Males de cabeza é
un libro de relatos de Fran Alonso que se atopa na listaxe de lecturas para o
noso alumnado de 4º da ESO na materia de Lingua e Literatura Galega. Na
bitácora de Xerais, editora do volume, infórmanos que xa se pode visionar unha
curtametraxe baseada nun dos relatos que fan parte do libro.
«Xa se pode ver na
rede o vídeo de Carapuchiña e
o pobo feroz, curtametraxe producida por Que conto producións
baseada nun relato co mesmo título de Males de
cabeza, de Fran Alonso. A película, que logrou o Sacho de Ouro á
mellor curta no Festival Curtello 2011, está dirixida por José Araújo
e protagonizada por Toni Salgado (lobo) e María Roja (Carapuchiña), Gloria Sampedro (avoa), Nani Matos
(pai), Graciela Riobó (bruxa), Antonio Barreiro e Alberto Ardid. Na páxina de Que conto producións en
Vimeo poden verse tamén as versión dobradas ao italiano, ao inglés, ao francés
e ao castelán».
E aquí o resumo que aparece en Vimeo:
«O Lobo vive só nos bosques. Hai tempo que non
ten unha manada coa que estar, e considera que xa é o momento de compartir a
súa vida con alguén. Un día coñece a Carapuchiña, unha fermosa rapaza filla dun
rico terratenente. Fan moi boas migas, e empezan a pasar moito tempo xuntos.
O que parecía unha relación soñada, vaise converter para o Lobo nun pesadelo
cunhas consecuencias fatais».