Unha nova entrega
no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Corredora,
de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo, Xerais, 2017). Realización
youtubeira: Alicia Martínez
Rodríguez e Sara Conde Delgado, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
mércores, 4 de decembro de 2019
Book tráiler (XV): Trece anos de Branca, de Agustín Fernández Paz. Por Lúa Edreira Martínez
Unha nova entrega
no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da
novela Trece anos
de Branca, de Agustín
Fernández Paz (Editorial
Rodeira, 1994). Realización youtubeira: Lúa Edreira Martínez, 1º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Book tráiler (XIV): “Soños eléctricos”, de Ramón Caride Ogando. Por Sonia Muíño Riomayor
Unha nova entrega
no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela Soños eléctricos, de Ramón Caride Ogando
(col. Narrativa. Xerais, 1992). Realización youtubeira: Sonia Muíño
Riomayor, 2º ESO, CPI Viaño Pequeno (Trazo)
Book tráiler (XIII): "Corredora", de María Reimóndez. Por Pablo Codesido Fernández
Unha nova entrega
no noso recuncho de realización youtubeira, velaquí o Book tráiler da novela
Corredora, de María Reimóndez (col. Fóra de Xogo. Xerais, 2017).
Realización youtubeira: Pablo Codesido Fernández, 2º ESO, CPI Viaño
Pequeno (Trazo)
Conta de Libros (XV): Dragal I. A herdanza do dragón, de Elena Gallego Abad
O libro pareceume unha novela de
fantasía e aventuras moi interesante, gústame moito a trama e como se desenvolve. Xa teño ganas de
ler o seguinte libro para saber que acontece con Hadrián e Mónica.
Para min o
momento máis importante do libro é cando Hadrian e Mónica están atrapados nas
catacumbas de San Pedro e, xa sen ningunha esperanza atopan a cova de Dragal. É
o meu momento favorito porque durante todo o tempo que souben que existía esa
cova tiña intriga de como sería e que pasaría nela.
Os personaxes principais son Hadrián e
Mónica e tamén son os meus favoritos, xa que me gusta a súa personalidade e o
seu carácter. Son dous rapaces moi valentes afeccionados á aventura e o
misterio.
A novela non é moi difícil de ler e o
vocabulario é fácil de comprender e de resumir, e por iso volo recomendo para unha lectura entretida.
Uxía Beiras Rivas (3º ESO)
Conta de Libros (XIV): Cartas de inverno, de Agustín Fernández Paz
Paréceme un libro moi interesante, emocionante, con moito suspense e no que nalgúns momentos chega a dar medo de verdade, atrápate completamente e non o podes deixar de ler.
Creo que o momento
máis importante do libro é cando Adrián atopa o libro da ilustración e comeza a decatarse de que a rapaza da imaxe se move, porque a historia e todo o
que acontece despois xira arredor desa imaxe.
O meu personaxe
favorito é Xabier, porque é moi aventureiro, pero sempre intenta estar fixo á
realidade e coa cabeza en completa orde. É moi xeneroso e axuda a todo o mundo
que precisa aínda que a súa vida estea en perigo.
Tamén me gustan
moito Adrián e Tareixa, aínda que Tareixa, nesta historia foi a que máis cabeza
tivo e a única que non acabou toleando e por iso a única que acaba ben.
Cambiaría o final,
porque para min non é axeitado porque quedas con moitas preguntas por contestar. E co bo
que é o libro o final podería acabar moitísimo mellor.
Non ten un
vocabulario nada difícil, eu entendino todo á perfección.
Laura Codesido Fernández (3º ESO)
O máis importante
de este libro foi cando Xabier entra na casa enmeigada e pensa que non pode
saír, xa que nese momento el decatouse de que a casa estaba enmeigada de
verdade. Ao mesmo tempo tamén me gustaban moito os momentos nos que Xabier tiña
moito medo pola noite e se poñía ás tantas da madrugada a
escribirlle cartas a Adrián, pero Adrián non llas lía porque non estaba na casa.
Este relato é moi
sinxelo de ler e sobre todo é moi intrigante xa que sempre tes ganas de saber o
que pasa despois de cada acción, de vez en cando ganas medo, por exemplo cando
sobe ao faiado a mirar o que había xa que tiñan un presentimento de que algo
había alí.
O final defraudoume
un pouco xa que pensaba que os ían a encontrar, pero non encontraron nada,
soamente encontrou a curmá de Adrián o libro polo que sucedera todo e era unha
cousa que a verdade non ma esperaba.
Este libro
recoméndovolo moito porque é axeitado para todas as idades e creo que lle pode
gustar a todo tipo de persoas.
Anxo Lamas Liste (3º ESO)
Arancha Rey Brea (3º ESO)
A min este libro gustoume bastante xa
que te intriga moito. Pero o que máis me gustou da narración foi que me fixese
darme conta de que os amigos reais son moi importantes, xa que cando o seu
amigo estaba en perigo el non dubidou nin un intre en ir axudalo e a arriscarse
a dar a súa vida se fose preciso.
A escena que máis me impactou, foi cando
Xabier levanta a trapela e o seu amigo dille que nin se lle ocorra ir a
rescatalo despois do que el vira aí abaixo, porque xa non o podía rescatar
ninguén, pero el aínda estaba a tempo de salvarse.
O personaxe que máis me gustou foi
Xabier xa que foi capaz de facer calquera cousa para axudar ao seu amigo, ata
dar a vida por el. Ensinounos que unha amizade pode ser para toda a vida, se
valoramos á outra persoa.
O final non me gustou moito, xa que non
me gustan moito os finais abertos.
Eu recoméndovos moito este libro porque
é sinxelo de ler e de entender.
Arancha Rey Brea (3º ESO)
Este libro gustoume moito porque desexas saber que lle pasa??, que lle ocorre?? encontrárono???
Esas
preguntas que te fas cando estás entusiasmada, ademais este relato é
de fantasía ou real porque isto podería pasar na realidade que che
fixeran unha broma sobre esa casa. Esta historia é interesante.
O
meu personaxe favorito é a irmá de Xavier porque se fai ver que é
aventureira e forte. Por ir a esa casa encantada, por non lle facer
caso a seu irmán e por loitar sempre no final da historia.
Os
personaxes mellores son os protagonistas: Adrián, Xavier e a irmá
porque son os que che fan o relato máis ameno, intrigante e
interesante, pois queres saber o que lles pasa.
A
situación que máis me gustou foi o momento que Tareixa (irmá de
Xavier) enfrontouse a ir a esa case e queimar o libro dos debuxos.
Neste
libro eu cambiaría unha cousa o final porque é un final aberto e
non sabes nada sobre os personaxes.
A
lingua é fácil de entender porque se non entendes unha palabra co contexto xa a entendes.
Nerea González Rey (3ª ESO)
Nerea González Rey (3ª ESO)
O título Cartas de inverno fai referencia a que a maioría da historia é contada mediante as cartas e a portada mostra a casa embruxada que comprou Adrián e na cal ocorre case todo na historia.
É una historia moi entretida, recomendo este libro porque aínda que sexa unha historia curta tanto os personaxes coma a trama referente á casa embruxada está bastante ben.
A parte que máis me gustou foi cando Adrián empezou a contar as súas experiencias paranormais na casa embruxada.
O meu personaxe favorito é o inspector Sotillo porque é o único que non fixo ningunha estupidez en todo o libro.
O final pareceume algo apresurado xa que foi chegar Teresa e o Inspector á casa embruxada, encontrar o libro co retrato da rapaza queimalo e xa está.
O vocabulario non é difícil de entender na maioría dos casos e recomendo abertamente a súa lectura se che gustan os libros de misterio.
Marcos Conde Delgado (3º ESO)
A min este libro gustoume moito xa que me pareceu moi interesante, con moito suspense e que te atrapa completamente e non o podes deixar de ler ata chegar ao final e descubrir todo o que está a pasar.

Na
miña opinión, o momento máis importante do libro é cando Adrián
atopa aquel estraño libro e empeza a decatarse de que a imaxe da
rapaza comeza a mudar de posición co paso do tempo. Paréceme o máis
importante xa que o relato ten moito que ver coa imaxe.
O
meu persoaxe favorito é Adrián, xa que me gustou moito a súa
personalidade. É moi aventureiro e valente, a pesar de todos os
sucesos que lle estaban a acontecer, el non perdeu a cabeza nin a
calma e tentou chegar ata o fondo daquel misterio que tanto o
inquietaba.
Cambiaría
o final xa que me defraudou un pouco, esperaba outro desenvolvemento
da historia, xa que me pareceu que che deixa con moitas preguntas por
responder na cabeza, e paréceme que se fose un final máis claro
quedaría mellor acorde co libro.
O
vocabulario non era complicado, era moi doado de entender.
Gabriella
González Lamas (3º ESO)
Conta de Libros (XIII): Todos somos, de Marcos Calveiro
O libro en si gustoume. Pero non me
convence o final, eu boto en falta un final cerrado, porque me gustan así. Que descubran algunha
pista ou que atopen a Natalia.
Polo resto, os personaxes son moi bos e o autor describe
moi ben o punto de vista de cada un. Desta forma podemos ver como afecta unha
desaparición en distintas perspectivas.
Ensina a vida real dos programas de
televisión, que lles importa máis a audiencia que a xente que pode estar detrás
desa noticia. Tamén nos mostra a realidade coas persoas, que nin todos son tan
bos, nin todos son tan malos.
Sen dúbida o meu momento
preferido foi cando a inspectora marcha e envían a xente máis especializada
para axudar na desaparición, creo que era algo bastante necesario.
Respecto ao vocabulario, non
tiven ningún problema á hora de ler e entender o libro.
Por último, este é un
libro que realmente recomendaría, pois creo que todos deberían ver o que hai
tras unha desaparición e que non todo é como nolo pintan por televisión.
Lorena Becerra Varela (3º ESO)
Para min o momento máis importante é cando a rapaza desaparece e iso fai que todo o vecindario cambia en moitos xeitos, afectando a todo o mundo.
O meu personaxe favorito é Lina porque é un decisivo na trama.
Paréceme un tema interesante e emotivo porque aínda que queiras pensar que iso non acontece, pasa en moitísimas partes do mundo e en moitos casos non hai ningunha solución. En todo caso o da reporteira do programa ese vexo que, como diría, fáltalle ``chicha´´ e que debería ter máis importancia.
Ten un final triste pero aberto, o que quere dicir que pode haber segunda parte.
Un vocabulario moi fácil de entender, se acaso hai algunha palabra por aí solta que non a entendes pero co contexto pódese dar a entender o que significa.
Recoméndolle este libro as persoas ás que lle gusten as historias reais, o misterio e a intriga. Moi bo libro, entretido e fácil de ler, engánchate xa no segundo capitulo.
Rubén Rodríguez Seoane (3º ESO)

Conta de Libros (XII): A sombra descalza, de An Alfaya
A min o relato do libro gustoume moito porque trata sobre temas moi importantes que pasaron no pasado. Esta obra non só che relata a historia que trata, senón que tamén nel podes aprender cousas que pasaban nese pasado. Non só do que contaba a familia da protagonista senón de cousas que tamén puideren pasar na miña familia e na de outras persoas.
Na novela hai momentos de tensión e moitos de intriga. Para min
momento máis importante do libro é cando a protagonista descobre o secreto de
Sagrario porque é un momento de moitísima curiosidade.
Para min o final da novela
é moi axeitado porque a protagonista acaba sabendo todos os segredos que lle
ocultaban na casa. Eu sinceramente non cambiaría nada do que aparece no final
do relato.
Este libro recoméndollo a
todas as persoas que lle gusten os relatos de tristeza e sobre todo que lle
gusten os libros nos que hai moita intriga.
Esta
novela gustoume moito porque é unha historia que pode ocorrer de verdade, pero
non imaxinei ese final. O momento máis importante pareceume cando Xuliano conta
a historia de Sagrario, de porqué andaba descalza pola casa, pareceume o máis
importante porque Xuliano non era moito de dicir as cousas.
Elsa,
a protagonista, paréceme moi investigadora porque descobre ela todo o de
Sagrario, a súa verdadeira historia, o da súa tía, do mozo de Arxentina e tamén
o da súa avoa, o que sabía. O avó de Elsa pareceume que debería facerlle máis
caso á súa familia. A avoa de Elsa paréceme que era boa persoa, a pesar de
traizoar a súa irmá, porque seguiu co seu home a pesar que está coa súa irmá, ata
aguantou ata que morrera para dicirlle que sabía o del coa súa irmá, e que fora
ela quen lle roubara os zapatos ao morto.
Recoméndoo
porque me gustou moito, a pesar de como acaba, que non se sabe que pasou
despois do final coa familia. A lingua da narración enténdese ben.
David Louro Rey (3º ESO)
O momento máis importante do libro é cando Elsa lle rouba a chave a Florinda para entrar na habitación da súa tía e resolver os problemas todos que había.
O momento máis importante do libro é cando Elsa lle rouba a chave a Florinda para entrar na habitación da súa tía e resolver os problemas todos que había.
E o momento que menos me gustou foi cando o mozo de Florinda foi buscar as cartas porque desconfiaba dela, mais é moi controlador.
A personaxe máis importante foi Elsa porque quería saber que pasou con todo e esforzouse moito e a historia xira arredor dela sempre.
Este libro é moi interesante porque queres saber como acaba. O final cambiaríao porque non tería que morrer Rafael, o amante de Florinda, xa que Florina tivo que estar con outro home ata que Rafael a puidera levar.
Ten unha lingua fácil de entender porque non había palabras que non se entendesen polo contexto.
Recomendo este libro porque é moi interesante e e entretido.
Martín Rivas Suárez (3º ESO)
Para min os momentos máis importantes do libro foron cando morreu Sagrario, porque a familia alporizouse, xa que Florinda e Elsa querían entrar na súa habitación e o avó Xuliano non lle deixaba.
E tamén cando a familia decidiu comprarlle uns zapatos a Sagrario para o día do seu enterro, xa que aí déronlle como unha azouta na boca ao avó Xuliano porque el consideraba unha falta de respecto cara á súa persoa que lle compraran uns zapatos a esa muller.
Este relato é moi sinxelo de ler, porque ten un vocabulario moi coloquial. O libro é moi misterioso xa que todos queren entrar na habitación de Sagrario porque o avó nunca lle permitira entrar a ninguén nese cuarto.
O final desta historia defraudoume un pouco xa que esperaba outro tipo de desenlace, como que o avó acabara cedendo e lle deixara á rapaza entrar nese lugar tan misterioso.
Recoméndovos moito este libro xa que é axeitado para todas as idades e creo que lle pode gustar a todo tipo de persoa, ata a xente á que non lle gusta ler.
Anxo Lamas Liste (3º B)

Conta de Libros (XI): ¡Maldito DNI!,de Pepe Carballude
Saúdos, chámome
Marcos e vou falar deste libro. O momento que me pareceu máis importante foi
cando Olimpio desapareceu despois de falsificar os documentos para que aparecera
no sistema como morto.
O tema pareceume interesante porque é curioso ver como
ao non estar controlado polo sistema é todo moito máis difícil no día a día.
Gustoume como se desenvolve a historia desta obra xa que se ve o difícil que é vivir de forma normal sen un DNI ou
pasaporte por exemplo.
O final eu creo que é axeitado. O único que non me
gustou do libro foi que nalgúns diálogos deixa puntos suspensivos e así non se
pode saber o que din e aínda que moitas veces non é información relevante
preferiría que estiveran aí eses diálogos.
Recomendo a lectura, sobre todo se hai un tolo coma Olimpio que quere desaparecer do
sistema para que saiba que non lle vai ir moi ben.
Conta de Libros (X): A sombra cazadora. Suso de Toro
Esta
novela gustoume moito, paréceme un libro moi interesante e divertido, é moi
fácil de ler, menos ao principio que non se entende moi ben porque non explica moito
o que sucede pero cando les un pouco máis vaise entendendo e xa está mellor.
O momento
máis importante da narración paréceme cando Teseo co seu tiracroios rompe a
imaxe nas vías do tren, que era come se lles cortase o paso, porque é como se a
derrotase e xa se acabase todo pero non.
O meu
personaxe favorito é Teseo, porque sempre é moi seguro de si mesmo, outra cousa
que me gusta moito del é que sempre leva consigo o seu tiracroios por se sucede
algo como case ao final.
O final
gustoume moito, tan só cambiaría unha cousa e sería que cando atopasen o final
que houbese unha torre xigantesca e que cunha panca que puxera no tocar e ao
activala que saíran raios pola punta, logo acabaríase todo e volvería todo á
normalidade.
Recoméndovos
este libro porque está moi chulo xa que trata como que o mundo é absorbido
polas pantallas de agora.
Pablo Couselo Noya (3º ESO)
Uxía Beiras Rivas (3º ESO)
A sombra cazadora é un libro de misterio
e aventuras, é bastante fácil de ler, porque ten un vocabulario fácil de
entender. É unha novela xuvenil con bastantes conceptos antigos, que lle dan un
toque diferente ao que estou acostumada a ler normalmente.
Para min o momento máis importante do
libro é cando a imaxe coñece a Clara e a seu irmán e se rebelan contra ela. A
pantalla non era real e o rapaz sabía como demostrarllo. A imaxe dixo que era
seu pai, mais cando o rapaz lle preguntou cal era o seu nome non lle soubo responder. Teseo, díxolle que ese era o seu nome e despois rebentou cun coio a
pantalla. Nese momento é cando os lectores comprendemos moitas cousas do libro.
O meu personaxe favorito é Clara, xa que
demostra ser moi intelixente e astuta, e sabe como coidar de Teseo.
O único que cambiaría do libro é o
final, xa que non me gusta moito e é moi estraño o ocorrido nel.
Uxía Beiras Rivas (3º ESO)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)