Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 9 de marzo de 2023

Book tráiler (LXXIII): Madonna e outros contos de inverno, de Manuel Rivas. Realizado por Ainoha González Iglesias

Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler do libro de relatos Madonna e outros contos de inverno, de Manuel Rivas (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2015). Realización youtubeira: Ainoha González Iglesias, 3º ESO A, CPI Viaño Pequeno (Trazo)


 

 

Primeira parte de “¡Pra a Habana!”, de Follas Novas, na voz de Ainoha González Iglesias

 

Primeira parte de “¡Pra a Habana!”, de Follas Novas, na voz de Ainoha González Iglesias (3º ESO A). Día de Rosalía 2023 no CPI Viaño Pequeno.

#cumpriuseaxustiza #_rdc_23 @aelg @CasadeRosalia


¡Pra a Habana!

I
Vendéronlle os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
i a manta da cama.
Vendéronlle o carro
i as leiras que tiña;
deixárono sóio
coa roupa vestida.
"María, eu son mozo,
pedir non me é dado;
eu vou polo mundo
pra ver de ganalo.
Galicia está probe,
i á Habana me vou...
¡Adiós, adiós, prendas
do meu corazón!"