Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



xoves, 19 de marzo de 2020

Conta de Libros (XXX): Noite de voraces sombras, de Agustín Fernández Paz




O momento máis importante deste libro, para min, ocorre cando Sara e súa nai atopan o anel no cemiterio, pois é cando por fin se resolve a trama.

O meu personaxe preferido é o pai de Sara, porque é moi optimista e comprensivo.

Respecto ao tema do libro, paréceme moi interesante, ben é certo que a medida que segues lendo pódese facer un pouco pesado e aburrido, pois o autor deulle demasiadas voltas a cousas que dende a miña opinión, non son tan importantes. Por exemplo, cando Sara sente a presenza de seu tío na habitación, ao principio dá ata medo pero ao final acaba sendo demasiado repetitivo.

O desenlace pareceume axeitado, foi o que máis me gustou do libro, pois encántame a conexión que se crea entre Sara, súa nai e o tío Moncho.

É unha lectura sinxela de ler a nivel de vocabulario, enténdese perfectamente.

Recoméndolle o libro a aquelas persoas que lles guste o xénero de misterio e fantasía.

Lorena Becerra Varela (3º ESO)