Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



martes, 9 de decembro de 2014

Andel de Libros (III): A casa dos Lucarios, de Teresa Moure



A min este libro encantoume, porque a min gústanme os libros que en calquera momento estea a pasar algo e neste libro sempre están pasando cousas novas e moi divertidas, como por exemplo cando Rosa tivo o quinto fillo mandoulle a Chicho facer reformas na casa e Chicho xa estaba canso de facer obras porque cada fillo que tiveran Chicho tiña que facer obras para ter sitio parar cinco rapaces.

A obra duroulle cinco meses. E cando por fin acabou xa canso de facer obras, de alí a unha semana Rosa contoulle que estaba preñada do sexto fillo a Chicho case lle dá unha volta, porque agora en vez de facer un novo cuarto tocáballe facer un baño que era moito máis complicado que facer unha habitación.

Chicho xa cansado de facer obras, co que tiña aforrado decidiu chamar a uns amigos para que lle fixeran o baño. 

O momento que máis me gustou foi cando Chicho e Rosa fixeron a taberna para facer cartos, e poder así manter os seis fillos que tiñan.

Eu non eliminaría ningún personaxe, porque todos os personaxes que aparecen no relato son claves, para que o libro sexa tan divertido como é. 

O libro gustoume moito, e recoméndollo a calquera persoa, porque a linguaxe do libro enténdese moi ben. Para min é o libro que máis me gustou dos libros que levo lido ata hoxe.

Sergio Arias García (3º ESO)