Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 1 de marzo de 2023

Book tráiler (LXV): Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad. Realizado por Alfredo Martínez Costa

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Sete Caveiras, de Elena Gallego Abad (col. Narrativa. Xerais, 2014). Realización youtubeira: Alfredo Martínez Costa, 4º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Andel de Libros (XXIV): A galera de Xelmírez, de Xabier Paz


A galera de Xelmírez. Xabier Paz. Xerais

Este libro consta dunha serie de capítulos curtos e conmovedores, con varios personaxes e cun tema que nos fala de feitos reais como é a construción dunha galera para o arcebispo do Catedral de Santiago de Compostela.

É unha novela moi interesante que segundo vas avanzando na lectura vaite enganchando cada vez máis e máis.

A min este relato gustoume moito porque non me permitiu aburrirme ni un só momento ao longo da súa lectura e aprendín moitas palabras usadas polos carpinteiros.

Tamén comentar que este libro resultoume fácil de lelo porque utiliza ao longo de todo el un vocabulario sinxelo e fácil de entender.

Nalgúns momentos pareceume unha historia triste. Eu recoméndolle a lectura a todos porque podes aprender moito sobre a catedral de Santiago e das persoas que forman parte dela.

Tamén quero comentar que foi o libro que máis me gustou de todos dos que lin.

Jorge Lavandeira Vilares (4º ESO)

Andel de Libros (XXIII): A gran travesía de Chiruca Macallás, de Xurxo Souto

 


A gran travesía de Chiruca Macallás. Xurxo Souto. Xerais

O momento máis importante de este libro pareceume que foi cando o barco chamado Macallás se estropeou no conduto de refrixeración do motor e non podía arrancar porque as cañerías estaban tapiadas e non podía pasar a auga, porque isto demóstranos que o traballo en equipo axudoulles a saír adiante para poder acabar a xornada de pesca.

O tema deste libro pareceume que foi interesante porque nos fala dunha tripulación que vive aventuras e todos xuntos logran sobrevivir a todas as súas aventuras e problemas que lle suceden no Macallás.

O desenvolvemento deste libro paréceme un pouco inapropiado e cambiaríao en que o barco non se dá arranxado e de onde cortaron e soldaron empezase a filtrar a auga, o capitán pide axuda pero non consegue nada porque a néboa escondeunos e non os daban encontrado. Ao día seguinte o Macallás xa afundira e sóubose que fora nas Sisargas.

Polo resto o libro ten un final axeitado para o contido e non ten unha linguaxe moi difícil.

Íker Señarís Suárez (4º ESO)

“Quíxente tanto, meniña”, de Cantares Gallegos, na voz de Aitana Noya Santos

 “Quíxente tanto, meniña”, de Cantares Gallegos, na voz de Aitana Noya Santos (3º ESO B). CPI Viaño Pequeno (Trazo). Día de Rosalía de Castro 2023. 

#cumpriuseaxustiza #_rdc_23 @aelg @CasadeRosalia

[Quíxente tanto, meniña...]


«Quíxente tanto, meniña,

tívenche tan grande amor,

que para min eras lúa,

branca aurora e craro sol;


augua limpa en fresca fonte,

rosa do xardín de Dios,

alentiño do meu peito,

vida do meu corazón».


Así che falín un día

camiñiño de San Lois,

todo oprimido de angustia,

todo ardente de pasión,


mentras que ti me escoitabas

depinicando unha frol,

porque eu non vise os teus ollos

que refrexaban traiciós.


Dempois que si me dixeches,

en proba de teu amor

décheme un caraveliño

que gardín no corazón.


¡Negro caravel maldito,

que me fireu de dolor!

Mais a pasar polo río,

¡o caravel afondou!...


Tan bo camiño ti leves

como o caravel levou.