Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 27 de febreiro de 2024

Book tráiler (XLIV): Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas. Realizado por Nerea Sánchez Castro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas (col. Biblioteca Neira Vilas. Galaxia, 2016). Realización youtubeira: Nerea Sánchez Castro, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XLIII): Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo. Realizado por Carla Caramés Rivas

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2000). Realización youtubeira: Carla Caramés Rivas, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Balda de Libros (XVII): A punta de pistola, de Fran Alonso


A punta de pistola. Fran Alonso. Xerais

A novela A punta de pistola de Fran Alonso é sinxela de ler e interesante aínda que desconcerta un pouco ao principio porque cóntanse dúas historias que son completamente independentes ata o final no que se xuntan e cobran sentido.

As dúas historias son interesantes pero gustoume máis a da muller camioneira que tamén é xornalista. Ademais da súa historia coñecemos a través do seu relato a vida da primeira camioneira de 1932 e como tivo que loitar contra os prexuízos por ser unha muller “cun traballo de homes”, unha muller cun traballo que tradicionalmente era exclusivo de homes.

Na primeira non me gusta a maneira con que o pai trata os nenos pois exerce unha gran violencia contra eles pero sei que debe ser así para que a historia resulte tal e como é.

Desta novela podemos aprender varias cousas, en primeiro lugar, aprendemos da historia dos pais que secuestran os seus fillos e de que maneira non podemos ser tratados baixo ningún concepto. Por outra banda, da segunda historia aprendemos a facer o que verdadeiramente nos guste deixando os prexuízos da sociedade de lado e a loitar polo que queremos.

Lara Piñeiro González (3º ESO)

Esta novela, escrita por Fran Alonso, está protagonizado por unha parella de delincuentes alcumados coma O Varas e Rica, estes dous acoden a un Centro de Acollida Familiar para ‘visitar’ aos seus fillos, unha vez dentro, secuestran os nenos e lévanos con eles a punta de pistola, así comezaría esta historia.

O meu personaxe preferido é Lolo, o compañeiro da camioneira porque é un home bastante relaxado e gustoume a súa forma de ser.

Tamén me gustou moito O Varas porque é un home que intenta buscar unha saída á encerrona que se fan eles mesmos, aínda que teña que deixar a todos atrás.

Unha personaxe que non me gustou moito foi a ‘amiga’ de Lolo porque sempre estaba estorbando e parecía que alí non facía nada.

Pareceume un libro bastante fácil de ler porque ao engancharme tanto, lino rápido, porén algo que non me gustou moito foi que habían algunhas palabras algo complexas pero polo demais ben.

Diego Vásquez Fernández (3º ESO)

Book tráiler (XLII): A banda sen futuro, de Marilar Aleixandre. Realizado por Ángel Castro Noya

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A banda sen futuro, de Marilar Aleixandre (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2000). Realización youtubeira: Ángel Castro Noya, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XLI): Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo. Realizado por Lidia González Rey

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2000). Realización youtubeira: Lidia González Rey, 3º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XL): Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas. Realizado por Fernando García Regueiro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, con ilustracións de Víctor Rivas (col. Merlín. Xerais, 2014). Realización youtubeira: Fernando García Regueiro, 1º ESO A, CPI Viaño Pequeno (Trazo)