Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



luns, 14 de novembro de 2022

Book tráiler (XV): Marta ante o espello, de Teresa Calo Fontán. Realizado por Samuel Grela Seoane

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro Marta ante o espello, de Teresa Calo Fontán (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2011). Realización youtubeira: Samuel Grela Seoane, 3º ESO B, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (XIV): Corredora, de María Reimóndez. Realizado por Noelia Martínez Rodríguez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Noelia Martínez Rodríguez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XIII): Corredora, de María Reimóndez. Realizado por Cristina García Regueiro

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Cristina García Regueiro, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (XII): A casa do medo, de Agustín Fernández Paz. Realizado por Carla Caramés Rivas

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A casa do medo, de Agustín Fernández Paz (col. Periscopio. Rodeira - Edebé, 2016). Realización youtubeira: Carla Caramés Rivas, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Book tráiler (XI): A negrura do mar, de Ramón Caride. Realizado por Diego Vásquez Fernández

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela A negrura do mar, de Ramón Caride, con ilustracións de Miguelanxo Prado (col. Merlín. Xerais, 2006). Realización youtubeira: Diego Vásquez Fernández, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo) 


 

Book tráiler (X): Corredora, de María Reimóndez. Realizado por Lucía Rey Martínez

 

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017). Realización youtubeira: Lucía Rey Martínez, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

Andel de Libros (III): O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas

 



O corazón de Xúpiter. Ledicia Costas. Xerais

A min este libro gustoume moito xa que trata sobre temas da adolescencia que pasan actualmente. O libro quixo que entenderamos que non temos que falar nin confiar na xente coa que falemos por internet e aínda menos coñecerse en persoa.

O momento que máis me gustou foi cando Anxo, Mar e Isla foron dar un paseo e Anxo foilles contando que lle ocorreu na súa infancia, porque demostrouse que a súa amizade era verdadeira e podían ter confianza. E o que menos me gustou sen dúbida foi o final xa que é moi tráxico. 

O meu personaxe preferido é Mar porque me parece unha rapaza que daría moi bos consellos e tamén é moi boa amiga. O personaxe que menos me gustou é Xúpiter porque o único que fai é enganar as persoas falando con elas por internet para despois matalas.

Este libro pareceume moi fácil de ler e enténdese bastante ben.

Ainoha González Iglesias (3º ESO A) 

O meu momento favorito é cando Isla descobre de verdade quen era co neno que estaba falando e o momento que menos me gustou é cando Xupiter decide matar a Isla.

O meu personaxe preferido é Isla xa que se atreveu a cambiar de cidade que non o fai calquera, pero gustaríame que soubera antes o de Xupiter. E o personaxe que menos me gusta é o veciño de Isla porque non entendo a necesidade de facerlle iso a unha rapaza que non coñeces de nada.

Este libro pareceume bastante fácil de ler, é un libro que non me encantou pero tampouco non me desgustou.

Aínda que a min non me gustara tanto este libro si que o recomendo por que ten momentos

interesantes. Ten un final bastante axeitado para a historia.

Ten un vocabulario axeitado e por esta razón este libro enténdese moi ben e creo que facilmente podelo ler ata nos primeiros cursos da ESO.

Nerea Sánchez Castro (3º ESO B)