Marta ante o espello. Teresa Calo Fontán. Xerais
O libro trata dunha rapaza
chamada Marta que sofre un trastorno alimenticio. Gustoume moito
porque trata un tema moi importante que é a autoestima.
A obra pode ser unha arma de dobre fío, xa que por un lado está ben
porque pode concienciar ás adolescentes e aos adolescentes de que
non se poden obsesionar coa súa figura estética ata o punto de
deixar de comer, porque pode levar a ter problemas moi graves de
saúde ou incluso a morte. Pero por outro lado dá algúns trucos
para aguantar a fame ou para baixar moito de peso, e iso baixo o meu
punto de vista non estivo ben.
No
libro aparecen varios personaxes. Marta, a nai de Marta e o pai de
Marta, baixo o meu punto de vista
foron os máis importantes. O personaxe que máis me gustou foi a nai
de Marta, que creo que non se cita o seu nome na historia (tampouco o
do pai). Gustoume a súa contribución na historia porque en todo
momento apoiou a súa filla coa súa enfermidade. Un personaxe que
non me gustou foi o pai de Marta, porque moitas veces facía sentir
mal a Marta, con cousas como dicirlle que iso de non comer era un
capricho, etc. E por último o personaxe de Marta ao principio non me
gustou porque dicía que o de baixar de peso valera a pena e cousas
así. Pero ao final gustoume porque entrou en razón con que non
valera a pena. A miña personaxe preferida foi a nai de Marta polo
anteriormente citado.
Samuel
Grela Seoane (3º ESO B)