Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 21 de novembro de 2018

Book tráiler (II): Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure. Realizado por Iria Castro Noya e Sara Conde Delgado (1º ESO)





Unha nova entrega no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book trailer da novela Palabras de Caramelo, de Gonzalo Moure (Xerais, 2003). Realización youtubeira: Iria Castro Noya e Sara Conde Delgado (1º ESO) CPI Viaño Pequeno (Trazo)



Book tráiler (I): Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro (escrita por un bolígrafo)", de Marcos López Concepción. Realizado por Pablo Codesido Fernández (1º ESO)



«Entendemos por booktrailer en el contexto escolar, que es el que nos ocupa, un vídeo elaborado por estudiantes de Secundaria (o de Primaria), a partir de la lectura de un libro de ficción. La finalidad del cortometraje es convencer a los iguales de que vale la pena leer el libro en cuestión.

Hay implícitas, por tanto, como quedará patente más adelante, las ideas de lectura (e interpretación, con toda su ambigüedad), de elaboración conjunta (por el volumen de trabajo que supone) y, por último de significatividad.»

(Booktrailers en el aula: una mirada diferente a la lectura, Joan Bustos, revistababar.com)

Neste curso 2018/2098 continuamos a publicación deste novo apartado da bitácora da Biblioteca do CPI de Viaño Pequeno (Trazo) onde o alumnado da ESO, de maneira voluntaria, realizará breves BOOK TRAILERS sobre as súas lecturas para a materia de Lingua e Literatura Galega.

Nesta sección Book trailers o primeiro alumno en achegarnos o seu comentario crítico para o noso recuncho de realización youtubeira foi Pablo Codesido Fernández (1º ESO), que escolleu a novela Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro (escrita porun bolígrafo), de Marcos López Concepción (col. Árbore. Galaxia, 2016).




Laura Codesido Fernández e Gabriella González Lamas recibiron A balada dos unicornios, asinado por Ledicia Costas




As alumnas lectoras de 2º da ESO Laura Codesido Fernández e Gabriella González Lamas veñen de recibir cadanseu exemplar asinado da novela A balada dos unicornios (Xerais), que a escritora Ledicia Costas sorteaba na súa conta de Instagram.
 
As novelas chegaron acompañadas dun fermoso unicornio de madeira feito polas expertas mans de @latadepulpo. Velaquí as imaxes que o acreditan.

Para que vexades que a lectura recompensa de moitas maneiras!

Andel de Libros (II): O gardián invisible, de Dolores Redondo



Ola! Chámome Paula, e vouvos a falar do libro O gardián invisible, de Dolores Redondo. Un relato moi entretido que recolle o misterio de numerosos asasinatos, e unha pequena parte de mitoloxía navarra, así como unha historia de amor, familiar.

Para comezar, imos falar dos personaxes. O meu personaxe preferido é Amaia Salazar, a protagonista, unha muller nova de moito criterio. Pero tamén me gusta moito o personaxe da tía desta, Engrasi, unha señora que ten moito que contar.

Persoalmente, atopo moi difícil escoller un momento con importancia destacada, pero se é necesario eu decantaríame por cando se narra o momento no que Amaia case é asasinada pola súa nai.

O final, é aberto, dado que o libro é a primeira parte dunha triloxía, O Baztán. Aínda así, gustoume moito porque non mo esperaba en absoluto.

En canto ao vocabulario, emprega unha fala moi sinxela de fácil comprensión.

E agora, só me queda dicirvos que a min me gustou moito este libro, e que vos recomendo moito que o leades. Espero que vos gustase!

Paula Noya Redondo (3º ESO)


Ola a tod@s, aquí vouvos a falar do que me pareceu o libro titulado O gardián invisible de Dolores Redondo.

Primeiro vouvos  a falar un pouco dos personaxes. O meu personaxe favorito é James Westford o home de Amaia Salazar, sen embargo o personaxe que menos me gustou foi Flora Salazar, a irmá maior de Amaia, xa que parece que só ten maldade no seu interior.

O final desta novela é aberto, debido a que esta novela é a primeira obra da triloxía “O Baztán”.

Persoalmente creo que é un libro ameno de ler, de fácil compresión.

Un libro entretido que engancha dende o primeiro momento grazas á mestura de investigación criminal, tramas familiares e a mitoloxía.

Unha obra contada de forma excelente, con xiros continuos que te confunden á hora de visualizar o culpábel.

Por último só teño que agregar que  se sodes unha desas persoas ás que lles gustan as historias de intriga, misterio e policíacas este é o voso libro!

Leticia Añón Guerra (3º ESO)


Ola, chámome Ahinoa e hoxe vouvos falar do libro O gardián invisible, unha obra de Dolores Redondo. Un relato moi entretido e que engancha moito. Forma parte dunha triloxía chamada O Batzán.

O meu personaxe favorito é Amaia Salazar xa que unha muller forte e decidida, tamén me gusta moito Ros porque me parece moi boa e moi inocente. Odio a Flora xa que me parece unha persoa malvada e moi rancorosa.

O tema do libro é moi emocionante e interesante, xa que vai sobre crimes, enganos e o amor dunha familia. Tamén mestura co contido dos libros a mitoloxía vasca, cousa que a min non me gustou moito, porque esas partes parécenme moi aburridas.

Para min o momento máis importante é cando descobren quen é o asasino xa que non me esperaba para nada que fora esa persoa, e vós tampouco volo esperaredes.

Non faría ningún cambio no final xa que me parece moi axeitado.

Por último o vocabulario parece moi sinxelo e fácil de comprender.

Só me falta dicirvos que este libro encantoume, e recoméndovolo moitísimo. Espero que vos guste!

Ahinoa Antelo Rodríguez (3º ESO)