Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 14 de decembro de 2018

Book tráiler (XVIII): "O neno do pixama a raias", de John Boyne. Realizado por Laura Codesido Fernández



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O neno do pixama a raias, de JohnBoyne (col. Narrativa. Kalandraka, 2008). Realización youtubeira: Laura Codesido Fernández, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XVII): "O diario violeta de Carlota", de Gemma Lienas. Realizado por Laura Codesido Fernández



Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas (col. Costa Oeste. Galaxia, 2012). Realización youtubeira: Laura Codesido Fernández, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (XVI): "Volverás, golfiño", de Andrea Maceiras. Realizado por Alicia Martínez e Paula Moar




Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book trailer da novela Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras (col. Merlín. Xerais, 2014). Realización youtubeira: Alicia Martínez Rodríguez e Paula Moar Iglesias, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


Andel de Libros (XV): Tres pasos polo misterio, de Agustín Fernández Paz



A min este libro non me entusiasmou moito porque o contido das historiaa non me pareceu tan interesante a pesar de que a min me guste o misterio. Dende un primeiro momento non me enganchou porque non me sentía identificado nin cómodo.

Por iso, non encontro un momento que teña importancia, porque ao non engaiolarme, non sei decidirme por un momento exacto. 

A miña opinión sobre o libro é que este non resulta interesante porque non é a clase de misterio que me gusta, ademais paréceme un libro aburrido e sen atractivo.

Os cambios que faría serían segundo os meus gustos sobre os libros, quitaríalle un pouco de misterio e engadiríalle personaxes con máis atracción respecto ao lector.

O final é axeitado, pero ao non ser un libro atractivo tampouco me emocionou.

Finalmente, a min non me foi difícil de entender, pero non o volvería a ler nin o recomendaría moito para os meus compañeiros.

Adrián Esmorís Noya (3º ESO)