O momento máis importante deste libro, para min, ocorre cando Sara e
súa nai atopan o anel no cemiterio, pois é cando por fin se resolve
a trama.
O
meu personaxe preferido é o pai de Sara, porque é moi optimista e
comprensivo.
Respecto
ao tema do libro, paréceme moi interesante, ben é certo que a
medida que segues lendo pódese facer un pouco pesado e aburrido,
pois o autor deulle demasiadas voltas a cousas que dende a miña
opinión, non son tan importantes. Por exemplo, cando Sara sente a
presenza de seu tío na habitación, ao principio dá ata medo pero
ao final acaba sendo demasiado repetitivo.
O
desenlace pareceume axeitado, foi o que máis me gustou do libro,
pois encántame a conexión que se crea entre Sara, súa nai e o tío
Moncho.
É
unha lectura sinxela de ler a nivel de vocabulario, enténdese
perfectamente.
Recoméndolle
o libro a aquelas persoas que lles guste o xénero de misterio e
fantasía.
Lorena
Becerra Varela (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario