A min o relato do libro gustoume moito porque trata sobre temas moi importantes que pasaron no pasado. Esta obra non só che relata a historia que trata, senón que tamén nel podes aprender cousas que pasaban nese pasado. Non só do que contaba a familia da protagonista senón de cousas que tamén puideren pasar na miña familia e na de outras persoas.
Na novela hai momentos de tensión e moitos de intriga. Para min
momento máis importante do libro é cando a protagonista descobre o secreto de
Sagrario porque é un momento de moitísima curiosidade.
Para min o final da novela
é moi axeitado porque a protagonista acaba sabendo todos os segredos que lle
ocultaban na casa. Eu sinceramente non cambiaría nada do que aparece no final
do relato.
Este libro recoméndollo a
todas as persoas que lle gusten os relatos de tristeza e sobre todo que lle
gusten os libros nos que hai moita intriga.
Esta
novela gustoume moito porque é unha historia que pode ocorrer de verdade, pero
non imaxinei ese final. O momento máis importante pareceume cando Xuliano conta
a historia de Sagrario, de porqué andaba descalza pola casa, pareceume o máis
importante porque Xuliano non era moito de dicir as cousas.
Elsa,
a protagonista, paréceme moi investigadora porque descobre ela todo o de
Sagrario, a súa verdadeira historia, o da súa tía, do mozo de Arxentina e tamén
o da súa avoa, o que sabía. O avó de Elsa pareceume que debería facerlle máis
caso á súa familia. A avoa de Elsa paréceme que era boa persoa, a pesar de
traizoar a súa irmá, porque seguiu co seu home a pesar que está coa súa irmá, ata
aguantou ata que morrera para dicirlle que sabía o del coa súa irmá, e que fora
ela quen lle roubara os zapatos ao morto.
Recoméndoo
porque me gustou moito, a pesar de como acaba, que non se sabe que pasou
despois do final coa familia. A lingua da narración enténdese ben.
David Louro Rey (3º ESO)
O momento máis importante do libro é cando Elsa lle rouba a chave a Florinda para entrar na habitación da súa tía e resolver os problemas todos que había.
O momento máis importante do libro é cando Elsa lle rouba a chave a Florinda para entrar na habitación da súa tía e resolver os problemas todos que había.
E o momento que menos me gustou foi cando o mozo de Florinda foi buscar as cartas porque desconfiaba dela, mais é moi controlador.
A personaxe máis importante foi Elsa porque quería saber que pasou con todo e esforzouse moito e a historia xira arredor dela sempre.
Este libro é moi interesante porque queres saber como acaba. O final cambiaríao porque non tería que morrer Rafael, o amante de Florinda, xa que Florina tivo que estar con outro home ata que Rafael a puidera levar.
Ten unha lingua fácil de entender porque non había palabras que non se entendesen polo contexto.
Recomendo este libro porque é moi interesante e e entretido.
Martín Rivas Suárez (3º ESO)
Para min os momentos máis importantes do libro foron cando morreu Sagrario, porque a familia alporizouse, xa que Florinda e Elsa querían entrar na súa habitación e o avó Xuliano non lle deixaba.
E tamén cando a familia decidiu comprarlle uns zapatos a Sagrario para o día do seu enterro, xa que aí déronlle como unha azouta na boca ao avó Xuliano porque el consideraba unha falta de respecto cara á súa persoa que lle compraran uns zapatos a esa muller.
Este relato é moi sinxelo de ler, porque ten un vocabulario moi coloquial. O libro é moi misterioso xa que todos queren entrar na habitación de Sagrario porque o avó nunca lle permitira entrar a ninguén nese cuarto.
O final desta historia defraudoume un pouco xa que esperaba outro tipo de desenlace, como que o avó acabara cedendo e lle deixara á rapaza entrar nese lugar tan misterioso.
Recoméndovos moito este libro xa que é axeitado para todas as idades e creo que lle pode gustar a todo tipo de persoa, ata a xente á que non lle gusta ler.
Anxo Lamas Liste (3º B)

Ningún comentario:
Publicar un comentario