Contacta connosco no mail bibliotecatrazo@yahoo.es



mércores, 13 de novembro de 2013

De sabi@s é rectificar




Queridiñ@s tod@s:

Ben sabedes que dende a biblio temos a firme intención este curso de que os libros que sacades da biblio non queden nas vosas casas meses e meses...tanto que xa nin vos lembrades de que os tedes en préstamo. É por iso que sacamos a lista de alumnado bloqueado para préstamos ao principio do trimestre, e a devolución de exemplares foi funcionando bastante ben. Tiñamos a intención de volver facelo ao inicio de cada mes, mais non nos dan as horas de traballo para levar ese control  mensualmente e pasará a ser trimestralmente.
Queremos agradecer ao alumnado que entende que o libro hai que levalo, lelo e devolvelo en 15 días, ou ben renovar o préstamo por outros quince e rogarvos que cando devolvades un libro e sexa anotada a devolución no ordenador, vos encarguedes de devolvelo ao seu sitio nas estanterías. Lembrámosvos que todo está ordenado numéricamente, excepto a narrativa xuvenil galega que está por orde alfabética (polo apelido d@s autor@s)