar a conquistar ao lector.

Eu este libro, aínda que a min non me entusiasmou moito, recoméndollo á xente que o lea e que desfrute con el, xa que ao ter moitos diversos relatos como xa dixen antes e é moi difícil que non se atope un relato que non che guste, porque a min persoalmente pasoume.

Laura Moar Iglesias (4º ESO)
A min este libro pareceume moi entretido, divertido e emocionante. Este libro ten sentimentos variados variados xa que xa que ten historias distintas que non teñen nada que ver. Para min cada unha trata un tema, un sentimento distinto.

No meu punto de vista a historia de “Os aforros da vella” fíxome rir pero ao mesmo tempo a vella deume mágoa, xa que non comprendía as cousas.

“Domesticum Bellum” foi unha das historias que máis me fixo rir porque case todas as parellas fan así, pero ao mesmo tempo fíxome pensar de porque actuamos así, se nos enfadamos e despois nos desenfadamos, porque nos damos conta de que no fondo non vale a pena desenfadarse por algo así.

As historias que máis me conmoveron, me fixeron chorar foron as de “Coma o Pato Donald”, “Bartolo, o tolo” e “05 AM (Vigo)”, xa que en cada unha chorei por un motivo distinto, en verdade foron as que máis me gustaron.

En “Coma o Pato Donald” pareceume moi forte que Olga tivera que pasar por esas dúas enfermidades soamente porque lle gustaba un rapaz, tamén me pareceu moi emocionante cando di que foi o seu propio irmán o que lle fixo ver a realidade, a que lle salvou a vida.

“Bartolo, o tolo” ten o seu sentimento, porque todo rapaz de pequeno merece ser feliz, sentirse querido e apoiado e no seu caso non puido ser, pero ao final tivo sorte e que o pobo o recolleu con bos modos, fixeron que vivira feliz coas cousas máis insignificativas.

“05 AM (Vigo)” tamén me emocionou porque para eles poder ser felices tiveron que mentirlle aos pais, fixeron as típicas loucuras por amor, porque sabían que o eran todo, o un para o outro e que sempre estarían xuntos e que vivirían a vida a súa maneira, con alegría.

Este libro encantoume, xa que me emocionou e tamén me enganchei a el, foime fácil de entender aínda que tiña algunhas palabras difíciles polo medio. En fin que vos convido a lelo, seguramente vos gustará, asegúrovos que a min me encantou.

Alba Pumar Muíño (4º ESO)


Males de cabeza é un libro con moitas historias diferentes. Nelas atoparás, como ben di o título, moitos males de cabeza que temos as persoas a diario, como, por exemplo, avoas que gardan os aforros das súas vidas debaixo do colchón por non levarllos a persoas descoñecidas da Caixa de Aforros; ou xente ignorante que pensa que falar o galego é de paletos; ou parellas que se pasan todos os días discutindo porque a un se lle esqueceu baixar o lixo, e máis cousas así que podemos atopar neste libro que para min, foi moi entretido e fácil de ler.

Foi entretido porque nas diferentes historias non paras de rir, e nalgunhas, como a historia da “Carapuchiña e o lobo feroz”, a medida que vas lendo a historia da rapariga, quedas alucinando, xa que é moi diferente a historia popular e que todos coñecemos. E fácil de ler porque a maioría das historias non son moi longas e o seu vocabulario enténdese ben.

Persoalmente, é un libro que o volvería ler, gustoume moito e recoméndoo.


Belén García Lijó (4º ESO)


Este libro Males de cabeza pareceume interesante xa que trata de diferentes temas. 

O conto que máis me gustou foi "Os aforros da vella" porque trata  sobre unha vella que non quere gardar os cartos na caixa, porque di que sempre os gardou toda a súa vida debaixo do colchón. Pero acábaos metendo na caixa.

Os finais deixaríaos como están porque eu acabaríaos poñendo peor. A min  personalmente gústame xa que como está formulado o final  para cada conto.

A lingua destes contos enténdese bastante ben porque apenas hai palabras descoñecidas.

Eu a lectura deste libro recomendaríaa porque trata diferentes temas como: os cartos, o coidado e os paseos pola natureza, as investigacións policiais, o uso ou abuso dos móbiles, sobre cursos para falar galego, etc.

Ten diferentes contos todos eles entretidos e divertidos para pasar un momento de lectura e comprender mellor o mundo.

Margarita Pombo Castro (4º PDC)

Balda de Libros (VIII): Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas




Memorias dun neno labrego, Xosé Neira Vilas, Galaxia

A min este libro gustoume moito en todos os aspectos.

Recoméndolle á xente de todas as idades que lean este libro xa que é un libro moi sinxelo de ler e cunha historia bonita e interesante.

Se teño que elexir a escea que mais me gustou, pois non sabería cal escoller, xa que todas me gustaron moito, pero se elixo unha esta sería cando ao rapaz, Balbino, lle morrerra o seu tío, e o rapaz púxerase a pensar en que a nosa vida tiña moito que ver co que estudara na escola sobre curso do río. Porque o río nace e co paso do tempo ese río vai acabar desembocando no mar, para nós as persoas ese mar e a morte.

O bo deste libro é que á parte de ter unha bonita hitoria, que ten momentos que te fan reflexionar ou mismamente que te transportan a esa época e así desfrutas máis da historia que simplemente léndoa.

Laura Moar Iglesias (4º ESO)

Este libro, Memorias dun neno labrego, gustoume moito xa que representa perfectamente nun libro a vida nas aldeas e a pobreza no século XX, contada por Balbino que é un rapaz que o que máis desexa é saír el e sacar a seus pais da pobreza.

Nesta historia non só contaría a vida de Balbino ata os dezaoito anos, senón que tamén contaría a vida de Lelo para comparala coa do protagonista e contar a vida del, un pouco máis resumida ata despois de casar, no caso de facelo, ou ter fillos.

As escenas máis importantes para min son na que morre o padriño, xa que era unha das persoas máis importantes para Balbino porque lle ensinaba moitas cousas e axudáballe a ser mellor persoa e nun futuro un mellor home. Logo tamén na que lle tira unha pedra a Manolito, o rapaz que sempre se metía con Balbino, e botárono da aldea tendo que cambiar toda a súa vida e pasar a servir nunha casa.

Damián Muíño Bello  (4º ESO)

Si que me gustou o libro, xa o lera fai uns anos, e creo que é un libro con moita sona. 

Por outra parte paréceme moi entretido e real, porque penso que a vida de moitos rapaces de antes era así, no sentido de que seu pai lle pegaba ou que tiñan que andar de loito cando lle morría un familiar. 
Poñéndome no sitio do rapaz dáme bastante pena porque non tiña amigos, so Lelo, e Pachín que termina morrendo.

Como parte que máis me gustou quédome co final cando seu irmán lle manda a carta que tanto levaba esperando contándolle as cousas que lle sucedían en América. 

Foime fácil de entender, ten un vocabulario simple, pero en lugar de facer o libro por capítulos, faríao todo seguido.

Marta Otero Ramas (4º ESO)


Este é un libro moi doado de ler, cunha historia fácil de comprender e que en certo modo ten engancha. A verdade, e que esta é a segunda vez que o leo, e desta case que me gustou máis primeira. Esta vez lino dunha maneira mais obxectiva e non coma un simple traballo. Encontreille significado a certas historias tan tenras que conta. Tentei imaxinar cada xesto dos personaxes as presión, e a verdade e que foi mais doado meterme na lectura. 

É  un libro para ler pensado no que se le fixándose en cada detalle tan significativo, como dixen antes é un libro doado de ler si, pero non por iso debemos prestar menos importancia a historia, os seus personaxes ou o seu contido. Recoméndoo, vale a pena lelo, reflicte moi ben as situacións da xente do campo en Galicia na época dos nosos avós que nos parece moi afastada cousa na que nos enganamos. É interesante poder saber mediante contos coma este cousas que os nosos propios avós viviron. Definitivamente o recomendo.

Raquel Sande Rodríguez (4º ESO)


Foi un libro que persoalmente me gustou moito xa que reflicte principalmente as necesidades que pasan algunhas persoas para poder saír adiante na vida. A familia de Balbino é todo un exemplo de superación. 

Recoméndolle ler o libro a calquera persoa interesada en saber o que de verdade é pasar esforzos na vida, e a aqueles que pensan que é necesario todo o que teñen para poder saír adiante. 

O momento da historia que máis me gustou foi cando Lelo lle axudou a Balbino das correntes do río, e grazas a iso se fixeron mellores amigos. Aínda así tampouco é a mellor maneira de empezar unha relación. 

Tamén cambiaría o momento no que o señor lle ordena ao pai de Balbino que lle zoupe ó seu fillo coa corda no lombo, xa que un rapaz non debe ser escravo de ninguén, e moito menos de seu pai. 

Tamén cambiaría o momento no que o día da morte do padriño de Balbino, todos estaban rezando na cociña, xa que me parece un momento bastante forte para que o viva un neno como era Balbino.


Esteban Becerra Varela (4º ESO)

Este libro é moi bonito, sobre todo sabendo que está baseado nunha historia real. Relata a historia dun neno pobre da aldea que o único que fai é axudarlle aos seus pais nos traballos da casa, nin sequera pode ir ao colexio, xa que anos atrás, os mestres pegábanlle ós alumnos sen motivos algúns.

Narra o momento no que os mozos tiñan que marchar a América para conseguir algúns cartos, xa que aquí non había moitos recursos.

Tamén conta que cando morría un ser querido, foras nenos ou ancián, tiñas que vestir de negro e non ir ás festas da parroquia e dos arredores durante uns dous ou tres anos.

Para min, este libro é un dos libros que volvería a ler, xa que é moi bonito e a historia é bastante triste.

Belén García Lijó (4º ESO)

Para min é o libro que até agora máis me gustou, é máis, non lle cambiaría nin lle modificaría nada.

A historia está ambientada na época da emigración transoceánica, cando os galegos emigraban a América porque aquí había unha pobreza enorme (economicamente, tanto, que miles de galegos emigraban aínda que non souberan se, tan sequera, sobrevivirán, antes de chegar aos destinos que os capitáns dos barcos tiñan pensado atracar. Esta obra foi escrita en Cuba polo que “estaba baseada en feitos reais”.

Quero deixar ben claro que é o ÚNICO libro ao que non lle modificaría nin o final.

Persoalmente penso que hai que pensar no futuro pero sen esquecer as orixes, e esta obra é un claro exemplo no que a poboación, neste caso galega (podía ser de calquera lugar), tivo que superar para chegar ao día a día no que vivimos actualmente.

E recoméndovos esta lectura, con toda seguridade e certeza creo que vos gustará. Se fose así xa mo contaredes. Isto é todo, deica logo.

Miguel Rey Viqueira (4º ESO)

A min este libro foime moi fácil de ler e tamén fácil de entender. O libro gustoume moito xa que conta a historia, lembranzas, aventuras que lle suceden a un neno labrego coma nós. 

A min pareceume moi interesante porque case sempre temos algo que contar e como non temos a quen contarllo collemos un boli e un caderno e comezamos a escribir as emocións, cavilacións que temos. No meu caso eu teño a quen contarllo pero case sempre a xente dálle vergoña e por iso teñen os diarios que para min o libro deste neno (Balbino) é como un diario. Nel sempre se poderán escribir as cousas que queiras, mal de amores, sucesos emotivos, alegres, etc. Aínda que é mellor unha persoa na que confíes para contarlle todo isto e que che axude en todo momento e que se necesitas chorar que faga do teu paño de bágoas e tamén se necesitas facer loucuras que as faga contigo e que non te deixe soa baixo ningún concepto, porque iso é o mellor que lle pode suceder a unha persoa.

Alba Pumar Muíño (4º ESO)


Este libro en xeral gustoume moito porque fala da aldea e eu, como son da aldea, gústanme tamén as cousas que nela hai e ademais é un rapaz que se parece moito a min porque eu tamén teño vacas e tamén vivo cerca dun río e gústame ir andar por ali, pola beira do rio, e síntome identificado con el.

Gustoume este libro en xeral, eu logo o lin, é fácil de ler ten algunhas palabas que non se entenden pero en xeral enténdese moi ben.

A min o que non me gustou nada foi cando morreu o seu can polo veneno, e tampouco non me gustou non saber o que había naquela caixiña que el atopara, e tampouco me gustou que o seu único amigo marchara para América.

Martín Mesías Remuiñán (4º PDC)


A min este libro gustoume moito. É un dos libros que máis me gustou entre todos os libros que lin en galego. Que eu recorde é o primeiro libro que leo de Xosé Neira Vilas.

Neste libro, polo menos no principio, pódese ver como era antes a vida no medio rural. Isto reflíctese moi ben na forma de vida que ten e que ten que seguir Balbino. Outro tema que se mostra neste libro é a emigración a América. 

A min o tema deste libro pareceume interesante xa que con el aprendín moitas máis cousas das que esperaba e ademais, por outra parte o tema deste libro, nalgúns momentos pareceume triste, como por exemplo: cando dicía Balbino que era pobre, cando lle pegaban, cando Manolito insultaba a Balbino... 

Aínda que este libro me gustou moito eu faría un cambio. Eu cambiaría os momentos nos que Manolito insulta a Balbino e nos que lle pegan a Balbino. 

É un libro fácil de ler. A linguaxe é bastante fácil de entender pero houbo moitas palabras que non entendín.

Marta Veiras Noya (3º ESO)

A min este libro gustoume moito especialmente porque conta a historia dun neno pobre e que ten que loitar para conseguir o que quere. Eu este libro tiña moitas ganas de lelo xa que meu primo me falara del e me dixera que estaba moi ben e que a el lle gustara moito.

Paréceme unha historia moi ben contada xa que ten momentos alegres e momentos tristes.

O momento máis importante da historia para min foi cando morreu o padriño de Balbino xa que é un dos momentos máis tristes da historia, e pareceume moi bonita.

Eu non faría ningún cambio xa que está ben así.

A lingua pareceume fácil de entender aínda que había algunhas palabras que non entendía.

Sonia Pumar Muíño (3º ESO)

Balda de Libros (VII): Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz




Cartas de inverno. Agustín Fernández Paz. Xerais.

Este libro paréceme moi fácil de entender e apenas ten palabras que non se comprendan.
Aínda que a min paréceme moi ensarillado co das cartas porque vai falando sempre ou (case sempre) con cartas que escribía Xabier ou Adrián.
Pero ao ser cartas bastante longas, paréceme que son moi 'rollentas' e que apenas te enteras de moito.
O final non me gustou, aínda que o resto do libro estivese xenial; non me gusta, porque creo que o deixa todo aberto, sen saber o que pasa realmente con eles nin con Tareixa.
Pero, o libro en si, está bastante ben e si que o recomendaría a calquera persoa que o quixera ler.

Noelia Casas García (3º ESO)

A min este libro non foi dos que máis me gustou, pero aínda así pareceume interesante e bonito, xa que parece unha historia real e é o primeiro libro que leo deste autor.             
O momento que me pareceu máis importante de todos  foi cando Tareixa colleu o libro e o levou para a casa para prenderlle lume, creo que este momento é o que desenvolve toda a historia, xa que é un dos momentos claves de toda a historia.
O libro está moi ben pero eu faríalle un pequeno cambio ao final para que non quedara cun final tan aberto, xa que a min non me gustan os finais abertos, e este queda bastante aberto.
A lingua é fácil de entender xa que usa un vocabulario adecuado coma o noso, sen palabras moi difíciles de entender.

Sonia Pumar Muíño (3º ESO)

Este libro a min persoalmente gustoume xa que é un libro de intriga. Ademais é deses libros nos que ata o final non te dás conta e iso gústame. Este libro está moi ben estruturado xa que calquera persoa pode saber facilmente o suceso inicial, a reacción, a acción e a solución. 
O libro ten un léxico fácil pero ten algunhas palabras que non sabía moi ben o seu significado, soábanme de escoitalas pero non as entendía e ao miralas no dicionario deime de conta de que esas palabras tiñan sinónimos que eu coñecía ben, así é que aprendín moitos sinónimos de palabras que xa coñecía.
Cando ía nas ultimas páxinas estaba esperando ansioso a que chegase o final para saber o que acontecía verdadeiramente pero resulta que o final era aberto e iso a min pareceume inadecuado para un gran desenvolvemento de toda a historia.
En resume un bo libro pero con pequenos fallos que fan que o libro en xeral dea a sensación de dicir e agora que? Pero pola outra parte un bo libro.

Iván Señarís Veiras (3º ESO)

A min este libro por unha parte gustoume pero por outra non. A parte pola que este libro non me gustou foi pola forma que ten de acabar porque o final aínda non me acabou de convencer. 
O momento que máis me gustou foi cando Adrián lle comunica a Xabier que xa mercara a casa enmeigada porque eu tiña moitas ganas de saber se era verdade que a casa estaba enmeigada ou non. Unha cousa que non me gustou foi que Adrián se aproveitase das mulleres porque el mesmo podía facer a limpeza da casa e a comida para el xa que tiña tempo de sobra. 
Eu si que faria algún cambio neste libro. Eu só cambiaría algún trazo do final xa que o resto do relato o deixaría como está. A linguaxe deste libro foi fácil de entender.

Marta Veiras Noya (3ºESO)

Eu opino que o libro está moi ben ata case o final.
Gustoume moito a amizade dos protagonistas e o ben que se levaban.
É un libro que che fai pensar nos teus amigos e se realmente vale a pena discutir con eles.
Estes amigos son especiais porque morre un para salvar a outro e iso non o fai moita xente. O que conta de verdade o libro é que a amizade é máis forte que todo o demais.
A outra parte a do medo e o final non me gustan nada, nada porque eu son moi medosa e teño moito medo, non me gustan as historias de terror, só valen para facer sufrir.
Non me gustou moito cómo acabaron os protagonistas.

Sheila Bouzas Leis (3º ESO)