Atranco no banco. Manuel Núñez Singala. Galaxia
Para min este libro é moi interesante debido a que dende o meu punto de vista ten moi bos personaxes e todos contan cun protagonismo bastante parecido, quitando a muller de Serafín que aparece algo menos, ademais a introdución dos personaxes parece moi boa sobre todo a dos atracadores.
O tema é moi entretido debido a que constantemente está pasando algo importante e ademais disto ten constantemente momentos cómicos que acompañan moi ben a obra.
E para min foi un libro bastante sinxelo de ler debido a que non ten unha linguaxe para nada complicada e ademais é un texto curto e coas letras bastante grandes.
É un libro moi divertido porque ten moitos chistes e neste sentido é moi recomendable porque se queres botar unas risas pois eu ata lendo no libro boteinas.
Definitivamente eu recomendo esta obra porque para min foi o libro máis gracioso que lin e ademais é moi entretido durante toda a historia e ten un final moi bo na miña opinión.
Raúl Ferreira Parente (4º ESO)
Persoalmente
o momento que me pareceu máis importante foi cando Serafín colleu a
pistola de fogueo que lle regalara Lois e apuntou a Rafael con ela,
porque grazas a que Serafín espertara foron capaces de abrir a
porta, xa que grazas a ser o director do banco tiña a chave e
colaborou cos ladróns intentando abrir a caixa forte.
Pareceume unha obra de teatro moi entretida e emocionante, xa que nunca te aburres e en todo
momento estás con gañas de saber o que vai pasar a continuación.
Se tivera que facer algún cambio no libro sería o final, porque
creo que o libro remata cun final demasiado aberto que te deixa con
gañas de saber que pasou ao final.
Este libro é moi fácil de ler,
xa que non usa un vocabulario moi complicado e ademais é un libro
moi curto que se le en pouco tempo.
Pablo
Codesido Fernández (4º ESO)