Un novo curso
2014/2015 e continuamos coa publicación deste apartado da bitácora da Biblioteca
do CPI de Viaño Pequeno (Trazo) onde o alumnado de terceiro e cuarto da ESO
realizará breves recensións sobre as súas lecturas para a materia de Lingua e
Literatura Galega.
Desta volta vaise
chamar Andel de Libros e o primeiro
alumno en achegar material crítico para o noso recuncho de lecturas foi Xosé
Barreiro Hernández (3º ESO), aínda
que observamos este curso moita preguiza xa que estamos a finais de novembro,
cando noutros cursos a estas alturas xa tiñamos publicado máis dunha ducia de
comentarios.
Este libro
gustoume moito, xa que fala de moitas cousas que hai na escola. Non digo as
cousas claras, senón os mestres “bos” e xente á que non lle importa o que os
demais digan deles…
Outra das cousas
polas que me gustou o libro foi porque mostra que a xente pensa as cousas de
forma sempre negativa, e que ao fin e ao cabo, non sempre é así. Tamén relata
ben como algunha xente critica aos demais de forma destrutiva, mentres que eles só
intentan facer o mellor posible.
Tamén me gustou
que os personaxes se parecen moito á xente real, que podemos coñecer na vida.
Gustoume moito a
valentía coa que os rapaces actúan.
O único que non
me gusta é o final, porque é moi rápido e con poucos datos.
Recomendaría o libro
sen dúbida.
José Barreiro Hernández
(3º ESO)