A
min o libro gustoume moito, pois é entretido de ler. A parte da
historia que máis me gustou é cando planearon saír do recinto
porque lles custaba facelo xa que o recinto gris estaba ben protexido
polos lobos que sempre os vixiaban.
O
meu personaxe favorito foi Nube porque é quen lle oculta cousas aos
lobos. E os personaxes que menos me gustaron foron os lobos xa que
eran personaxes planos.
Non
faría ningún cambio porque o relato estivo moi ben organizado, non
se me fixo nada repetitivo.
O
principio do libro é unha parte moi importante porque introduce a
historia e o final gustoume porque é cando os diferentes personaxes
intentan saír do recinto.
O
vocabulario non é difícil de entender e sempre se sabe polo
contexto o que pasa na historia.
Recomendaría
o libro porque é fácil de entender, é divertido e sempre estás
enganchado á historia e non se che fai moi longo.
Andrés
Dafonte Varela (3º ESO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario