A min este libro non me gustou moito porque no nó paréceme que se envolvese demasiado e non se entende moi ben o que quere dicir o libro.
O principio e o final a verdade e que os comprendín ben pero como ten ese problema no medio non me acaba de convencer de todo.
O bo desta narración é que se aprende moito sobre temas relacionados coas matemáticas, ademais a min encántanme as matemáticas.
Eu ao libro engadiríalle máis personaxes porque me parece que ten poucos, pero cos poucos personaxes que tiña o libro a autora amañouse bastante ben.
O final non me tivo intriga xa que empecei a sospeitar de Silvia desde os primeiros capítulos do libro e non cambiei en ningún momento a miña intuición, debido as poucas personaxes que había.
O desenlace non o cambiaría paréceme bo pero o nó cambiaríao por completo para entendelo mellor.
O libro usa algúns tecnicismos pero dentro de que cabe non me parece que teña un vocabulario demasiado complexo, tampouco o ten moi doado.
Ana Señarís Veiras (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario