Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 20 de maio de 2015

Andel de Libros (XXIX): Os homes só contan até tres, de Antón Lopo



O libro gustoume bastante porque cara ó final empézase a poñer moi interesante xa que ó principio non te esperas que a historia dea un xiro tan grande. Non esperaba moito deste libro pero cando o rematei sorprendeume como o autor fai unha mestura sobre os xéneros como: dramas, suspense, terror, etc… 

Pareceume un libro moi sinxelo de comprender xa que non ten moitas complicacións no vocabulario e moi rápido de ler debido a ese vocabulario coloquial. Non me gustou que houbera páxinas que só tiñan a metade da páxina escrita ou só tiñan unha liña.

O final é o que máis me gustou de todo o libro debido a que non te esperas o que acontece e menos como Helena quere desfacerse do cadáver. Persoalmente, gustoume que o autor rompa coas historias con finais felices e engada outro tipo de final nas historias de amor.

Recomendaría este libro a xente que lle guste as historias con personaxes con características psicópatas (como no caso de a protagonista Helena no final).

Daniel González Iglesias (4ºESO)