Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



venres, 15 de abril de 2016

Balda de Libros (XXXIX): A lenda de Cuaima e Mohan, de Xan Eguía


A lenda de Cuaima e Mohan. Xan Eguía. Sotelo Blanco

Este libro gustoume moito, xa que o tema principal é a guerra e polo tanto relata numerosas aventuras polas que pasaron os protagonistas do relato (CUAIMA E MOHAN). 

A parte que máis me gustou foi cando os inimigos intentaron tirar a Mohan transformado en tigre e el consegue saír do río case ileso. A parte que menos me gustou foi cando Cuaima e Mohan se transforman en animais para sempre (Mohan en tigre, Cuaima en serpe).

Na miña opinión ten un final pouco común, porque non se espera este desenlace posto que as historias xeralmente acaban cun final no que todos acaban contentos e penso que aquí os protagonistas para ser felices deberían volver transformarse en seres humanos. 

Este libro recomendaríallo aos rapaces un pouco máis pequenos ca min xa que é un pouco infantil para a nosa idade. Ten un vocabulario bastante fácil de entender.

David Boo Noya (3º ESO)