Ainhoa Leis Ríos (3º ESO) achéganos a gravación de “¡Follas novas!, risa dáme”, poema V das “Vaguedás” de Follas Novas, na súa voz e na de seu curmán Xián Leis García (10 anos). CPI Viaño Pequeno.
V¡Follas novas!, risa dámeese nome que levás,cal se a unha moura ben mourabranca lle oise chamar.Non Follas novas, ramallode toxos e silvas sós,hirtas, coma as miñas penas,feras, coma a miña dor.Sin olido nin frescura,bravas magoás e ferís...¡Se na gándara brotades,como non serés así!
Laura Rodríguez Seoane (3º ESO) achéganos a gravación de “Ti onte, mañán eu”, de Follas Novas, na súa voz e na de súa nai Natalia Seoane Piñeiro (47 anos). CPI Viaño Pequeno.
Lucía Rey Martínez (3º ESO) achéganos a gravación de “A xusticia pola man”, de Cantares Gallegos, na súa voz e na de súa nai Ana Belén Martínez Mira (49 anos). CPI Viaño Pequeno.
Aqués
que tén fama d' honrados na vila
roubáronme tanta brancura qu'
eu tiña;
botáronme estrume nas galas dun día,
a roupa de
cote puñéronma en tiras.
Nin pedra deixaron en dond' eu
vivira;
sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;
ó raso
cas lebres dormín nas campías;
meus fillos... ¡meus anxos!...
que tant' eu quería,
¡morreron, morreron ca fame que
tiñan!
Quedei deshonrada, mucháronm' a vida,
fixéronm'
un leito de toxos e silvas;
i en tanto, os raposos de sangre
maldita,
tranquilos nun leito de rosas dormían.
―Salvádeme
¡ouh, xueces!,
berrei... ¡Tolería!
De min se mofaron, vendeum' a
xusticia.
―Bon
Dios, axudaime, berrei,
berrei inda...
tan alto qu' estaba, bon Dios non m'
oíra.
Estonces, cal loba doente ou ferida,
dun salto con
rabia pillei a fouciña,
rondei paseniño... (ne' as herbas
sentían)
i a lúa escondíase, i a fera dormía
cos seus
compañeiros en cama mullida.
Mireinos con calma, i as
mans estendidas,
dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida.
I
ó lado, contenta, senteime das vítimas,
tranquila, esperando
pola alba do día.
I estonces... estonces cumpreuse a
xusticia:
eu, neles; i as leises, na man qu' os ferira.