Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 3 de febreiro de 2021

Balda de Libros (XVI): Trescatorcedezaseis, de Rocío Leira



Trescatorcedezaseis. Rocío Leira. Xerais

A min este libro non me gustou moito porque no nó paréceme que se envolvese demasiado e non se entende moi ben o que quere dicir o libro. O principio e o final a verdade e que os comprendín ben pero como ten ese problema no medio non me acaba de convencer de todo. 

O bo desta narración é que se aprende moito sobre temas relacionados coas matemáticas, ademais a min encántanme as matemáticas. 

Eu ao libro engadiríalle máis personaxes porque me parece que ten poucos, pero cos poucos personaxes que tiña o libro a autora amañouse bastante ben. 

O final non me tivo intriga xa que empecei a sospeitar de Silvia desde os primeiros capítulos do libro e non cambiei en ningún momento a miña intuición, debido as poucas personaxes que había. O desenlace non o cambiaría paréceme bo pero o nó cambiaríao por completo para entendelo mellor. 

O libro usa algúns tecnicismos pero dentro de que cabe non me parece que teña un vocabulario demasiado complexo, tampouco o ten moi doado. 

Ana Señarís Veiras (3º ESO)