Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 5 de xuño de 2013

Dende Trazo para o mundo, pasando por Burela

Por fin, por fin, por fiiiiiinnnnnn !!!! podemos escoitar o documento. Colaboramos cos IES de Burela no mes de Marzo, e saímos nun programa de radio chamado Proxecto Neo.
Visto en http://proxectoneo.blogspot.com.es/

Que é iso de Proxecto Neo?

Proxecto Neo é o resultado da colaboración entre Radio Burela e a área de Innovación Educativa do Instituto Perdouro. Está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde.
O programa Proxecto Neo ten como protagonistas os neofalantes, as fillas e os fillos adoptivos da nosa terra.

Que é iso de neofalante?

NEOFALANTE adx. e subs. Individuo que empeza a expresarse nunha nova lingua, como Rocío Villasenín Bello (4º ESO) cando chegou a Trazo dende Madrid hai catro anos. Ela fala da súa integración aquí, en Trazo.

Para acceder ao enlace do programa de radio, pincha aquí. Podes escoitar a entrevista con Rocío, a partir do minuto sete (en realidade, un chisco antes do minuto sete)

Visto en www.agal-gz.org



Andel de Libros (LIV): Ciclo Bis, de David Durán


Ciclo Bis, David Durán, Sotelo Blanco

Persoalmente o libro gustoume moito. A historia engancha, porque tes ganas de saber que pasa ao final con Xulio e con Xulia.
Unha das cousas que máis me gustou do libro é que é moi divertido e tamén me gustou porque ao mesmo tempo que vas lendo vas aprendendo cousas, por exemplo, cando fala dos métodos anticonceptivos e así.
O personaxe que máis me gustou foi Xulia, porque se preocupou de buscar información para saber máis e de que lle saíran as cousas como ela queria. E a parte que máis me gustou do libro é cando Xulia non se decide entre quedar de rapaza ou dicirlle á xenia que quere ser rapaz. Pero gustoume a súa decisión, eu tamén quedaría como rapaza, xa levo pasados 14 anos, e creo que tamén lle tería algo de medo ao cambio.
O libro enténdese ben, non ten palabras moi complicadas. En resume gustoume o libro.
Marta Otero Ramas (3º ESO)

O ciclo bis a min realmente gustoume moito, penso que é un libro moi fácil de ler e entretido. Os personaxes gústanme moito, creo que reflicte bastante ben como somos os adolescentes na nosa vida cotiá. O único que cambiaría sería o do principio xa que fala ela cando tiña dezaseis anos, é dicir, xa sabes o que vai pasar ao final ou intuelo. Iso quítache un pouco de intriga á hora de ler pero polo demais gustoume moito e opino que é un libro moi fácil de ler e sentinme indentificada aveces con algúns pensamentos da rapaza. Persoalmente a parte que máis me gustou foi o momento no que aparece a xenia, non me imaxinaba que ía ser así, foi bastante sorprendente e nese momento do libro tamen se aprecia algo que me gusta del que é ese punto de gracia que ten. Faino moi entretido e dinámico á hora de ler. Ademais ten un vocabulario moi sinxelo. A verdade recomendo este libro.

Raquel Sande Rodríguez (3º ESO)

A miña valoración persoal para este libro é moi positiva, porque divertiume e gustoume moito.
Claramente, este é un dos mellores libros que lin ata agora. Porque é moi fácil de ler e enténdese moi ben. Nunca sabes o que vai pasar no capítulo seguinte e hai cousas verdadeiramente sorprendentes, como a posibilidade de cambiar de sexo co só tocar dúas veces o teu aparato reprodutor.
E unha das parte que máis me gustou do libro foi o final, cando Xulia lle dixo á Xenia da menstruación que prefería seguir sendo rapaza. Que aínda que había que sufrir polas dores da regra, non cambiaría nunca as experiencias de ser muller polas de ser home.
Cando lin a sinopse do libro xa me pareceu moi divertido. E creo que unha das mellores cousas que ten este libro é que ten moitas realidades dos adolescentes, polos que nos fai moita graza.
En resumo, que este libro é boísimo e moi divertido e que o recomendaría para ler a calquera alumno da ESO.

Belén García Lijó (3º ESO)

Andel de Libros (LIII): Eu de maior quero ser, de Rosa Aneiros


Eu de maior quero ser, Rosa Aneiros, Sotelo Blanco


A min o libro non me interesou moito en xeral xa que contaba unha historia moi pouco ordeada aínda que tivera nalgúns capítulos o día ao que correspondía. O único que me gustou foron as historias que contaba, non a forma de contalas, xa que conta como conviven cinco universitarios durante o seu último ano de estudos en Santiago de Compostela, os problemas que hai entre eles ao longo do ano e os bos momentos que solucionan todos os malos momentos.

As escenas que máis me gustaron foron as de Ainhoa e Miguel cando foron á praia a Vilagarcía e este lle dixo a Ainhoa que sentía algo por ela e ela deulle unha aperta para agradecerllo, e tamén a de Cris e Fran no principio do curso cando discutiran moi fortemente e logo uns días máis tarde se atoparían xuntos sos e sen dicirse nada sabían o que sentían un polo outro que era arrepentimento e moito cariño.

Eu cambiaría o capítulo no que María e Cris foron dar unha volta por Santiago por outro capítulo no que lle pasaran cousas a todos os do piso e non só a dúas persoas como está relatado.

Damián Muíño Bello 3º ESO